APROBADAS AS BASES PARA A PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE COMPARSAS DO ENTROIDO DO PORRIÑO

IMG_0024O Porriño, martes 19 de xaneiro.- O Concello do Porriño ven de aprobar as bases do Concurso de Comparsas do Entroido 2016, que poden consultarse na Casa do Concello e no Centro Cultural. Nas mesmas indícase que poderán participar no concurso aquelas comparsas compostas por un mínimo de 10 persoas, podendo competir nas categorías Infantil (ata 12 anos) e Adulto (de 13 anos en adiante).

As inscripcións poden facerse na primeira planta do Centro Cultural Municipal dende o mércores 27 de xaneiro ao martes 2 de febreiro, en horario, de luns a venres, de 9 da mañá a 3 da tarde. A inscripción é obrigatoria para optar aos premios, aos que este ano o Goberno local destina un total de 30.000 €. Tamén será obrigatorio participar no desfile do sábado e martes de Entroido, ademáis do Mércores de Cinza no acompañamento do Enterro da Sardiña.

Os premios, para as dúas categorías, Intantil e Adulto, se establecen segundo os integrantes de cada comparsa; para as que teñan de 10 a 19 membros o premio será de 300 €; para as de 20 a 39 compoñentes, de 500 €; as que reúnan entre 40 e 55 integrantes, 800 €, e para as que superen os 56, haberá un premio de 1.000 €.

O sábado 6 de febreiro, a saída das comparsas será dende a rúa Antonio Palacios, seguindo por Domingo Bueno, Praza de San Sebastián e chegada á Praza de Antonio Palacios.
O Martes, 9 de febreiro, partirán da Praza de San Sebastián, para chegar á Praza de Antonio Palacios.
O Enterro da Sardiña comezará co Velorio (de 5 a 7 da tarde) do Mércores de Cinza, día 10 de febreiro, saíndo a comitiva do Círculo Recreativo Cultural para continuar pola rúa Antonio Palacios, Domingo Bueno, Baixada pola Igrexa e chegada a Antonio Palacios.

A alcaldesa, Eva García de la Torre, invita a todas as porriñesas e porriñeses a participar dunha das festas máis concorridas da vila na que, “cada ano, a orixinalidade e a imaxinación dos participantes sorprendenos a todos e serven, ademáis de para rir e bailar, para aproveitar uns días de lecer no que os veciños saen á rúa para disfrutar todos xuntos”.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: