Mamma Mia!, o musical de ABBA, poderase ver en Galicia en 2016

unnamedStage Entertainment, a compañía responsable de éxitos como El rey León, La Bella y la Bestia ou Los miserables trae a Vigo este espectáculo que se poderá ver no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo entre o 8 e o 10 de abril de 2016. As entradas para Mamma Mia!, este exitoso musical de ABBA, están dispoñibles no servizo de venda de entradas de Afundación, en Ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, nas sedes de Afundación na Coruña, Santiago e Ourense e nos despachos de billetes da central de espectáculos de Vigo.

  • Un espectáculo que se converteu nun auténtico fenómeno musical desde a súa estrea en Londres hai 16 anos e que viron xa en todo o mundo más de 54 millóns de espectadores

 

13.01.2016. Stage Entertainment, a compañía responsable de éxitos como El rey León, La Bella y la Bestia ou Los miserables trae a Vigo este espectáculo que se poderá ver no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo entre o 8 e o 10 de abril de 2016. As entradas para Mamma Mia!, este exitoso musical de ABBA, están dispoñibles no servizo de venda de entradas de Afundación, en Ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, nas sedes de Afundación na Coruña, Santiago e Ourense e nos despachos de billetes da central de espectáculos de Vigo.

 

Mamma Mia! converteuse desde a súa estrea, hai 16 anos, nun auténtico fenómeno musical: «o 26 de marzo de 1999 ocorreu algo nunca antes visto nun teatro de Londres. Ao caer o pano no Teatro Prince Edward, as 1600 persoas do público continuaron cantando, bailando e pedindo máis. O boca a boca –relatan desde Stage Entertainment– funcionou rapidamente e a billeteira duplicou as súas vendas en 24 horas. O resto xa é historia…». Algo semellante ocorreu cando se estreou en España o 10 de outubro de 2004, no Teatro Lope de Vega de Madrid, representándose desde entón ininterrompidamente durante 7 tempadas (2004-2011), con máis de 2.100 representacións e máis de 2 millóns de espectadores,  que o converteron no musical de maior permanencia na carteleira española.

 

A actriz e cantante catalá Nina encabeza novamente un magnífico elenco de 30 actores e actrices, totalmente renovado, no papel do personaxe principal desta comedia, converténdose así na actriz que máis veces a interpretou en todo o mundo ao longo dos

 

seus 16 anos de historia. Nunha idílica illa grega, días antes de contraer matrimonio, unha moza decide convidar o seu pai á voda. Mais, quen será realmente?, cal dos tres homes que pasaron pola vida da súa nai hai xa 20 anos debería levala ao altar? Así comeza a historia de Mamma Mia!, escrita por Catherine Johnson, unha comedia musical que é unha inxección de enerxía positiva, que nos traslada á beira máis optimista e reconfortante da vida. Como di a súa directora, Phyllida Lloyd, «o éxito de Mamma Mia! foi máis alá de calquera dos nosos desexos».

 

Actualmente conviven en cartel 9 producións no mundo, foi vista por 54 millóns de espectadores e representouse en 440 cidades, incluído o West End londiniense onde segue a representarse ininterrompidamente desde a súa estrea hai 16 anos. «Neste tempo

–engaden desde Stage Entertainment– converteuse nun fenómeno musical, un fenómeno fan e un fenómeno sociolóxico que entusiasma cada noite a máis de 10.000 persoas en distintos puntos do planeta, que conseguen compartir unha experiencia única e común: rir, cantar e bailar desde a súa butaca, contaxiados polo bo ritmo e a maxia das cancións de ABBA».

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: