A XUNTA ADXUDICOU XA 10 VIVENDAS A FAMILIAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN OU EN SITUACIÓN DE DESAFIUZAMENTO EN VIGO E A SÚA ÁREA

  • VivendaTomiñoO delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, pediu maior compromiso ao Concello de Vigo xa que ningún dos casos solucionados polo Goberno galego na cidade olívica foron coñecidos a través da administración local
  • A Xunta ten detectado que Vigo é a cidade galega con máis problemas sociais relacionados coa vivenda e está a por solucións a todos os casos que se coñecen
  • Hoxe mesmo, unha familia viguesa do Calvario en risco de desafiuzamento visitou unha vivenda en Tomiño que se axusta as súas necesidades ademais de quedar suspendido o lanzamento doutra familia de Teis que ía a producirse esta semana

 

Vigo, 18 de xaneiro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, informou esta mañá en rolda de prensa que, grazas as medidas tomadas polo Goberno galego para evitar desafiuzamentos, xa foron adxudicadas 10 vivendas a familias en risco de exclusión ou en situación de desafiuzamento na cidade de Vigo e na súa área.

 

López-Chaves lembrou a “política de compromiso” da Xunta coas medidas tomadas e os acordos rubricados coa Sareb e tres entidades financeiras (Abanca, Caixa Rural e Banco Sabadell) para dispor de vivendas baleiras coa fin de destinalas a familias en risco de desafiuzamento ou noutras situacións de dificultade. “A política social que persegue a Xunta de evitar que familias en risco poidan perder a súa vivenda está a dar os seus froitos”, considerou o delegado, quen especificou que en Vigo foron adxudicadas 5 vivendas –tres da Sareb e 2 de Abanca- mentres que se solucionaron outros dous casos no Porriño e dous máis en Salvaterra do Miño. Ademais, hoxe mesmo, unha familia viguesa en risco de desafiuzamento visitou unha vivenda en Tomiño que se axusta as súas necesidades ademais de ter confirmación da suspensión do lanzamento doutra familia de Teis que ía a producirse esta mesma semana.

 

O delegado explicou que dende a Xunta se está a detectar que Vigo é a cidade galega “con máis problemas sociais relacionados coa vivenda” e que se están a coñecer os casos “por distintas vías” coma é o caso das asociacións Os Ninguéns ou Stop Desafiuzamentos pero non polo canle oficial, que debería ser o goberno municipal. “A pesares de que en Vigo temos a maior problemática social de desafiuzamentos, vemos que a administración local non informa ás persoas que poden acollerse aos programas da Xunta das súas posibilidades.  A política social do Concello non é a adecuada”, considerou o delegado, quen pediu “maior compromiso” ao alcalde, Abel Caballero. “Ningún dos supostos solucionados en Vigo foi comunicado polo concello”, informou López-Chaves, situación que lle parece “sorprendente” toda vez que “a porta de entrada das políticas sociais son os concellos”.

 

Pola súa banda, insistiu en que é a Xunta a que está a por solución a estes problemas cando se ten coñecemento deles pero sen a cooperación do Concello de Vigo. “Estamos a resolver casos concretos”, valorou, agradecendo así a colaboración de entidades coma Os Ninguéns “preocupadas en poñer en coñecemento da Xunta estes casos nos que se está a actuar”.

 

Nestes momentos a Administración autonómica está a dar resposta a unha familia viguesa do Calvario cunha vivenda en Tomiño que xa aceptou (xúntanse fotografías) ademais de solicitar o aprazamento ao Xulgado da orde de desafiuzamento para esta mesma semana. E o mesmo sucedeu con outra familia de Teis, a que tamén se lle solicitou un aprazamento dende a Xunta de Galicia ademais de prestarlle asesoramento sobre a solicitude do Bono de Alugueiro Social e resolver a concesión dunha axuda de 1.065 euros. Para este caso, esta mesma mañá se coñecía a suspensión do lanzamento da súa vivenda.

 

Por último, López-Chaves incidiu no feito de que dende a Consellería de Infraestruturas e Vivenda tamén se pediu ás entidades financeiras “un especial esforzo” na nosa cidade para que cedan máis vivendas en Vigo debido á problemática detectada e que dende o Concello de Vigo se teñan “sensibilidade social” con este tipo de casos.

 

Área Metropolitana

Por outra banda, o delegado da Xunta tamén falou da Área Metropolitana de cara á reunión que terá lugar mañá na Delegación da Xunta co Vicepresidente e cos 14 alcaldes que forman parte xa da Lei de Área Metropolitana.

 

E neste senso insistiu en pedirlle ao rexedor de Vigo que “asista á reunión” ademais de lembrar que o obxectivo da mesma é “poñer en común” o traballo feito nos últimos meses tras as reunións coas corporacións locais dos 14 concellos para ver “en qué medidas se ten que reformar a vixente lei para mellorala dacordo ás solicitudes das corporacións”, rematou.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: