Xoves en Vigo | Presentación dos “Xoguetes do tempo” de Xosé Luís Franco Grande

Xoguetes do tempo, en Vigounnamed

Xosé Luís Franco Grande presenta este xoves ás 20h na Casa do Libro o seu novo pomeario acompañado de Xesús Alonso Montero, presidente da RAG, e Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia.

Xosé Luís Franco Grande presenta o seu novo poemario o xoves ás 20h na Casa do Libro de Vigo

Xosé Luís Franco Grande presenta este xoves en Vigo o seu último poemario,Xoguetes do tempo, no que conviven o persoal e o externo, o eu e o seu arredor, as vivencias do mundo que de distintas maneiras nos preme, o natural e o histórico. A cita será ás 20h na Casa do Libro e o autor estará acompañado de Xesús Alonso Montero, presidente da RAG, e Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia.

A traxectoria poética de Franco Grande caracterízase por estar artellada sobre a unidade e a recorrencia. O transcorrer do tempo en calquera dos seus aspectos, a vida pasada, sobre todo a infancia, o interese polo efémero, o anuncio da morte, a soidade… constitúen o fondo dos seus poemas. O poeta endexamais deixa de reflexionar sobre si, cunha voz na que domina o ton confesional e unha linguaxe que busca a autenticidade.

Como salientou a crítica, especialmente X. L. Méndez Ferrín, case toda a obra de Franco Grande ten un tema central: a vivencia do propio “eu”, en distintos estadios de desleixamento do mundo. Nese senso o seu texto poético é unha mística da soidade. Como os místicos, escolma unha fala simple e recorre ao símbolo e mais á exclamación para comunicar vivencias inefables.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: