LÓPEZ-CHAVES PIDE AO ALCALDE DE VIGO QUE EXECUTE O APARCADOIRO MUNICIPAL NO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO E “NON BUSQUE ESCUSAS”

  • 19012016_RdPDesafiuzamentosAparcadoiroHACO delegado territorial da Xunta en Vigo informou hoxe que o Concello de Vigo aínda non tramitou as autorizacións necesarias ante Augas de Galicia para construír o aparcamento en superficie “que comprometeu hai catro meses”
  • Augas de Galicia requiriu documentación ao goberno local o pasado 9 de decembro con respecto ás actuacións a realizar no entorno do río Barxa pero, a día de hoxe, “non tivo contestación”
  • No que atinxe ás persoas en risco de perder a súa vivenda, López-Chaves insistiu en que “a Xunta non fai desafiuzamentos” e que en todo caso axuda e pon solucións aos problemas dos que se teñen coñecemento
  • Lembrou as 10 medidas adoptadas polo Goberno galego para evitar os desafiuzamentos porque “a Xunta actúa mentres o Concello se esconde”

 

Vigo, 19 de xaneiro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, pediu hoxe ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, que execute o aparcadoiro municipal que comprometeu no entorno do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) e “non busque escusas para non facer o que dixo que ía facer”.

 

En rolda de prensa, López-Chaves lembrou que o rexedor vigués se comprometera no mes de setembro a construír un aparcadoiro gratuíto que estaría listo para a primavera sinalando que “xa pasaron catro meses” e “non fixo nada”.

 

Para o delegado autonómico na cidade, Caballero soamente “busca escusas para non facelo” posto que, coma informou, “nin sequera tramitou as autorización necesarias” para levar a cabo a súa construción. Referiuse así á autorizacións necesaria de Augas de Galicia debido a existencia do río Barxa e os seus afluentes na zona onde está previsto o aparcadoiro municipal. Coma explicou López-Chaves, o Concello informou a Augas de Galicia da súa intención de executar dito aparcadoiro pero a día de hoxe “non está tramitado o expediente”. O organismo autonómico requiriulle documentación ata en dúas ocasións, a última o pasado 9 de decembro pero “non tivo contestación”. “Non vai cumprir o seu compromiso nun solar cedido gratuitamente pola Zona Franca”, insistiu.

 

Por outra banda, pediulle que se preocupe polo tráfico e seguridade na zona porque se trata de asuntos de competencia municipal. “Ten que garantir a seguridade e os accesos dos autobuses e das ambulancias. Caballero non está a asumir as súas responsabilidades”, considerou, lembrando que cada día pasan polo recinto hospitalario entre 8.000 e 10.000 persoas sendo coñecedor desta situación dende que se estaba a tramitar o Plan Sectorial do Novo Hospital por parte do goberno bipartito.

 

 

Desafiuzamentos

Por outra banda, López-Chaves contestou ás declaracións feitas onte polo alcalde de Vigo sinalando que “perdeu os papeis”. “Parece que tivo un ataque de hipertensión verbal”, considerou para continuar sinalando que non ía a contestar insultos.  “Cada un fai política coma é. Non vou responder insultos de Caballero porque non me importa que me insulten por defender a miña cidade”, rematou. O que si dixo e que “os vigueses non somos así e sabemos comportarnos e non actuar con ese ataque de hipertensión verbal que tivo onte”.

 

E xustificou a súa postura por descoñecer as medidas que a Xunta de Galicia adoptou para evitar os desafiuzamentos. “Non coñece as 10 medidas que adoptou a Xunta para atender persoas que poden chegar a perder a súa vivenda coma consecuencia dunha execución hipotecaria ou un desafiuzamento”, dixo. Neste senso, lembrou que elaborou un documento con esas 10 medidas entre as que se atopan o programa Reconduce, Realoxa, os convenios firmados coa Sareb ou as entidades bancarias, coa Fegamp e ou co CXPX, entre outras, para evitar os desafiuzamentos.

 

Deixou claro que a Xunta “non fai desafiuzamentos” e que cando hai un problema en Vigo neste ámbito “a Xunta resolve e o Concello se esconde”. “A Xunta axuda” e está a por solucións a este tipo de problemática mentres que “a política social brilla pola súa ausencia”. Recomendou así a Caballero que visite o departamento municipal de Benestar Social e preste “apoio político” aos traballadores sociais “porque carecen de instrumentos e medios para atender o que hai agora na cidade”.

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: