O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL ENTREGA A MENCIÓN ESPECIAL IMSERSO 2015 A JOSÉ ANDRADE PAZ TRAS TODA UNHA VIDA DEDICADA Á DEFENSA DOS INTERESES DAS PERSOAS MAIORES

  • joser manuel rey varela fai entrega da mencion imserso 2015 a jose andrade paz

    joser manuel rey varela fai entrega da mencion imserso 2015 a jose andrade paz

    José Manuel Rey Varela gabou a actividade de Andrade Paz ao longo da súa vida en beneficio das persoas maiores e das persoas en situación de dependencia

  • A distinción entregouse en setembro do pasado ano, no evento conmemorativo do Día Internacional das Persoas Maiores celebrado polo Imserso en Vitoria- Gasteiz, ao que Andrade Paz non puido acudir

 

Santiago, 12 de xaneiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, fixo entrega esta tarde da mención especial Imserso 2015 a José Andrade Paz, dado que o premiado non puido asistir á entrega do galardón, celebrada no mes de setembro en Vitoria- Gasteiz, no marco da celebración do Día Internacional das Persoas Maiores.

 

O responsable autonómico das políticas sociais destacou que José Andrade Paz dedicou toda unha vida ás persoas maiores, defendendo as súas necesidades e intereses desde a súa posición de Consejero no Consejo Estatal de Personas Mayores, cargo que ostentou entre 1995 e 2015. No seo deste Consejo, aportou coñecemento e experiencia para a definición, aplicación e seguimento das políticas de atención, inserción social e calidade de vida, non só das persoas maiores, senón tamén de persoas en situación de dependencia.

 

Andrade Paz, continúa en activo como presidente da Asociación Gallega de Pensionistas en Vigo (ASOGAPEN), dende onde traballa para a promoción de políticas de envellecemento activo, o fomento das relacións interxeracionais e a mellora da calidade de vida das persoas maiores.

 

Rey Varela agradeceu ao premiado a súa labor ao longo de toda a súa vida así como que continúe en activo en prol dos maiores, ao mesmo tempo que Andrade Paz se amosaba feliz de recibir esta mención especial tras décadas de traballo.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: