Valoracións da CIG á saída da xuntanza de hoxe en Madrid co secretario xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medioambiente:

2016 01 14 XuntanzaSectorCercoMadridCIG.previewEstá ben que houbese esta reunión porque así sabemos o que pensa o sector noutras partes do Estado e sobre todo o que está disposto a facer o goberno de Madrid.

Na reunión, o secretario xeral de Pesca falou claro e dixo que non vai haber modificacións do sistema de reparto das cotas.

Din que hai dificultades porque o goberno está en funcións, mais o problema de fondo é o de sempre. Madrid escúdanse en que é a Xunta a que debe facer unha proposta consensuada co sector. E entón uns por outros e a casa sen barrer.

O goberno de Feijóo é o que ten que mover ficha para abrir portas de futuro para o sector. O problema é que o goberno da Xunta non exerce nin defende a xente do mar. Ata o de agora actuaron con desidia, son uns incompetentes. Non é normal que estean os mariñeiros e as familias acampadas, máis de 80 días en Santiago e mobilizándose polo seu traballo e a Xunta só se sente a recibilos cando a situación é desesperada. E normal que a esa reunión nin tan sequera asista o Presidente da Xunta? Para nós isto non é normal.

É certo que o sector esta dividido, pero esa non debe ser a excusa para que a Xunta non se sente a dialogar co sector e buscar puntos de encontro para un reparto máis xusto e que ningún barco vaia ao desguace. Parece que a Xunta está encantada coa situación de división, cando o que deberían é reunirse co sector e as organización sindicais as veces que fagan falta para traballar por unha proposta galega. A Conselleira debería deixarse de marear, e tamén de enganar, intoxicar e manipular á opinión pública e de paso insultar aos mariñeiros e as súas familias por mobilizarse. Esta xente non son delincuentes. Os delincuentes son os que teñen a solución deste conflito na man e non moven un dedo por resolvelo.

Nós temos claro que Madrid non vai solucionar os problemas do sector pesqueiro galego e do cerco en particular. Por iso defendemos que o Goberno galego ten que moverse e solicitamos á Xunta que convoque novamente o sector, a todo o sector e ás organizacións sindicais a unha reunión para traballar nunha proposta galega do cerco. Ou Feijóo e a Conselleira se comprometen en abrir portas ou será a súa responsabilidade arruinar o medio de vida de centos de familias e a economía de moitos concellos costeiros.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: