Archive | enero 8, 2016

RYANAIR ROZA EL 100% DE OCUPACIÓN EN VARIOS VUELOS‏

Van avanzando los primeros vuelos Vigo-Barcelona de Ryanair, y la aerolínea irlandesa sigue acumulando buenos datos de ocupación. Ya en la primera semana de vuelos, han sido varios los días que ha superado el 85% de ocupación, entre ellos el día de inauguración de la ruta, y para los próximos días podemos anticipar varias ocupaciones:

  • 09/01/16 – Vigo-Barcelona – 182 pax – 96,3%LF
  • 10/01/16 – Vigo-Barcelona – 182 pax – 96,3%LF
  • 11/01/16 – Vigo-Barcelona – 185 pax – 97,9%LF
  • 12/01/16 – Vigo-Barcelona – 171 pax – 90,5%LF
  • 13/01/16 – Vigo-Barcelona – 166 pax – 87,8%LF
  • 15/01/16 – Vigo-Barcelona – 184 pax – 97,4%LF

Con varios días de venta por delante, muy probablemente en la próxima semana veamos algún vuelo con el 100% de ocupación, a pesar del inicio de operaciones en enero, y de llevar poco mas de 3 meses los vuelos a la venta.

Parece que, poco a poco, se desata la Ryanairmania en Vigo. Bienvenido, bajo coste.

Vuelos Vigo | enero 8, 2016 en 2:33 pm | Etiquetas: aeropuerto de vigo, bajo coste, barcelona,low-cost, portada, ryanair, turismo, vigo | Categorías: NOTICIAS | URL: http://wp.me/pQXRv-1jv

 

A CIG-Ensino esixirá a retirada do borrador da nova orde de permisos e licenzas do profesorado que pretende aprobar a Consellaría

A CIG-Ensino denuncia a actuación maquiavélica e de desprezo ao profesorado

A Consellaría de Educación vén de enviarnos a convocatoria da Mesa Sectorial para o martes 12 de xaneiro, ás 10 da mañá, con unha orde do día que abarca a negociación de seis ordes e decretos e oito puntos da orde do día.

Estamos ante unha actuación maquiavélica da Consellaría que é a mostra máis evidente do desprezo, desconsideración co profesorado e os órganos de negociación, pois despois de 6 meses sen convocar Mesa Sectorial, a última reunión foi o 23 de xuño de 2015, agora pretende concentrar nunha única sesión unha orde do día inabarcábel con único obxectivo de cumprir co requisito legal de que ten pasar pola Mesa, pero sen ningunha intención real de negociación.

 

Estamos ante unha actuación sumamente grave acentuada porque impide informar ao profesorado e coñecer a súa opinión sobre os temas a tratar xa que foron remitidos en vacacións, algúns hoxe mesmo e outros aínda non se recibiron.

 

Por outra banda non deixa de ser insólita a configuración da  orde do día, xa que a aprobación da acta aparece como punto terceiro en lugar de primeiro como é perceptivo. A razón hai que buscala en que a Consellaría actúa como órgano de propaganda do PP e por iso aparece no primeiro punto a oferta de emprego, unha oferta que non nos é facilitada, que non negociaron e da que se nos informará ao mesmo tempo que aos medios de comunicación.

 

A CIG-Ensino esixirá na Mesa Sectorial a retirada do proxecto de orde que pretende regular os permisos, licenzas e vacacións do profesorado. Trátase dunha medida que ten como única finalidade seguir recortando e suprimindo dereitos laborais e profesionais do profesorado. Tamén pedirá que se convoque a Mesa noutra data para tratar os decretos de varios currículos (punto 6) e o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de música (punto 7).

 

O ensañamento do PP co profesorado é tal que parece que non ten límite, pois non existe xustificación  algunha para pretender derrogar a actual orde que regula os permisos e licenzas do persoal docente de abril de 2008, que fora negociada previamente na Mesa sectorial docente coas organizacións sindicais.

 

O obxectivo da Consellaría con esta proposta unilateral non é outro que suprimir o permiso por ausencias por indisposición ou enfermidade leve superior a tres días cando se achegue a pertinente xustificación documental, recollido na actual orde.

 

Co recorte deste permiso condénase ao profesorado a solicitar a baixa laboral coa conseguinte e importante diminución de salario por enfermar, aínda que se trate dunha indisposición ou enfermidade de menos de catro días.

 

Máis a Consellaría non se contenta só coa supresión deste dereito senón que aproveita para derrogar a orde que regula as permutas provisionais entre o profesorado e regula as vacacións do profesorado sen ter en conta a especificidade  do traballo docente e o calendario escolar e porén non se recolle ningunha mellora nin restitución de dereitos que nos foron arrebatados nos últimos catro anos (redución sen salario, redución de pagas extra, ampliación do horario lectivo, vixianza do transporte escolar, redución salarial por baixa laboral, supresión do cobro do verán ao profesorado substituto con 5 meses e medio de servizos, etc… Así mesmo continúan sen regular as enfermidades profesionais, a adaptación do posto de traballo por saúde laboral ou risco no embarazo, aplicación do decreto de redución do horario lectivo aos maiores de 55 anos que está recollido na LOE desde o ano 2006 e que o PP non desenvolveu o dereito a asistencia a actividades de formación destro da xornada de traballo, etc., redución da xornada lectiva do profesorado, etc.

 

É mais que preocupante que o actual conselleiro continúa pola senda do autoritarismo e imposición con novas medidas que amosan un total desprezo ao profesorado e aos seus representantes. A CIG-Ensino se a Consellaría non retira o proxecto de orde de permisos e licenzas levará a cabo mobilizacións contra un novo atropelo ao profesorado.

 

http://www.cig-ensino.gal/

ATIGA SOLICITA AL ALCALDE DE VIGO CONVERTIR A VIGO Y SU ÁREA METROPOLITANA EN POLO TECNOLÓGICO EXCELENTE Y EN UNA SMARTCITY DE REFERENCIA NACIONAL CON TECNOLOGÍA HECHA EN GALICIA

Los seis centros tecnológicos gallegos integrados en ATIGA (ANFACO-CECOPESCA, AIMEN, CTAG, GRADIANT, ENERGYLAB e ITG) han presentado a Abel Caballero una propuesta de medidas de apoyo a la I+D+i y a los centros tecnológicos, apostando por convertir a Vigo en una SMARTCITY (ciudad inteligente) de referencia a nivel nacional con tecnología realizada en Galicia.

  • ATIGA ha propuesto también al Alcalde de Vigo la exención del pago de determinados tributos locales, como el Impuesto sobre Bienes Inmuebles (IBI); el incremento de las bonificaciones fiscales en el desarrollo de nuevas inversiones innovadoras en Vigo, tanto de los Centros Tecnológicos como de las empresas; el desarrollo de un programa de bonos tecnológicos a favor de las pymes; la contratación de servicios de I+D y/o la adquisición de tecnología desarrollada por los Centros Tecnológicos para generar soluciones innovadoras destinadas a la mejora de los servicios públicos, etc.

REUNIÓN ATIGA_CONCELLO DE VIGO

Pie de foto:

 

En el centro de la imagen, Abel Caballero, alcalde de Vigo;  a continuación (en sentido inverso a las agujas del reloj) Juan Manuel Vietes, presidente de ATIGA; Fernando Vázquez, presidente de AIMEN; Luis Pérez-Freire, director general de Gradiant; Manuel Fernandez Pellicer, presidente de Energylab; Antonio Santos, presidente de CTAG; y David Regades, concejal de Fomento del Concello de Vigo.

 

LÓPEZ-CHAVES PIDE COLABORACIÓN AO CONCELLO DE VIGO PARA DAR A COÑECER OS PROGRAMAS DA XUNTA PARA EVITAR DESAFIUZAMENTOS

    • O delegado territorial da Xunta en Vigo lembrou que o pasado mes de outubro informouse ao goberno local do novo Bono de Alugueiro Social por ser os servizos sociais municipais os que están en contacto directo coas familias máis necesitadas
    • Este bono establece unha axuda de 150 euros mensuais por un período de doce meses que podería prorrogarse ata un máximo de dous anos
    • Dispón ademais dunha subvención adicional de 450 euros para cubrir os gastos de formalización dun novo contrato de alugueiro ou para atender os pagamentos pendentes se permanecesen na mesma vivenda
    • A Xunta está a por solucións na cidade olívica para que ningunha familia se quede na rúa “por non ser atendida polo Concello de Vigo”
    • Nos últimos meses e grazas ás medidas implantadas polo Goberno galego un total de 5 familias viguesas conseguiron un piso evitando un desafiuzamento

     

    Vigo, 08 de xaneiro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, solicitou esta mañá colaboración ao Concello de Vigo para dar a coñecer os programas que a Administración autonómica ten en marcha para evitar os desafiuzamentos.

     

    Segundo considerou López-Chaves, o goberno local, e máis concretamente os servizos sociais municipais, son os responsables de estar “en contacto directo” coas familias que máis o necesiten ou afectadas por posibles situacións de desafiuzamento. Informou así que a Xunta de Galicia puxo en marcha diversos programas para evitar este tipo de situacións ben sexa por execucións hipotecarias ou por impago do alugueiro das familias.

     

    Neste senso, lembrou que o Goberno galego está a por solucións na cidade olívica para que ningunha familia se quede na rúa “por non ser atendida polo Concello de Vigo” e recordou que nos últimos meses e grazas a estas medidas un total de 5 familias viguesas conseguiron un piso evitando así un desafiuzamento. Sen ir máis lonxe, unha delas solucionou o seu problema antes das datas de Nadal cando se lle fixo entrega das chaves do seu novo piso grazas aos programas postos en marcha pola Xunta.

     

    A maiores, López-Chaves aclarou que o pasado mes de outubro, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, dirixiu unha carta ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, informando do novo Bono de Alugueiro Social, cuxa convocatoria de axudas está aberta dende o pasado 30 de decembro cun investimento total de 4 millóns de euros, co obxectivo de solicitarlle que contribuíse a aconsellar a familias afectadas a solicitude destas axudas que pon a súa disposición a Xunta de Galicia.

     

    Debido ao novo caso recentemente coñecido dunha familia viguesa que está en risco de desafiuzamento, o delegado considerou que o goberno local “parece que non informa” deste tipo de medidas implantadas. “Dende a Xunta queremos informar pero a información directa é a través dos servizos sociais”, dixo preguntándose “cómo o concello que é o responsable de estar en contacto directo coas familias non puxo en coñecemento a existencia deste bono de alugueiro que a través do IGVS se pon a disposición das familias que polas súas circunstancias se atopen nunha situación de desafiuzamento”. Por último, especificou que representantes desta familia xa se puxeron en contacto coa Xunta e que a vindeira semana haberá unha reunión para poder contar cunha solución.

     

    O Bono de Alugueiro Social establece unha axuda de 150 euros mensuais por un período de doce meses que podería prorrogarse ata un máximo de dous anos. E, de igual xeito, a maiores, dispón unha axuda adicional de 450 euros para cubrir os gastos de formalización dun novo contrato de alugueiro ou para atender os pagamentos pendentes se permanecesen na mesma vivenda. Este bono ten como potenciais beneficiarios as persoas con problemas económicos que non poidan pagar a renda do alugueiro e afronten unha demanda xudicial de desafiuzamento por este motivo, ou teñan unha resolución xudicial que ordene o desaloxo do edificio.

     

    Área Metropolitana

    O delegado da Xunta aproveitou tamén a rolda de prensa para valorar a nova postura do alcalde de Vigo respecto á reunión convocada o 19 de xaneiro para tratar a Area Metropolitana. Deste xeito, considerou que Caballero “segue sen ter excesivo interese” polo asunto posto que “agora di que ten reunión en Madrid”.

     

    É por isto polo que debe establecer un “sistema de preferencias” porque, para López-Chaves, “primeiro é ser alcalde e o segundo é todo o demais”. “Espero que recapacite e asista á reunión do día 19 e non faga coma nos demais casos e busque escusas”, finalizou.

     

 

 

A DELEGACIÓN DA XUNTA EN VIGO ACOLLE O 22 DE XANEIRO UNHA XORNADA DIRIXIDA A PROFESIONAIS DO MUNDO DA SAÚDE E DO DEREITO

  • 08012015_PresentacionXornadaVigoBaixo o nome ´Aspectos prácticos da responsabilidade profesional´, o evento permitirá compartir e transmitir coñecementos fundamentais e actuais cada vez máis necesarios no ámbito da Responsabilidade Profesional
  • O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e a directora da xornada, Noemí Morte, presentaron esta mañá o programa para o día 22
  • Participarán 10 relatores de primeiro nivel nacional e internacional e altamente experimentados coma o xefe do servizo de Clínica Forense do Instituto de Medicina Legal de Jaén, o doutor Hernández Gil ou a profesora titular de Medicina Legal da Universidade de Zaragoza e deputada, Dolores Serrat
  • A inscrición é gratuíta e estará aberta ata o mesmo día da xornada

 

Vigo, 08 de xaneiro de 2016.- A Delegación Territorial da Xunta en Vigo acollerá o vindeiro día 22 de xaneiro a xornada ´Aspectos prácticos da responsabilidade profesional´ dirixida a profesionais do mundo da saúde e do dereito.

 

Esta mañá, o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e a directora da xornada, a médico forense titular do Imelga na Subdirección Territorial de Vigo, Noemí Morte, presentaron o programa da xornada que se levará a cabo durante todo o día no salón de actos do edificio administrativo.

 

López-Chaves gabou a celebración da xornada por tratar un tema de “especial relevancia” no que se refire á transcendencia que ten “dende o punto de vista profesional, xurídico e médico”, considerou. Coma explicou a organizadora, o evento foi demandado dende hai tempo por profesionais do mundo da saúde e do dereito co obxectivo de compartir e transmitir os coñecementos fundamentais e actuais que se necesitan cada vez máis no ámbito da Responsabilidade Profesional. Segundo Morte, na súa traxectoria profesional, observou unha “ausencia ou escaseza de coñecementos médico legais e xurídicos” sobre todo no persoal sanitario e, deste feito, é de onde xorde esta actividade formativa que espera que sexa “a primeira de moitas”.

 

Trátase así dunha xornada “pioneira” que é a primeira vez que se celebra en Galicia contando cun total de 10 relatores de “primeiro nivel” nacional e internacional e altamente experimentados. Especificou, por exemplo, a participación do xefe do servizo de Clínica Forense do Instituto de Medicina Legal de Jaén, o doutor Ángel Hernández Gil, que comezará os relatorios tras o acto de inauguración ás 9.00 horas ou a presenza da profesora titular de Medicina Legal da Universidade de Zaragoza e Deputada das Cortes en Aragón, a doutora Dolores Serrat Moure. “Teñen unha gran transcendencia a nivel nacional e internacional e fixemos un gran esforzo para que estean aquí e expliquen os campos de traballo actuais en España e en Europa”, informou a directora da xornada.

 

A partires de aí, tomarán parte outros xuíces, médicos e avogados para contar tamén, á primeira hora da tarde, coa intervención do xefe do servizo de Clínica Forense do Instituto de Medicina Legal de Cataluña, o doutor Amadeo Pujol, e a celebración dunha mesa redonda na que participará a fiscal xefe de Vigo, Susana García-Baquero.

 

Deste xeito, e coma apuntou López-Chaves, a xornada ten especial interese para médicos, fisioterapeutas, enfermeiras, odontólogos, farmacéuticos, avogados ou outros profesionais do dereito. A inscrición é gratuíta, estará aberta ata o mesmo día da xornada e pode formalizarse a través da web http://www.gestinvest-medical.es/contacto/, na dirección de correo electrónico jornadaresponsabilidadprofvigo@gmail.com ou no teléfono 639.331.412.

 

A exposición dos beléns participantes no concurso de Afundación citou máis de 16.000 visitantes en menos dun mes

A exposición que organiza a Fundación Galicia Obra Social (Afundación) con motivo do seu tradicional concurso de beléns, que celebrou nesta ocasión o seu cincuenta aniversario, clausurouse este mércores 6 de xaneiro na sala de exposicións do Teatro Afundación en Vigo. Máis de 16.000 persoas visitaron a mostra que se inaugurou o pasado 11 de decembro, tras o fallo do xurado.

Máis de 3.500 escolares asistirán a vindeira semana á obra de teatro en inglés «Alice»

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) continúa coa súa proposta de espectáculos escénicos para escolares en Vigo coa obra de teatro en inglés «Alice» da compañía Blue Mango Theatre. A función, basada no clásico de Lewis Carroll, conta as aventuras da pequena Alice na súa viaxe por un lugar cheo de extravagantes e divertidos personaxes cos que aprenderá as tradicións do mundo anglosaxón. «Alice», á que asistirán máis de 3.500 nenos e nenas, representarase do 11 ao 14 de xaneiro no Teatro Afundación de Vigo.

 

Últimos días para adquirir os abonos da nova tempada teatral de Afundación

A venda de abonos para a tempada teatral do 2016 que a Fundación Galicia Obra Social (Afundación) preparou para Vigo estará aberta ata o vindeiro venres, 15 de xaneiro, a través da web de Ataquilla.com, e no despacho de billetes telefónico, 902 504 500. A venda da segunda parte (do 4 ao 18 de abril) farase os días 4 e 5 de marzo para aquelas persoas que xa teñan adquiridos os abonos da primeira. Ademais do aforro que supón o abono, un 20 % con respecto aos prezos dos billetes soltos, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que supoñen unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo dos abonos. Todas as funcións terán lugar no Teatro Afundación en Vigo, localizado na rúa Policarpo Sanz, 13.

Pladesemapesga ALERTA A LOS ALCALDES DEL ÁREA METROPOLITANA de A Coruña sobre el presunto fraude de @XulioFerreiro con los Fondos Europeos.

@XulioFerreiro y A @Marea Atlántica bajo trámites judiciales de presuntas irregularidades pretende pedir unos 20 millones a Europa, Pladesemapesga Alerta a los alcaldes del Área Metropolitana y pone en conocimiento del público en general la multitud de presuntas irregularidades en el control u gestión de los fondos europeos por el Grupo Político de A Marea Atlántica y su líder el Sr Xulio Ferreiro que con total seguridad tendremos que pagar todos nosotros en otro rescate de Europa a España por el despilfarro y dispendio público de los fondos europeos en los que España ya fue advertida de su presunto uso irregular. Pladesemapesga alerta a los alcaldes de Oleiros, Culleredo, Cambre y Arteixo. Sada, Bergondo y Carral que @XulioFerreiro y Marea Atlántica están siendo investigados por el uso presuntamente irregular de fondos europeos

 

Las actividades presuntamente irregulares denunciadas ante la Fiscalía Europea con los proyectos de SmartCity, Coruña Futura y Eidus Coruña, denunciadas por Pladesemapesga no han sido freno para que el POPULISTA  @XulioFerreiro pretenda hacerse con más de 15 millones de euros europeos para presuntamente contratar a dedo con empresas que le pagan foros de lujo en Madrid.

 

@XulioFerreiro ante las investigaciones de la Fiscalía, OLAF y Defensor do Pobo, no se le ocurre nada mejor que INTENTAR PRINGAR A LOS ALCALDES DEL ÁREA METROPOLITANA, para “zafarse” de sus propias responsabilidades, sobre todo al ser denunciado de utilizar el ENGAÑO a los entes de la Ciudad para reunirlos y mediante una carta pro forma no explicada adecuadamente, hacerles firmar el apoyo a su gestión para “mangonear” dicho fondos europeos, que PLADESEMAPESGA observará de cerca poniendo todos los atisbos de presuntas irregularidades en conocimiento de las autoridades de la Unión Europea, al perder dicha plataforma la confianza en las instituciones españolas gobernadas por el PP y Marea Atlántica.

 

@XulioFerreiro tras pretender engañar a entes de la Ciudad con foros en el centro Ágora y otros puntos sobre Eidus Coruña para “hacerse con más de 20 millones de euros europeos para decidir por motu propio a quien y comos e le dan, sin que intervengan los ciudadanos y ponerlo al descubierto la Plataforma En Defensa del sector Marítimo pesquero de Galicia, se ve forzado a IMPLICAR A LOS ALCALDES DEL ÁREA METROPOLITANA, presentando  el proyecto estratégico con el que pretende conseguir financiación para diferentes actuaciones en la ciudad entre 2016 y 2020, pero que no ha concertado con anterioridad las informaciones que ahora pretende, dejándoles en meros observadores de las “felonías prevaricadoras” y que ahora ante la apertura de expediente por la Unión Europea, Fiscalía OLAF, y Defensor do Pobo y la Fiscalía de Galicia, pretende a ÚLTIMA HORA implicar a los alcaldes del entorno para poder salirse por “peteneras”.

 

Pladesemapesga ALERTA Y ADVIERTE A LOS ALACLDES DEL ÁREA METROPOLITANA  que podrían verse inmersos en una profunda investigación de sus actividades “sin comerlo ni beberlo” simplemente por entrara al “TRAPO” del Sr Xulio Ferreiro.

 

El Concello se vio obligado para poder “mangonear” a cerrar CORUÑA FUTURA del PP y elaborar un plan Eidus (estrategia integral de desarrollo sostenible), ” EN ESTE MOMENTO SIN RESPONDER SOBRE SI TIENE CIF, REGISTRO MERCANTIL, NI ACLARAR QUIEN ESTA FINANCIANDO EL CHIRINGUITO QUE SE MONTÓ EL SR XULIO FERREIRO, NI QUE MÁS RECIBIO O ENTREGÓ A FCC  TRAS REGALARLE UN FORO EN EL HOTEL RITZ DE MADRID DONDE UN CAFÉ VALE 36 EUROS EN EL SALÓN REAL, NI EXPLICADAS SUS RELACIONES CON EL DINERO DE EMALCSA, FUNDACIÓN EMALCSA QUE PRESIDE EL MISMO), algo que no ha consultado ni explicado en la reunión de ayer con los alcaldes de la comarca o el área de Coruña por lo que podrían verse implicados en unas profundas investigaciones judiciales más allá de las meras actuaciones para las que se solicita el dinero, que justifique la necesidad de la financiación europea…

 

Hay que recordar que este pretendido proyecto EIDUS CORUÑA que presentan los mareantes viene dado de la anulación del anterior CORUÑA FUTURA donde se realizaron las mismas actividades sin resultados conocidos para la Ciudad a día de hoy, y ante la solicitud de aclaraciones o desmentidos el MUTISMO Y FALTA DE TRANSPRENCIA ES TOTAL EN EL CONCELLO DE A CORUÑA. por lo que el A Marea Atlántica ha sido denunciada ante las autoridades judiciales de España y Europa, en las que vulnera todo tipo de derechos y leyes con el único fin de no decir la verdad..

 

Oleiros, Culleredo, Cambre y Arteixo. Sada, Bergondo y Carral pueden acceder sin contar con A Marea Atlántica a los fondos europeos y sin verse mezclados en investigaciones judiciales ni prestarse a manipulaciones opacas y del interés de A Marea Atlántica a nivel privadísimo, lo que redundaría en el máximo interés de los vecinos de los municipios limítrofes..

 

Dice @XulioFerreiro “Una oferta, va a ser mucho más valorada y aceptadas tanto en el Ministerio como en las instituciones europeas”.

 

FALSO TOTALMENTE, esos fondos son redistribuidos desde el gobierno de España y Europa más allá de las cantidades presupuestadas y su uso ético y legal cuyos fines vayan destinados a los ciudadanos no interviene en que sean, más o menos, o que vayan asociados los ayuntamientos, si no en los resultados finales acreditados, y con la ventaja de ajustarlos y distribuirlos sin explicaciones a Xulio Ferreiro, lo que supone la mejor opción para sus fines.

 

Pladesemapesga insta a los alcalde del Área de A Coruña a RECHAZAR DE INMEEDIATO CUALQUIER GESTIÓN DE FONDOS EUROPEOS DE FORMA CONJUNTA CON A MAREA ATLÁNTICA Y EL CONCELLO DE A CORUÑA, AL CONSIDERAR UN  PRESUNTO FRAUDE Y PRESUNTA PREVARICACIÓN SU FORMA DE GESTIÓN, BAJO EL ENGAÑO Y FELONÍAS DEL GRUPO DE A MAREA, BAJO LA CENSURA, OCULTACIÓN, OPACIDAD Y TOTAL FLATA DE TRANSPARENCIA. y sirva de muestra la multitud de escritos de esta entidad por el registro del Concello sin respuesta a día de hoy, con más de 3 meses y todos ellos bajo el presunto delito penal de IGNORANCIA DELIBERADA, lo que deja al descubierto las intenciones presuntamente malversadoras del Sr @XulioFerreiro..

 

El lector o persona interesada dispone de mucha más información y documentos, en el que, solo tiene que solicitarlos a; presidencia@accionytransparenciapublica.com y le serán remitidos y puestos a su disposición…

 

Más información y datos, documentos y aclaraciones sobre este turbio asunto liderado por A Marea Atlántica y @XulioFerreiro en:

 

http://accionytransparenciapublica.com/index.php/108-pladesemapesga-alerta-a-los-alcaldes-del-area-metropolitana-de-a-coruna-sobre-el-presunto-fraude-de-xulioferreiro-con-los-fondos-europeos

Afundación acolle en Vigo unha mostra da Asociación de Pintores coa Boca e co Pé

Cuadro 34A Sede Afundación de Vigo acolle a partir do próximo xoves, 14 de xaneiro, unha mostra da Asociación de Pintores coa Boca e co Pé que permanecerá aberta ata o día 28 do mesmo mes. A exposición, que reúne un total de 60 obras dos máis recoñecidos artistas nacionais e internacionais membros da asociación como Manuel Parreño ou Cristóbal Toledo, entre outros, ten como obxectivo difundir a obra destes pintores, así como dar a coñecer os produtos que deseñan coas súas pinturas, por exemplo calendarios ou cartóns postais. A mostra poderá visitarse de luns a sábados en horario de 17.30 a 20.30 h.