O portugués Pedro Neves dirixirá a Real Filharmonía de Galicia a próxima semana en Vigo
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta a próxima semana en Vigo o seu primeiro concerto da nova tempada de música clásica, nesta ocasión coa Real Filharmonía de Galicia (RFG) dirixida polo portugués Pedro Neves e con Javier Simó como trompetista solista. O recital, composto por obras de Cherubini, Bach e Beethoven, terá lugar o xoves 28 de xaneiro ás 20.30 h. no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As entradas pódense adquirir mediante as canles habituais de comercialización de espectáculos da entidade: a web Ataquilla.com e o teléfono 902 504 500. Ademais, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas.