Concello de Vigo

Caballero envía á Xunta o borrador do proxecto para a Área Metropolitana pactado por 15 concellos

Xunto co documento remitido este xoves coa proposta para a reforma da Lei de Área Metropolitana, o alcalde de Vigo tamén lle solicita ao presidente Feijóo que convide á reunión convocada para o día 19 aos rexedores e rexedoras que queren formar parte do ente supramunicipal e que non figuran na Lei de 14 municipios para que se escoite a súa opinión.

 

Vigo contará con catro novas turboglorietas en Castrelos, Travesía de Vigo, Castelao e Gregorio Espino

A confluencia das avenidas Castrelos e Alcalde Portanet se transformará en breve na segunda turboglorieta da cidade, seguindo o modelo da instalada en Gran Vía con Illas Baleares. En opinión do alcalde, este modelo é un éxito xa que permite incrementar a velocidade e mellorar a seguridade do tráfico.

 


O Concello e a Axencia de Pesca celebrarán conxuntamente o Día de Europa en Vigo

O director da Axencia Europea de Control da Pesca, Pascal Savouret, visitou este xoves ao alcalde de Vigo para propor a celebración conxunta do Día de Europa na cidade. Abel Caballero explicou que a entidade comunitaria baralla algunhas ideas para que a xornada viguesa teña «nivel europeo».

 


Vigo valora irmandarse coa cidade chinesa de Hunan para «estreitar relacións» económicas

O alcalde recibiu este xoves a representantes do goberno da provincia chinesa de Hunan, como parte dunha iniciativa liderada por Afundación para captar inversores extranxeiros en proxectos estratéxicos galegos, nos sectores agroalimentarios e da automoción. Caballero ve «con agrado» a proposta de irmandarse coa urbe asiática se significa aumentar as opcións de atraer investimentos.

 


Arrinca este domingo a Liga Concello de Vigo de natación escolar na piscina do Carme

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiu este xoves á directiva do Club Natación Vigo Rías Baixas polo inmediato inicio da Liga Concello de Vigo de natación escolar.

 


Aberto o prazo para centros educativos do programa «Música coa escola: concertos didácticos das escolas municipais de música»

A concellería de Educación do Concello de Vigo, a través das súas escolas municipais de música, pon en marcha o programa «Música coa escola», co obxecto, un ano máis, de facer partícipes aos centros de ensino de primaria e secundaria da cidade da promoción e desenvolvemento de actividades artísticas e creativas relacionadas coa música.A data tope para presentar solicitudes será o venres 22 de xaneiro de 2016.

 


Inauguración exposición «TECIDO CRU. Deseñar e construír»

A Casa Galega da Cultura inaugura a mostra «TECIDO CRU. Deseñar e construír», organizada por ESDEMGA (Estudos Superiores en Deseño Textil e Moda de Galicia) e a Universidade de Vigo, coa colaboración do Concello de Vigo e que se poderá visitar ata o 21 de febreiro.

 

Xunta de Goberno Local

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: