A CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA PUBLICA HOXE NO DOG A LICITACIÓN POR CASE 500.000 € AS OBRAS DE MELLORA DO FIRME EN TRES ESTRADAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

  • Actuarase en varios treitos das estradas PO-550, PO-224 e PO-504, nos concellos de Cambados, Barro, Meaño, Pontevedra, Ribadumia e Sanxenxo
  • Mediante este contrato mellorarase o estado de conservación destes viais e en consecuencia a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios
  • As empresas poderán presentar ofertas ata o vindeiro 8 de febreiroclip_image002

 

Santiago, 12 de xaneiro de 2016.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda licita, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), as obras de reparación do firme en tres estradas da rede viaria autonómica da provincia de Pontevedra que contan un orzamento próximo aos 500.000 euros, segundo publica o Diario Oficial de Galicia (DOG). As empresas poderán presentar ofertas ata o vindeiro 8 de febreiro.

 

Con esta actuación, o Executivo autonómico mellorará o estado do firme, para favorecer a comodidade dos usuarios e a seguridade viaria en varios treitos de estradas dos concellos de  Cambados, Barro, Meaño, Pontevedra, Ribadumia e Sanxenxo, o que supón case 20 quilómetros de actuación.

 

As principais actuacións proxectadas son as seguintes, na PO-550, repararase dende o punto quilométrico 0 ao 14+500, que pasa polos municipios de Concellos de Cambados, Meaño e Sanxenxo, concretamente, realizaranse unha rehabilitación localizada do firme, mediante fresado e reposición dos tramos deteriorados. Ademais, dende o pq 11+500 ata o final, como complemento aos fresados localizados estenderase un microaglomerado en toda a sección, e repoñerase a sinalización horizontal (travesías de Vilalonga, Vilar, Piñeiros e Fonte de Ons). Contará un orzamento de 157.000 €.

 

Na vía PO-504, dende o pq 0 ao 4+500, no Concello de Sanxenxo, levarase a cabo unha rehabilitación firme, mediante fresado e reposición dos tramos deteriorados; posteriormente, estenderase un microaglomerado en toda a sección, onde se inclúen as travesías Binquiño, Forsan, Gondariño, Gondar de Abaixo, Xuncablanca e Vilalonga, ademais, repoñerase a sinalización horizontal. O total investido serán 120.000 euros.

 

Finalmente, na estrada PO-224, dende o punto quilométrico 0 ao 10+900, que pasan polos municipios de Pontevedra e Barro, mellorarase o firme, mediante fresado e reposición dos tramos deteriorados

 

Estas tarefas completaranse nas tres estradas co repintado das marcas viarias nos treitos de actuación e a renovación dos elementos de sinalización vertical e defensas, que se atopen deteriorados que teñen por finalidade mellorar as actuais prestacións da estrada en beneficio dos usuarios.

 

As obras terán unha duración de 6 meses e proporcionarán unha rede máis cómoda e segura en beneficio dos máis de 276.000 habitantes destes concellos pontevedreses.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: