A ALCALDESA ORDENA A REALIZACIÓN DAS REPARACIÓNS URXENTES DO CEIP PLURILINGÜE DE ATIOS

CEIP ATIOSO Porriño, 12 de xaneiro.- A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, xunto coas concelleiras Lourdes Moure e Soledad Girón, fixo unha visita o CEIP Plurilingüe de Atios para coñecer en persoa as necesidades deste centro educativo no
que cursan os seus estudos un total de 210 rapazas e rapaces de infantil
e Primaria.

O director do colexio fixo unha descrición polo miúdo dos proxectos que
está a desenrolar o mesmo e sinalou a importancia de acometer distintas
reparacións nas instalacións, algunhas de máxima urxencia, como a
colocación dun valado de protección na área de recreo dos pequenos de
Educación Infantil.

Eva García de la Torre comprometeuse a acometer esta mesma semana a obra
de xeito que estea rematada nos vindeiros días. O concello, asegurou a
alcaldesa, tamén arranxará os desperfectos causados nos vestiarios por
un incendio e polos problemas causados por unha fuga de auga na zona das
duchas, que é a causa da caída de varios paneis do teito. Os técnicos
municipais examinarán o remate da parte superior do ximnasio, parte da
cal que se retirara os para gañar preto de medio metro de altura e para
evitar os efectos da condensación.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: