POLÍTICA SOCIAL DESTACA O PROXECTO DIGAL COMO UNHA EXPERIENCIA DE MOBILIDADE QUE “APOIA A FORMACIÓN DA MOCIDADE, MELLORA A SÚA EMPREGABILIDADE E FAVORECE A ADQUISICIÓN DE COÑECEMENTOS”

  • Os mozos realizaron prácticas laborais durante 60 días nas localidades de Praga (República Checa), Cork (Irlanda), Burdeos (Francia), Arezzo (Italia) e Braga (Portugal)
  • O proxecto DIGAL foi aprobado ao abeiro do programa Erasmus+ e conta para o 2015 e 2016 cun orzamento de 277.135 euros, que inclúe un total de 56 prazas para a realización de prácticas laborais durante 60 días en cinco países europeos

Santiago, 11 de xaneiro de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reuniuse hoxe cos 30 mozos e mozas que participaron no primeiro grupo do proxecto ‘Dinamizando Galicia’ (DIGAL) e que realizaron prácticas laborais durante 60 días nas localidades de Praga (República Checa), Cork (Irlanda), Burdeos (Francia), Arezzo (Italia) e Braga (Portugal) no último trimestre do 2015. Segundo a directora xeral, os programas de mobilidade teñen como finalidade “apoiar a formación da mocidade, mediante a mellora da súa empregabilidade, xa que favorecen a adquisición de novos coñecementos, habilidades, capacidade e cualificacións”.

 

Durante a súa intervención, a directora xeral subliñou que “esta experiencia laboral amplía o currículo dos participantes, mellora as competencias idiomáticas e permite que se poida coñecer outra organización do traballo, detectar novos sectores empresariais para implantar en Galicia, así como novas posibilidades de internacionalización para empresas galegas”.

 

As prácticas do primeiro grupo de envío do proxecto DIGAL tiveron lugar nos sectores tecnolóxico, creación e xestión de empresas, xestión administrativa e contable; xardinería e floraría, aproveitamento e conservación do medio, traballos forestais e produción agropecuaria. Son 12 mozas e 18 mozos con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos titulados en ciclos medios de formación profesional e nos cursos de formación ocupacional, accións formativas e programas de cualificación profesional inicial dos sectores sinalados dos centros que integran o consorcio deste proxecto.

 

Concretamente, neste primeiro grupo de envío participaron mozos e mozas do CFPO Viveiro, UAF Ames, UAF Negreira, CFEA Guísamo, CFEA Sergude de Boqueixón, CFO Lugo, IES A Pinguela de Monforte e CFI COIA de Vigo.

 

Proxecto DIGAL

O proxecto DIGAL foi aprobado ao abeiro do programa Erasmus+ e conta para o 2015 e 2016 cun orzamento de 277.135 euros, que inclúe un total de 56 prazas para a realización de prácticas laborais durante 60 días en cinco países europeos: 15 en Portugal, 15 en Italia, 10 en Irlanda, 10 en República Checa e 6 en Francia. A bolsa cubre os gastos de aloxamento, curso de preparación cultural e lingüística, seguro de responsabilidade civil, unha axuda para os gastos da viaxe e para os gastos de manutención.

 

Cecilia Vázquez informou que xa está en marcha a fase de selección doutros 26 mozos e mozas que participarán no segundo grupo do proxecto DIGAL e que realizaran as súas prácticas laborais no primeiro semestre do 2016.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: