O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO ASESORA SOBRE A SOLICITUDE DO BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL A DÚAS FAMILIAS AFECTADAS POR UN PROCEDEMENTO DE DESAFIUZAMENTO POR IMPAGO DA RENDA EN VIGO

Pontevedra, 12 de xaneiro de 2016.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo asesoraron hoxe sobre a solicitude do Bono de Alugueiro Social a dúas familias afectadas por procedementos de desafiuzamento a causa de non pagar a renda da vivenda en Vigo. Técnicos do Instituto mantiveron hoxe en Pontevedra unha reunión cos representantes da asociacións Os Ninguéns e a PAH, así como cun dos afectados, co obxectivo de explicarlle as posibles alternativas para exercer o seu dereito a unha vivenda.

 

Na reunión, a responsable provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo explicou que a Xunta conta coas axudas do Bono de Alugueiro Social, dirixidas especificamente aos afectados por desafiuzamentos por impago da renda da vivenda, indicando a conveniencia de que os interesados presenten a solicitude o antes posible.

 

O Bono de Alugueiro Social consiste nunha axuda mensual de 150 euros, por un período de doce meses prorrogable por outros doce, ademáis dunha axuda unica de 450 euros destinados a sufragar os gastos derivados da sinatura dun novo contrato de alugueiro.

 

Ademais indicáronselle ao interesados as posibilidades de realoxo en vivendas propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo ou cedidas pola Sareb ou entidades financeiras, que se destinan ao realoxo de afectados por execucións hipotecarias ou de alugueiro.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: