O DELEGADO DA XUNTA EN VIGO VISITA O CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DO CALVARIO, QUE CONTA CUNS 700 USUARIOS E USUARIAS ANUAIS

  • 14012016_DelegVigoCSCalvario2Ignacio López-Chaves mantivo esta mañá un encontro coa súa directora para coñecer as actividades de lecer e tempo libre do curso 2015-2016
  • O centro comparte tamén instalacións coa Asociación Párkinson de Vigo e cunhas oficinas do servizo de Dependencia da Xunta de Galicia
  • López-Chaves pediu ao Concello de Vigo que deixe de ser o “elemento que bloquea” importantes proxectos coma a Cidade da Xustiza ou a Área Metropolitana

 

Vigo, 14 de xaneiro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, realizou esta mañá unha visita ao Centro Sociocomunitario do Calvario. Acompañado pola súa directora, Carmen Recondo, o delegado percorreu as instalacións do centro e coñeceu de primeira man as actividades de lecer e tempo libre que un ano máis se están a levar a cabo neste curso 2015-2016 e que forman parte da rede dos Centros Sociocomunitarios dependentes da Consellería de Política Social da cidade olívica.

 

O centro Sociocomunitario do Calvario leva a cabo diversas actividades de lecer e tempo libre desenvolvendo así unha importante labor social para o día a día das persoas maiores da zona. A día de hoxe, é un importante lugar de encontro interxeneracional e de comunicación grazas ao seu servizo de cafetería, biblioteca ou sala de lectura. Organizan tamén moitas actividades, visitas culturais e obradoiros ademais de compartir instalacións coa Asociación de Párkinson de Vigo e cunhas oficinas do servizo de Dependencia da Xunta de Galicia.

 

Segundo os últimos datos, o Centro Sociocomunitario do Calvario conta cuns 700 usuarios e usuarias anuais que están a desenrolar diferentes actividades. Así, se ofrecen cursos de taichi, ioga, ximnasia, aerobic, memoria, repostería, arte floral, musicoterapia, armónica, cachibol, bailes, zumba, informática, envellecemento activo, inglés ou francés entre outros obradoiros. A maioría dos usuarios que acoden a este centro teñen entre 60 e 74 anos pero tamén hai usuarios con máis de 90 anos.

 

Na cidade olívica, a Administración autonómica xestiona 6 centros sociais, ubicados en Vigo-centro (Pi y Margall), Calvario, Coia, Bouzas, Teis e Rivera Atienza, e polos que, ao ano, pasan máis de 13.000 usuarios e usuarias. Trátase de persoas maiores que acoden a diario a estes centros a realizar múltiples actividades de lecer e tempo libre, pero tamén actividades formativas e didácticas e, incluso, de benestar físico e mental.

 

Cidade da Xustiza e Área Metropolitana

O delegado da Xunta aproveitou a visita para facer declaracións sobre outras cuestións de importancia para a cidade olívica. Así, manifestou a súa “preocupación” pola “falta de xestión” do goberno municipal con respecto á cesión da parcela ao Goberno galego para levar a cabo a construción da Cidade da Xustiza.

 

Neste senso, sinalou que “estamos coma fai seis anos e medio” lembrando os compromisos de Abel Caballero e que a día de hoxe a parcela aínda consta no Rexistro da Propiedade a nome dos seus propietarios particulares. “Comprometeuse a entregalos en dez días, a levalo ao pleno do mes de decembro pero os terreos aínda constan no Rexistro da Propiedade a nome dos seus antigos propietarios”, dixo. É por isto polo que lle recomendou que sexa “áxil na xestión” e que “non impida” que a Xunta teña dispoñibles os terreos para a Cidade da Xustiza. “O que ten que facer é resolver problemas e non crealos”, considerou, ligando a continuación este aspecto cos problemas que está a por Caballero para por en marcha a Área Metropolitana.

 

“Para a Cidade Xustiza o problema que hai é que o Concello non cedeu os terreos e a Xunta ten orzamento, elaborou e redactou o proxecto e incluso o problema derivado da anulación do PXOM vaise a resolver grazas á iniciativa presentada polo presidente Alberto Núñez Feijóo”, explicou. “Pero falta o outro elemento que son os terreos a ceder polo Concello de Vigo”, considerou López-Chaves. En verbas do delegado, o Concello “é o elemento que bloquea a posta en marcha da Cidade da Xustiza e o mesmo pasa coa Área”, dixo. “O que queremos é que dende o goberno municipal se resolvan problemas e non se creen conflitos”, especificou.

 

Pola súa banda, explicou a postura da Administración autonómica de cara á reunión do vindeiro día 19. “A Xunta convocou aos 14 concellos da Área Metropolitana que xa existe para coñecer as súas opinións sobre o que se debe modificar da actual Lei do ano 2012”.

 

Por isto, insistiu en que o alcalde de Vigo “debería asistir” a este encontro. “Non debería deixar de asistir a unha reunión da Área Metropolitana que tanto interese ten para os vigueses por un panel-coloquio que ten lugar nunha feira de turismo”, dixo.  E, en segundo lugar, matizou que a Xunta “non vai a discriminar a ninguén” e “facer exclusións” posto que “se convocou a todos os alcaldes e alcaldesas” para rematar sinalando que o obxectivo da Xunta de Galicia con este encontro “é convocar aos que forman parte da Área Metropolitana para discutir cal debe ser o camiño que debe tomar o texto actual”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: