POLÍTICA SOCIAL FOMENTA A FORMACIÓN DA MOCIDADE GALEGA NO EXTERIOR CUNHA INVERSIÓN DE 2,2 MILLÓNS DE EUROS PARA 2016 NO PROGRAMA DE MOBILIDADE TRANSNACIONAL GALEUROPA

  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado participou hoxe na Baña na II Conferencia do proxecto Welcome que reúne a medio centenar de representantes de doce de países europeos: España, Italia, Hungría, Malta, Eslovaquia, Romanía, Estonia, Letonia, Chipre, Grecia, Bulgaria e Francia
  • Cecilia Vázquez asegurou que “as iniciativas de mobilidade teñen como finalidade mellorar a formación da mocidade galega, ampliando o currículo laboral a través dunha experiencia internacional”
  • O fomento da mobilidade xuvenil en Europa é un dos eixes preferentes do Plan estratéxico de Xuventude 2014-2016
  • Galeuropa enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo

 

A Baña (A Coruña), 15 de xaneiro de 2015.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou no día de hoxe no municipio coruñés da Baña na II Conferencia do proxecto Welcome que reunirá ata mañá sábado ao redor de medio centenar de representantes de municipios e de entidades procedentes de doce de países europeos: España, Italia, Hungría, Malta, Eslovaquia, Romanía, Estonia, Letonia, Chipre, Grecia, Bulgaria e Francia. Alí, a directora xeral lembrou que a orde do programa de mobilidade xuvenil Galeuropa estará dotada en 2016 con 2,2 millóns de euros. O proxecto Welcome enmárcase no programa europeo Europe for Citizens 2014-2020, que pretende fortalecer unha rede de cooperación entre as cidades participantes en temas vinculados á migración, os dereitos humanos e a cidadanía activa.

 

Vázquez Suárez subliñou que o fomento da mobilidade xuvenil en Europa é un dos eixes preferentes do Plan Estratéxico de Xuventude 2014-2016, xa que “a mobilidade non é un fin en si mesmo e debe entenderse como a adquisición de novas capacidades nun entorno cultural e social novo, tanto a través da formación académica como das prácticas profesionais e mesmo dos propios procesos de educación non formal que conleva a participación nestes programas”.

 

A directora xeral tamén afirmou que “as iniciativas de mobilidade teñen como finalidade mellorar a formación da mocidade galega, ampliando o currículo laboral a través dunha experiencia internacional e que estas experiencias poden ser de moita utilidade para complementar ensinanzas académicas con experiencias e competencias adquiridas mediante a participación xuvenil e a mobilidade”.

 

Galeuropa enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado  pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo e ten por obxecto a concesión de axudas para proxectos de mobilidade transnacional dirixido a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades ou empresas públicas ou privadas de 31 países europeos.

 

A finalidade deste programa de mobilidade transnacional xuvenil é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos mozos, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, ao tempo que se apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: