A ILUMINACIÓN DE CHENLO ESTARÁ EN PERFECTO FUNCIONAMENTO A PRINCIPIOS DA SEMANA QUE VEN

O Porriño, venres 15 de xaneiro.- O concelleiro de Vías e Obras do Porriño pediu aos veciños de Chenlo que chamen ou acudan ao Concello cada vez que teñan un problema coa iluminación, como sucedeu nos días pasados, e asegurou que os técnicos municipais atenderán “axiña” calquera incidencia que poidese haber neste eido.

Manuel Carrera adiantou que nos primeiros días da semana que ven estarán arranxados todos os puntos de luz da Entidade Local Menor, logo de que persoal municipal percorrese a mesma,  fixese un listado de incidencias e empezase xa os arranxos das 35 lámpadas defectuosas ou crebadas.

Carrera amosou a súa extrañeza polo feito de que a Entidade Local Menor presentase un escrito no Concello, o pasado 13 de xaneiro, neste sentido posto que “a última chamada dos veciños á Concellería de Vías e Obras avisando dun problema no alumeado foi o 30 de novembro e dende esa data, non tivemos constancia de máis incidentes”.

Neste particular, Carrera volveu a instar aos veciños de Chenlo a que contacten coa súa concellería “como fan os cidadáns de todas as parroquias do Porriño”, logo de ter constancia de que se estaban comunicando as incidencias a un encargado da Entidade Menor que, á súa vez, pasaba as mesmas a unha empresa que non foi contratada polo Concello.

O  concelleiro rexeita calquera desencontro por parte do Goberno local “nin neste nin en ningún outro tema”, de feito está a piques de rematar a proposta de convenio anual que deben asinar o Concello e a Entidade Local Menor “que ten como obxectivo principal o benestar dos veciños de Chenlo”.

 

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: