MÁIS DE 1200 MOZOS E MOZAS GALEGOS PARTICIPARON NO PROGRAMA EUROPEO ERASMUS+: XUVENTUDE EN ACCIÓN EN GALICIA 2015

  • A Comunidade Autónoma de Galicia é unha das máis activas tanto no número de proxectos presentados e aprobados como nos fondos recibidos da Unión Europea
  • Un dos obxectivos do programa é que os participantes adquiran habilidades esenciais para o seu desenvolvemento persoal e profesional a través da mobilidade

 

Santiago, 14 de xaneiro de 2015.- A Dirección Xeral de Xuventude deu a coñecer o balance do programa europeo Erasmus+: Xuventude en Acción en Galicia 2015, que indica que durante o pasado ano foron aprobados en Galicia un total de 38 proxectos nos que participan arredor de 1.263 mozos e mozas. O orzamento total para o desenvolvemento destes proxectos é de 923.331€, sen prexuízo dos proxectos aprobados noutros países europeos nos que organizacións e mozos e mozas galegos participan activamente.

 

Segundo os datos de participación no programa, Galicia é unha das comunidades máis activas tanto no número de proxectos presentados e aprobados como nos fondos recibidos da Unión Europea. Deste xeito, Galicia se sitúa no grupo das rexións máis activas en canto á participación da xuventude en programas de aprendizaxe non formal.

 

Erasmus+, o programa da Unión Europea para a educación, a formación, a xuventude e o deporte, está en vigor dende o 1 de xaneiro de 2014 ata o 31 de decembro de 2020. O capítulo de Xuventude brinda apoio para que mozos e mozas adquiran habilidades esenciais para o seu desenvolvemento persoal e profesional mediante a educación non formal e informal e potencia o papel dos traballadores e das organización favorecendo a mobilidade e cooperación no ámbito da xuventude.

 

O programa Erasmus+: Xuventude en Acción estrutúrase en tres accións clave: mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe, cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas e apoio ás reformas das políticas.

 

A Acción Clave 1 do programa se centra na mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe, diferenciando dúas modalidades: a mobilidade de mozos e mozas a través de proxectos de intercambios xuvenís e Servizo Voluntario Europeo, e a mobilidade das persoas que traballan no eido da xuventude a través de proxectos de formación e intercambios de boas prácticas. No 2015  foron aprobados 30 proxectos de mobilidade de mozos e 3 proxectos de mobilidade de traballadores no ámbito da xuventude.

 

A Acción Clave 2 do programa, cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas, financia proxectos de asociacións estratéxicas no ámbito da educación, a formación e a xuventude. Nesta acción no 2015 van aprobados 3 proxectos desta acción.

Por último a Acción Clave 3, de apoio ás reformas das políticas, ten como obxectivo fomentar o diálogo estruturado entre mozos e mozas e responsables da toma de decisións no ámbito da xuventude. Nesta acción clave, no 2015 aprobáronse 2 proxectos.

 

No 2016 os prazos de presentación de proxectos nas tres accións son o 2 de febreiro, 26 de abril e 4 de outubro. Non obstante, na Acción Clave 2 os proxectos de apoio á innovación so se poderán presentar na quenda do 26 de abril e os proxectos de apoio ao intercambio de boas prácticas se poderán presentar nas tres quendas

 

No caso de proxectos centralizados a presentar ante a Axencia Executiva do programa Erasmus+:Xuventude en Acción con respecto á Acción Clave 2, haberá dúas quendas de presentación, o 2 de febreiro e o 1 de xullo, e para eventos a gran escala de Servizo Voluntario Europeo o prazo de presentación rematará o 1 de abril.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: