MARCO: últimos días expos + próximas inauguracións /5 FEBR

Última semana das exposicións Produccións e procesos na Colección DKV,

e Fernando García. Canaval

Próximas inauguracións o 5 de febreiro:

MARIA LUISA FERNÁNDEZ. Je, je… luna, na planta baixa

JUNE CRESPO. Kanala, no Anexo

 unnamed

 

Este domingo 24 de xaneiro clausúranse no MARCO as mostras Producións e procesos na Colección DKV nas salas da planta baixa, e Canaval, de Fernando García, no Anexo.

A primeira, froito da colaboración entre DKV Seguros e o MARCO, comisariada por Alicia Ventura, reúne obras de 11 artistas pertencentes á Colección DKV que son resultado de programas de bolsas de produción e premios de adquisición entre os anos 2011 e 2015, incluídas as propostas de Misha Bies Golas e Patricia Dauder, gañadores das bolsas de produción convocadas con motivo desta exposición.

Canaval, de Fernando García, é a penúltima entrega do programa Intertextual, comisariado por Ángel Calvo para o Anexo, a sala de proxectos no vestíbulo principal. A partir do 5 de febreiro, a mostra da artista vasca JUNE CRESPO, Kanala, pechará o ciclo.unnamed (1)

Na mesma data terá lugar a inauguración daretrospectiva de MARIA LUISA FERNÁNDEZ (Villarejo de Órbigo, León, 1955), un proxecto de Azkuna Zentroa comisariado por Beatriz Herráez, nas salas da planta baixa. Baixo o títuloje, je… luna, a exposición formula un percorrido polo traballo desta artista (afincada en Vigo e profesora na Facultade de BBAA de Pontevedra dende 1992) no que se relacionan distintos grupos de esculturas, debuxos e instalacións que, ata agora, non se mostraran de xeito retrospectivo.

As obras, producidas entre 1979 e 1997, forman parte de distintos ensaios e achegamentos á figura dun Artista idealque está presente na produción da escultora ata a súa última mostra individual en 1997.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: