A XUNTA CONCEDE UN TOTAL DE 376.000 EUROS A 34 COMUNIDADES DE VECIÑOS DE VIGO E ÁREA AO ABEIRO DO PLAN RENOVE DE ASCENSORES

  • 12012016_RdPPlanRenoveAscensoresVigoO delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, informou esta mañá da resolución das axudas que vén de publicarse no Diario Oficial de Galicia
  • Esta iniciativa impulsa a implantación de novas máquinas máis eficientes e seguras nas comunidades de veciños
  • Os novos ascensores reducirán o consumo enerxético en máis dun 35%, co conseguinte aforro económico
  • López-Chaves animou tamén a todos os interesados a que concorran á nova convocatoria de axudas para o ano 2016 aberta ata o vindeiro 20 de abril

 

Vigo, 12 de xaneiro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, compareceu esta mañá en rolda de prensa para dar conta da resolución das axudas do Plan Renove de Ascensores.

 

O programa, pertencente á Consellería de Economía, Emprego e Industria, vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución deste tipo de subvencións que teñen coma obxecto a modificación total ou parcial dos ascensores coa finalidade de implantar novas máquinas máis eficientes e seguras nas comunidades de veciños.

 

Coma explicou López-Chaves, a instalación dun ascensor supón “un dos principais gastos das comunidades de veciños” e é por isto polo que a Xunta de Galicia ofrece este tipo de axudas buscando, coma dixo o delegado, dous obxectivos: “conseguir a redución dos custes enerxéticos e aumentar a seguridade dos ascensores”.

 

Deste xeito, na cidade de Vigo e na súa área, un total de 34 comunidades de veciños beneficiáronse deste tipo de axudas cun importe global de 376.000 euros para a modificación total ou parcial dos ascensores. No caso de modificación total a axuda máxima era de 20.000 euros e para a modificación parcial, de 10.000 euros.

 

Ademais, e coma concretou López-Chaves, o Plan Renove de Ascensores que financia a Xunta de Galicia está novamente aberto para este ano 2016, polo que animou ás comunidades de veciños interesadas en cambiar de ascensores a concorrer a esta convocatoria de axudas para o ano 2016 e que está aberta ata o vindeiro 20 de abril ou ata que se esgote o crédito. “O que queremos é dar publicidade á variedade de convocatorias da Xunta porque estou seguro que moitos vigueses descoñecen esta liña de axudas”. dixo.

 

Cómpre salientar que estas máquinas teñen un uso intensivo e supoñen unha parte moi importante do consumo enerxético dun edificio, polo que o programa contribúe á mellora da eficiencia enerxética dos fogares galegos. Non en van, os novos ascensores permitirán unha redución anual, cando menos, do 35 % no uso da enerxía convencional, e un incremento na seguridade. Os apoios inclúen os custos en equipamentos, materiais, obra civil e man de obra asociados á reforma e posta en servizo das máquinas.

 

Esta actuación encádrase no desenvolvemento do Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética nas Vivendas, posto en marcha o ano pasado e que xunto a esta iniciativa promoveu outro tipo de medidas como a implantación de fiestras ou caldeiras máis eficientes ou a instalación de equipos de xeotermia, solar térmica e aerotermia.

 

Deste xeito, o Goberno galego aposta pola promoción do aforro e a eficiencia enerxética nas vivendas galegas co obxectivo de mellorar pautas de consumo e contribuír, en última instancia, á diminución da factura enerxética das familias galegas.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: