A XUNTA DE GALICIA AUMENTARÁ ESTE ANO O NÚMERO DE PRAZAS SOSTIDAS CON FONDOS PÚBLICOS NOS CENTROS DE DÍA E OCUPACIONAL PARA PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL DE AMBAR

  • O titular da carteira autonómica de Política Social anunciou o incremento de tres novas prazas no centro de día e outras dúas no centro ocupacional e prelaboral, de maneira que antes de que remate a presente anualidade o número total de prazas concertadas nestes dous centros será de 58.
  • Rey Varela destacou o traballo que están a facer en Galicia no ámbito da discapacidade entidades como Ambar, coas que o Goberno galego “comparte o obxectivo de que estas persoas poidan ter as mesmas oportunidades que o resto da sociedade”

Ribeira (A Coruña), 19 de xaneiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, desprazouse esta mañá a Ribeira para coñecer de primeira man os centros de día e ocupacional que xestiona neste municipio coruñés a Asociación de Minusválidos da Barbanza (Ambar) das persoas con diversidade funcional,e despois manter unha xuntanza de traballo cos responsables directivos desta entidade. Deste xeito, Rey Varela continúa coa rolda de visitas ás organizacións e equipamentos de carácter social coa finalidade de atender as súas propostas e intensificar o diálogo e colaboración coas mesmas de cara a seguir mellorando as políticas sociais.

 

O conselleiro anunciou durante a visita un incremento de prazas financiadas con fondos públicos nestas dúas instalacións de Ambar. En concreto, a Xunta de Galicia habilitará tres novas prazas no centro de día e outras dúas no centro ocupacional e prelaboral. Isto supón que antes de que remate este ano a administración autonómica sosterá con fondos públicos un total de 58 prazas nestas dúas infraestruturas dende as que prestará servizos de atención, asesoramento, terapéuticos e ocupacionais tanto a persoas con diversidade como a familiares das mesmas que residen na comarca do Barbanza. A día de hoxe, o centro ocupacional de Ambar conta con 45 prazas, todas elas concertadas; e o centro de día dispón dun total de 20, das que 8 contan con subvención pública. Así mesmo, este incremento de prazas concertadas irá acompañado dunha subida superior ao 10% na liña de colaboración económica que o Goberno galego mantén coa entidade Ambar, ata chegar neste exercicio aos 461.149 euros.

 

Rey Varela quixo destacar o traballo que están a facer en Galicia no ámbito da discapacidade funcional Ambar e outras entidades e asociacións sen ánimo de lucro, coas que “a Xunta comparte o obxectivo de que estas persoas poidan ter as mesmas oportunidades que o resto da sociedade”. Nesta liña, sinalou que “a obriga de calquera Goberno responsable é ser sensible coas necesidades que presentan estes colectivos e, por iso, dende a nova Consellería de Política Social avogamos por intensificar e abrir novas vías de diálogo e colaboración coas entidades sociais como Ambar poñendo á súa disposición máis recursos”. Rey Varela insistiu en que “coordinarse e traballar conxuntamente é o bo camiño para poder acadar a igualdade de dereitos e oportunidades das persoas con discapacidade”.

 

Máis recursos públicos para a atención á discapacidade

 

Ademais, a Dirección Xeral de Maiores e Discapacidade aumentou o seu peso nos Orzamentos da Xunta para 2016 ata chegar aos 281,3 millóns de euros. Para a presente anualidade de 2016, no que atinxe a atención ás persoas con discapacidade, a Consellería de Política Social pon en marcha novas iniciativas con financiamento europeo. Estas son: unha liña de axudas para a eliminación de barreiras arquitectónicas, a creación dun banco de produtos de apoio e axudas individuais destinado a adquisición de servizos da autonomía persoal, a modernización de centros públicos con novos equipamentos tecnolóxicos que sirvan de apoio para a atención dos usuarios e melloren as condicións de traballo dos profesionais (cun investimento de 2,9 millóns de euros); e novos programas de formación e asesoramento para coidadores/as de persoas con discapacidade. Así mesmo este ano A Consellería reforza nun 20% o apoio económico ás federacións integrantes no CERMI acadando esta partida os 3,6 millóns de euros.

 

Asociación de Minusválidos da Barbanza

 

A entidade que hoxe visitou o responsable da carteira galega de Política Social foi fundada no ano 1982 e na actualidade conta con máis dun milleiro de socios. Dende entón apoia e prestan servizos a persoas con diversidade funcional e ás súas familias nos concellos de Pobra, Ribeira, Rianxo, Boiro, Porto do Son e tamén doutros concellos próximos. Así mesmo, colabora coas entidades públicas e privadas que participan na intermediación deste colectivo e a súa participación económica e social.

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: