Archive | enero 12, 2016

A ALCALDESA ORDENA A REALIZACIÓN DAS REPARACIÓNS URXENTES DO CEIP PLURILINGÜE DE ATIOS

CEIP ATIOSO Porriño, 12 de xaneiro.- A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, xunto coas concelleiras Lourdes Moure e Soledad Girón, fixo unha visita o CEIP Plurilingüe de Atios para coñecer en persoa as necesidades deste centro educativo no
que cursan os seus estudos un total de 210 rapazas e rapaces de infantil
e Primaria.

O director do colexio fixo unha descrición polo miúdo dos proxectos que
está a desenrolar o mesmo e sinalou a importancia de acometer distintas
reparacións nas instalacións, algunhas de máxima urxencia, como a
colocación dun valado de protección na área de recreo dos pequenos de
Educación Infantil.

Eva García de la Torre comprometeuse a acometer esta mesma semana a obra
de xeito que estea rematada nos vindeiros días. O concello, asegurou a
alcaldesa, tamén arranxará os desperfectos causados nos vestiarios por
un incendio e polos problemas causados por unha fuga de auga na zona das
duchas, que é a causa da caída de varios paneis do teito. Os técnicos
municipais examinarán o remate da parte superior do ximnasio, parte da
cal que se retirara os para gañar preto de medio metro de altura e para
evitar os efectos da condensación.

O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL ENTREGA A MENCIÓN ESPECIAL IMSERSO 2015 A JOSÉ ANDRADE PAZ TRAS TODA UNHA VIDA DEDICADA Á DEFENSA DOS INTERESES DAS PERSOAS MAIORES

  • joser manuel rey varela fai entrega da mencion imserso 2015 a jose andrade paz

    joser manuel rey varela fai entrega da mencion imserso 2015 a jose andrade paz

    José Manuel Rey Varela gabou a actividade de Andrade Paz ao longo da súa vida en beneficio das persoas maiores e das persoas en situación de dependencia

  • A distinción entregouse en setembro do pasado ano, no evento conmemorativo do Día Internacional das Persoas Maiores celebrado polo Imserso en Vitoria- Gasteiz, ao que Andrade Paz non puido acudir

 

Santiago, 12 de xaneiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, fixo entrega esta tarde da mención especial Imserso 2015 a José Andrade Paz, dado que o premiado non puido asistir á entrega do galardón, celebrada no mes de setembro en Vitoria- Gasteiz, no marco da celebración do Día Internacional das Persoas Maiores.

 

O responsable autonómico das políticas sociais destacou que José Andrade Paz dedicou toda unha vida ás persoas maiores, defendendo as súas necesidades e intereses desde a súa posición de Consejero no Consejo Estatal de Personas Mayores, cargo que ostentou entre 1995 e 2015. No seo deste Consejo, aportou coñecemento e experiencia para a definición, aplicación e seguimento das políticas de atención, inserción social e calidade de vida, non só das persoas maiores, senón tamén de persoas en situación de dependencia.

 

Andrade Paz, continúa en activo como presidente da Asociación Gallega de Pensionistas en Vigo (ASOGAPEN), dende onde traballa para a promoción de políticas de envellecemento activo, o fomento das relacións interxeracionais e a mellora da calidade de vida das persoas maiores.

 

Rey Varela agradeceu ao premiado a súa labor ao longo de toda a súa vida así como que continúe en activo en prol dos maiores, ao mesmo tempo que Andrade Paz se amosaba feliz de recibir esta mención especial tras décadas de traballo.

O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO ASESORA SOBRE A SOLICITUDE DO BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL A DÚAS FAMILIAS AFECTADAS POR UN PROCEDEMENTO DE DESAFIUZAMENTO POR IMPAGO DA RENDA EN VIGO

Pontevedra, 12 de xaneiro de 2016.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo asesoraron hoxe sobre a solicitude do Bono de Alugueiro Social a dúas familias afectadas por procedementos de desafiuzamento a causa de non pagar a renda da vivenda en Vigo. Técnicos do Instituto mantiveron hoxe en Pontevedra unha reunión cos representantes da asociacións Os Ninguéns e a PAH, así como cun dos afectados, co obxectivo de explicarlle as posibles alternativas para exercer o seu dereito a unha vivenda.

 

Na reunión, a responsable provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo explicou que a Xunta conta coas axudas do Bono de Alugueiro Social, dirixidas especificamente aos afectados por desafiuzamentos por impago da renda da vivenda, indicando a conveniencia de que os interesados presenten a solicitude o antes posible.

 

O Bono de Alugueiro Social consiste nunha axuda mensual de 150 euros, por un período de doce meses prorrogable por outros doce, ademáis dunha axuda unica de 450 euros destinados a sufragar os gastos derivados da sinatura dun novo contrato de alugueiro.

 

Ademais indicáronselle ao interesados as posibilidades de realoxo en vivendas propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo ou cedidas pola Sareb ou entidades financeiras, que se destinan ao realoxo de afectados por execucións hipotecarias ou de alugueiro.

 

 

Concello de Vigo

O Pleno acorda pedir á Xunta que financie os custos da redacción do novo PXOM de Vigo

Todos os grupos políticos deron luz verde na sesión plenaria desta mañá a unha moción socialista na que propoñía a oportunidade de asinar un convenio entre Xunta e Concello para que a administración autonómica sufrague os custos de redacción e elaboración do novo PXOM de Vigo.

 

A Corporación garante a subrogación do persoal dos aparcadoiros da Porta do Sol e da Praza de Portugal

A unanimidade do Pleno deu o visto bo este martes á moción presentada por Marea de Vigo demandando a subrogación do cadro de persoal dos dous estacionamentos coa emenda in voce do grupo socialista na que matiza que non se terá en conta o tempo transcorrido entre a extinción da licitación e a nova adxudicación en ningún dos dous casos.

El Naufragio del pesquero Nuevo Jundiña, cuestiona nuevamente la gestión de la XUNTA, DGMM, SASEMAR que deja a merced de los acontecimientos.

PLADESEMAPESGA califica de MUY GRAVE PARA LAS GENTES DE LA MAR EN GALICIA el naufragio del Nuevo Jundiña al emitir una Alerta de Socorro a 57 millas de Cabo Ortegal que no fue recibida en Galicia, pero sí, en Portugal e Irlanda, cuestionando así, la formación marítimo-pesquera y el despilfarro del dinero público y el grave riesgo para sus vidas que corren los pescadores gallegos..

El Sistema Mundial de Socorro – nuevamente – cuestionado.

Pladesemapesga, al amparo de noticias oficiales de Salvamento Marítimo, presume una ralentización de las operaciones de salvamento al no activarse desde el pesquero siniestrado la Llamada Selectiva Digital.

Desde el año 2012, la Red de Estaciones Costeras que gestionan el Sistema Mundial de Socorro, no mantienen escucha permanente en la frecuencia de socorro 2.182  Khz.( sistema de voz/analógico ).

Es de obligado cumplimiento activar la Alerta de Socorro en Llamada Selectiva Digital ( Distrees Call/DSC ) para posteriormente pasar a 2.182 Khz.

El Grupo de Expertos No Gubernamentales del Sistema Mundial de Socorro, integrados en Pladesemapesga, tiene constancia de que – a las 22.06 ( no hay constancia de que fuera hora UTC o local española ) horas lanzaron por onda media una alerta que recogieron varios centros de Salvamento -Dublín, Valentia y Lisboa, entre otros-  y que trasladaron a Madrid, que puso en marcha el dispositivo de rescate.

Esto prueba de forma fehaciente que la Alerta de Socorro no se produjo de forma instantánea por ningún Centro de Radiocomunicaciones Marítimas ( Radio Costeras/CCR ) o Centros Coordinadores de Salvamento ( CCS ).

El helicóptero de Salvamento fue activado ” sobre ”  las 2215 hora local española.

La diferencia horaria de 9 minutos, tal y como se desarrolló la operación de rescate, ha sido una ralentización extremadamente peligrosa para la seguridad de la vida humana en la mar.

El Real Decreto que regula la Comisión de Investigación de Siniestros Marítimos ( CIAIM ) garantiza la elaboración de informes precisos acerca de las investigaciones de seguridad marítima, así como de propuestas de medidas correctivas en un plazo no superior a dos meses.

Además, SASEMAR y en su caso la Dirección General de la Marina Mercante, de inmediato y por vía telemática, comunicará a la Comisión Permanente, todos los accidentes e incidentes marítimos sujetos al ámbito de aplicación de este Real Decreto de los que tuviese conocimiento, bien directamente o a través de otras Administraciones públicas o como resultado del deber de informar a las autoridades marítimas que recae, en virtud de la normativa vigente, en los navieros, propietarios y capitanes de buques.

Habida cuenta de que desde el momento en que la Comisión de Investigación ( CIAIM ) es informada – de forma inmediata – de los informes de siniestros marítimos por parte de SASEMAR y DGMM , está en condiciones de emitir una Alerta Rápida.

 

La Comisión de Investigación ( CIAIM ) Dentro de las causas a investigar, contempla,  las acciones, omisiones, eventos o condiciones existentes o preexistentes o una combinación de todo ello, que conduce al accidente o incidente.

 

La investigación de un accidente o incidente marítimo es un proceso llevado a cabo con el propósito de prevenir los accidentes, el cual incluye la recopilación de información y su análisis, la adopción de conclusiones, así como la determinación de las circunstancias, las causas y los factores contribuyentes y, en su caso, la formulación de recomendaciones sobre seguridad.

 

Pladesemapesga, considera como ” factor contribuyente de riesgo para la seguridad de la Vida Humana en la Mar ” el presunto mal encaminamiento de la Alerta de Socorro emitida desde el pesquero Nuevo Jundiña.

 

Es de vital importancia que la Xunta de Galicia, Centros de Formación, Profesionales de la Mar, etc … tengan constancia del riesgo que supone emitir una Alerta de Socorro por un sistema de voz / analógico en lugar de hacerlo por el preceptivo Sistema Digital.

 

Las consecuencias no son otras que la ralentización del rescate de las tripulaciones.

 

Esta Plataforma – insta – a la Ministra de Fomento y Xunta de Galicia, al esclarecimiento del encaminamiento de la Alerta de Socorro del pesquero Nuevo Jundiña, en aras a la aplicación inmediata,  como Criterio de Alta Prioridad, de las oportunas advertencias a la flota pesquera.

 

Respecto al ” avistamiento ” por parte del Helicóptero de Salvamento de las dos balsas salvavidas, Pladesemapesga, requiere también información sobre la activación de las Radio Balizas Personales de los Chalecos Salvavidas, Transpondedores Resart, Radiobaliza de 406 o cualquier otro sistema de Alerta digital o de bengalas.

 

Los Criterios de Alto Nivel del Subcomité de Radiocomunicaciones, Búsqueda y Salvamento ( COMSAR/OMI ) dejan muy claro que antes del abandono de buque se debe activar la Llamada Selectiva Digital quedando la Radio Baliza de 406 para la localización del buque siniestrado o balsa salvavidas.

 

Esta Plataforma se ha dirigido, vía telefónica,  al Gabinete de Prensa de SASEMAR,  para tener constancia por escrito de los datos oficiales del encaminamiento de las comunicaciones, sin obtener, hasta el momento, ningún tipo de explicación.

 

Buena gente, con Verónica Forqué e Juan Fernández, inaugura a Tempada de teatro de Afundación

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) inaugura a súa nova Tempada de teatro en Vigo e Pontevedra coa adaptación da obra Buena gente de David Lindsay-Abaire. A representación, dirixida por David Serrano e protagonizada por Verónica Forqué, Juan Fernández, Pilar Castro ou Diego París, entre outros, terá lugar os próximos 23 e 24 de xaneiro, ás 20.30 h., no Teatro Afundación de Vigo e o Auditorio Sede Afundación de Pontevedra, respectivamente. Esta obra forma parte da Tempada de abonos de teatro 2015-2016, que ofrece un 20 % de desconto no prezo das entradas e un 10 % para persoas desempregadas, xubiladas e mozas. As entradas están á venda en www.ataquilla.com.

A Escuela de Negocios Afundación e a Beijing International Studies University farán programas de posgrao conxuntos

A Escuela de Negocios Afundación e a Beijing International Studies University (BISU) asinaron hoxe un convenio de colaboración para desenvolver programas de formación conxuntos. Como primeiro paso no marco desta cooperación, as dúas institucións educativas porán en marcha un Diploma Avanzado de Relacións Internacionais, que comezará o próximo mes de xullo, e desenvolverán conxuntamente programas de posgrao no campo turístico, onde BISU é a universidade de referencia na China. Con este novo acordo, a Escuela de Negocios amplía a súa expansión no ámbito internacional, tal e como programou Afundación no seu plan estratéxico 2015-2019.

 

A CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA PUBLICA HOXE NO DOG A LICITACIÓN POR CASE 500.000 € AS OBRAS DE MELLORA DO FIRME EN TRES ESTRADAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

  • Actuarase en varios treitos das estradas PO-550, PO-224 e PO-504, nos concellos de Cambados, Barro, Meaño, Pontevedra, Ribadumia e Sanxenxo
  • Mediante este contrato mellorarase o estado de conservación destes viais e en consecuencia a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios
  • As empresas poderán presentar ofertas ata o vindeiro 8 de febreiroclip_image002

 

Santiago, 12 de xaneiro de 2016.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda licita, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), as obras de reparación do firme en tres estradas da rede viaria autonómica da provincia de Pontevedra que contan un orzamento próximo aos 500.000 euros, segundo publica o Diario Oficial de Galicia (DOG). As empresas poderán presentar ofertas ata o vindeiro 8 de febreiro.

 

Con esta actuación, o Executivo autonómico mellorará o estado do firme, para favorecer a comodidade dos usuarios e a seguridade viaria en varios treitos de estradas dos concellos de  Cambados, Barro, Meaño, Pontevedra, Ribadumia e Sanxenxo, o que supón case 20 quilómetros de actuación.

 

As principais actuacións proxectadas son as seguintes, na PO-550, repararase dende o punto quilométrico 0 ao 14+500, que pasa polos municipios de Concellos de Cambados, Meaño e Sanxenxo, concretamente, realizaranse unha rehabilitación localizada do firme, mediante fresado e reposición dos tramos deteriorados. Ademais, dende o pq 11+500 ata o final, como complemento aos fresados localizados estenderase un microaglomerado en toda a sección, e repoñerase a sinalización horizontal (travesías de Vilalonga, Vilar, Piñeiros e Fonte de Ons). Contará un orzamento de 157.000 €.

 

Na vía PO-504, dende o pq 0 ao 4+500, no Concello de Sanxenxo, levarase a cabo unha rehabilitación firme, mediante fresado e reposición dos tramos deteriorados; posteriormente, estenderase un microaglomerado en toda a sección, onde se inclúen as travesías Binquiño, Forsan, Gondariño, Gondar de Abaixo, Xuncablanca e Vilalonga, ademais, repoñerase a sinalización horizontal. O total investido serán 120.000 euros.

 

Finalmente, na estrada PO-224, dende o punto quilométrico 0 ao 10+900, que pasan polos municipios de Pontevedra e Barro, mellorarase o firme, mediante fresado e reposición dos tramos deteriorados

 

Estas tarefas completaranse nas tres estradas co repintado das marcas viarias nos treitos de actuación e a renovación dos elementos de sinalización vertical e defensas, que se atopen deteriorados que teñen por finalidade mellorar as actuais prestacións da estrada en beneficio dos usuarios.

 

As obras terán unha duración de 6 meses e proporcionarán unha rede máis cómoda e segura en beneficio dos máis de 276.000 habitantes destes concellos pontevedreses.

A XUNTA CONCEDE UN TOTAL DE 376.000 EUROS A 34 COMUNIDADES DE VECIÑOS DE VIGO E ÁREA AO ABEIRO DO PLAN RENOVE DE ASCENSORES

  • 12012016_RdPPlanRenoveAscensoresVigoO delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, informou esta mañá da resolución das axudas que vén de publicarse no Diario Oficial de Galicia
  • Esta iniciativa impulsa a implantación de novas máquinas máis eficientes e seguras nas comunidades de veciños
  • Os novos ascensores reducirán o consumo enerxético en máis dun 35%, co conseguinte aforro económico
  • López-Chaves animou tamén a todos os interesados a que concorran á nova convocatoria de axudas para o ano 2016 aberta ata o vindeiro 20 de abril

 

Vigo, 12 de xaneiro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, compareceu esta mañá en rolda de prensa para dar conta da resolución das axudas do Plan Renove de Ascensores.

 

O programa, pertencente á Consellería de Economía, Emprego e Industria, vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución deste tipo de subvencións que teñen coma obxecto a modificación total ou parcial dos ascensores coa finalidade de implantar novas máquinas máis eficientes e seguras nas comunidades de veciños.

 

Coma explicou López-Chaves, a instalación dun ascensor supón “un dos principais gastos das comunidades de veciños” e é por isto polo que a Xunta de Galicia ofrece este tipo de axudas buscando, coma dixo o delegado, dous obxectivos: “conseguir a redución dos custes enerxéticos e aumentar a seguridade dos ascensores”.

 

Deste xeito, na cidade de Vigo e na súa área, un total de 34 comunidades de veciños beneficiáronse deste tipo de axudas cun importe global de 376.000 euros para a modificación total ou parcial dos ascensores. No caso de modificación total a axuda máxima era de 20.000 euros e para a modificación parcial, de 10.000 euros.

 

Ademais, e coma concretou López-Chaves, o Plan Renove de Ascensores que financia a Xunta de Galicia está novamente aberto para este ano 2016, polo que animou ás comunidades de veciños interesadas en cambiar de ascensores a concorrer a esta convocatoria de axudas para o ano 2016 e que está aberta ata o vindeiro 20 de abril ou ata que se esgote o crédito. “O que queremos é dar publicidade á variedade de convocatorias da Xunta porque estou seguro que moitos vigueses descoñecen esta liña de axudas”. dixo.

 

Cómpre salientar que estas máquinas teñen un uso intensivo e supoñen unha parte moi importante do consumo enerxético dun edificio, polo que o programa contribúe á mellora da eficiencia enerxética dos fogares galegos. Non en van, os novos ascensores permitirán unha redución anual, cando menos, do 35 % no uso da enerxía convencional, e un incremento na seguridade. Os apoios inclúen os custos en equipamentos, materiais, obra civil e man de obra asociados á reforma e posta en servizo das máquinas.

 

Esta actuación encádrase no desenvolvemento do Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética nas Vivendas, posto en marcha o ano pasado e que xunto a esta iniciativa promoveu outro tipo de medidas como a implantación de fiestras ou caldeiras máis eficientes ou a instalación de equipos de xeotermia, solar térmica e aerotermia.

 

Deste xeito, o Goberno galego aposta pola promoción do aforro e a eficiencia enerxética nas vivendas galegas co obxectivo de mellorar pautas de consumo e contribuír, en última instancia, á diminución da factura enerxética das familias galegas.

 

Acción y Transparencia Pública insta a Xulio Ferreiro a crear unha Comisión de Vixilancia da Contratación no Concello da Coruña onde se observen as contratacións de todos os órganos colexiados.

O Presidente de Pladesemapesga, Miguel Delgado, anunciou que o equipo multidiciplinar integrado na Platforma Marítima “Acción e Transparencia Pública” propón e insta a todos os grupos municipais no Concello de A Coruña á creación dunha Comisión de Vixilancia da Contratación, baixo seguimiento de goberno e participación cidadá.

Delgado afirma que esta proposta dará sentido político á TRANSPARENCIA proposta polo grupo político A Marea Atlántica e adiantou que o seu obxectivo é conseguir unha maior transparencia nas institucións, tal e como prometeu Xulio Ferreiro e PODEMOS xunto as Mareas, caso de non atopar, predisposición á creación da mesma, poñerase ao descuberto as verdadeiras intencións políticas das pregoadas transparencias políticas nas institucións.

Esta comisión debería ter como principio básico revisar os contratos adxudicados por anteriores gobernos, así como as novas contrataciones, á vez que realizar un control de seguimiento ao goberno municipal, asegurou Miguel Delgado.

Delgado recordou que a creación e posta en marcha desta Comisión supón o cumprimento dun punto máis do programa electoral, que promulgaba A Marea Atlántica e Xulio Ferreiro polas rúas de A Coruña.

Acción e Transparencia Pública afirma que a aceptación desta proposta, dará un gran impulso democrático ás institucións e aclarará as verdadeiras intencións dos políticos e responsables das institucións sobre a transparencia que pregoan nas súas declaracións públicas, os feitos son os que acreditarán as mesmas.

 

Firmado por Miguel delgado, Presidente de Pladesemapesga