ETHEL VÁZQUEZ DESTACA QUE A MODIFICACIÓN DA LEI DO SOLO PROPOSTA POLA XUNTA GARANTE A EXECUCIÓN DA ESTACIÓN INTERMODAL DE VIGO MEDIANTE UNHA SOLUCIÓN URBANÍSTICA ÁXIL E SEGURA

  • A Xunta ofrece a máxima colaboración para desbloquear a situación urbanística xurdida pola anulación do PXOM e poder desenvolver a intermodal de Vigo con todas as garantías xurídicas
  • Vázquez fai fincapé no interese do Goberno galego en que os proxectos estratéxicos para esta cidade saian adiante e subliña que mostra diso é a proposta de modificación da Lei do Solo anunciada polo presidente da Xunta o pasado venres
  • Esta modificación permitirá dar amparo xurídico a proxectos de interese público ou de utilidade social proxectados en Vigo
  • Trátase dun trámite de entre 7 e 8 meses dende a presentación do proxecto que permitiría executar a estación intermodal, sempre e cando conte co visto bo do ConcelloEthelVázquez_Fomento1

 

Madrid, 11 de xaneiro de 2016.- Ethel Vázquez destacou hoxe que a modificación da Lei do Solo proposta pola Xunta garante a execución da estación intermodal de Vigo mediante unha solución urbanística áxil e segura. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada pola directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas e a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo coa ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

 

A Xunta ofreceu nesta xuntanza a máxima colaboración para acadar unha solución urbanística que permita desenvolver a estación intermodal de Vigo con todas as garantías xurídicas.

 

Vázquez lembrou que é responsabilidade do Concello de Vigo achegar as solucións urbanísticas para os proxectos tan importantes que están planificados ou en marcha nesa cidade. Non obstante, fixo fincapé no interese da Xunta en que estes proxectos necesarios e interesantes para Vigo e os vigueses saian adiante, motivo da participación nesta xuntanza a tres bandas co fin de atopar solucións conxuntas e eficaces.

 

A conselleira indicou que a proba da vontade do Goberno galego de contribuír a desbloquear urbanísticamente os proxectos máis importantes para Vigo é a proposta anunciada polo presidente da Xunta o pasado venres: unha modificación da Lei do Solo que permitirá dar amparo xurídico de forma áxil e segura a proxectos de interese público ou de utilidade social, como é o caso.

 

Trátase dun trámite de entre 7 e 8 meses dende a presentación do proxecto, que, en todo caso, permitiría executar a estación intermodal, dado que se trata dun proxecto de evidente utilidade pública, sempre e cando conte co visto bo do Concello.

 

Vázquez subliñou a importancia de avanzar con responsabilidade nesa dirección, cada partido e cada administración no ámbito das súas competencias, para conseguir que Vigo e os vigueses conten o antes posible coas infraestruturas que precisan e que demandan.

 

Cómpre lembrar que no proxecto da intermodal conflúen o Ministerio de Fomento, que logo de executar a estación do AVE, ten en fase de contratación as obras do centro Vialia; a Xunta de Galicia, que xa traballa na redacción do proxecto construtivo da estación de autobuses integrada na mesma parcela; e o Concello, que segundo os seus propios compromisos e seguindo o modelo do resto das cidades, debe proporcionar os accesos que garantan a funcionalidade da estación.

 

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: