Archive | enero 19, 2016

La legendaria noche de Martin Solveig en la isla blanca ‘ My House’ regresa a Pacha

La legendaria noche de Martin Solveig en la isla blanca ‘ My House’ regresa a Pacha

Ibiza verá al carismático DJ cada miércoles por la noche, una vez más junto a una serie de invitados especiales desde el 25 de mayo hasta el 5 octubre de 2016

unnamed (1)

Compra tu entrada aquí: http://bit.ly/MyHouse2016

Después de un maravilloso 2015, que ha visto a Martin Solveig en el UK Top 5 por primera vez con su hit ‘Intoxicated’, el carismático francés y residente de Pacha desde tiempo atrás ha anunciado que volverá a traer lo mejor del house a Ibiza, una vez más, con el regreso de ‘My House’ en 2016.

Desde el 25 de mayo al 5 de octubre, y con un total de 20 fechas a lo largo de la temporada, ‘My House’ verá a Martin acompañado por algunos de los mejores DJ’s de la isla mientras celebra sus 11 años en Pacha.
Diplo, Mark Ronson, A- Trak y 2manydjs fueron sólo algunos de los djs invitados en 2015, y este año nos preparamos para elevar el listón más alto aún. Pacha y Martin Solveig están muy contentos de presentar una de las noches más locas en Ibiza, con la mejor música del propio Martin y de los mejores artistas del panorama internacional electrónico actual; trayendo el inconfundible carisma en cabina de Martin y su universo musical único al público ibicenco, todo bajo el techo de ‘My House’.

#MyHouse2016

Inauguración exposición “Flores/Retratos” de Imogen Cunningham Recibidos x

unnamedLa Fábrica arranca 2016 homenajeando a la fotógrafa norteamericana Imogen Cunningham en el cuarenta aniversario de su muerte

La exposición Flores/Retratos reúne una quincena de fotografías en blanco y negro de dos de los géneros que la autora trató de forma más amplia durante toda su carrera

La selección muestra cómo Cunningham utilizó la luz natural y la composición de ambientes para crear delicadas, íntimas y sensuales fotografías

La exposición se inaugurará mañana miércoles 20 de enero a las 19.30h y permanecerá abierta hasta el 19 de febrero

Imogen Cunningham es la autora de la imagen de portada del nuevo número de la revista Matador. A la venta a finales de enero, el volumen R estará dedicado a la Botánica e incluirá algunas de sus fotografías de flores

Más información: www.lafabrica.com

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL CONTINÚA COA SÚA QUENDA DE REUNIÓNS COS ALCALDES GALEGOS NA PROCURA DE MELLORES SERVIZOS SOCIAIS PARA A POBOACIÓN GALEGA

  • O conselleiro e mais o alcalde do municipio ourensán acordaron continuar coa colaboración emprendida en ámbitos como a infancia, os maiores ou a dependencia

 

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manten un encontro co alcalde de Vilamarín, Amador Vazquez Vazquez

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manten un encontro co alcalde de Vilamarín, Amador Vazquez Vazquez

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2015.- A Consellería de Política Social continúa avanzando na rolda de encontros cos rexedores dos municipios galegos para acadar melloras na atención e nos servizos sociais destinados aos galegos e galegas.

 

Deste xeito, o Goberno galego e as entidades locais adquiren o compromiso de optimizar os recursos autonómicos e municipais na busca dunha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada concello. Froito desta quenda de encontros, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse esta mañá en San Caetano co alcalde do municipio ourensán de Vilamarín, Amador Vázquez Vázquez.

 

Na xuntanza, que tivo lugar nas dependencias de San Caetano, conselleiro e alcalde acordaron continuar coa colaboración emprendida entre as dúas institucións en ámbitos como a infancia, os maiores ou a dependencia. Cómpre destacar que a Consellería de Política Social investiu 45.000 euros no Concello de Vilamarín para a redacción dun proxecto para estudar a posibilidade da posta en marcha un centro de día segundo o modelo do prototipo. Así tamén cómpre destacar o incremento do 17% no Servizo de Axuda no Fogar ou a adscrición do municipio ourensán ao programa Xantar na Casa. Ademais, ambos dous mandatarios estudaron novas vías de colaboración para mellorar os servizos orientados á poboación.

A ALCALDESA DO PORRIÑO COMPROMÉTESE A ACELERAR A AMPLIACIÓN DE LONZA

Lonza1Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño, mantivo unha xuntanza de traballo con representantes de Lonza para tratar da ampliación da fábrica, unha necesidade “imprescindible” para que a compañía, líder a nivel mundial, poida completar o seu proxecto de expansión.

Segundo salientou o director xeral de Lonza Porriño, Luis Sánchez Ureña, o mesmo permitiría “duplicar a producción” e aumentar “significativamente” a súa plantilla, composta na actualidade por 352 traballadores, 295 das cales son fixos e 57 temporais.

A ampliación da planta-que ocupa unha extensión de preto de 35.500 metros cadrados- pasa, segundo lembrou o concelleiro de Urbanismo, Marcelino Coto, pola ‘modificación puntual’ do planeamento urbán, un trámite que a alcaldesa comprometeuse a acelerar solicitando unha entrevista co Goberno de Galicia, coa finalidade de que se remate axiña o informe previo de impacto ambiental.

O director xeral de Lonza Porriño sinalou que o obxectivo é que as obras poidan empezar en 2017, indicando que as mesmas facilitarán  que a planta acade un volumen de negocio de 1.500 millóns de euros na vindeira década.
García de la Torre e Sánchez Ureña, tamén estudaron a posibilidade de que, como xa plantexou a alcaldesa ao Clúster do Granito e ao da Automoción, o Concello e Lonza colaboren na formación de desempregados de cara a súa integración laboral, un eido no que Lonza Biologics Porriño ten unha  experiencia continuada cuia meta é dispor, nun prazo de dous anos, de persoas preparadas para incorporarse á fábrica porriñesa ou a calquera do grupo en todo o mundo.

A XUNTA DE GALICIA DESTACA O TRABALLO E A SOLIDARIEDADE DAS ENTIDADES SOCIAIS E AVOGA POR ABRIR NOVAS VÍAS DE DIÁLOGO, COLABORACIÓN E COORDINACIÓN

  • O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro cos responsables da Asociaci—n Dios y Pan.

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro cos responsables da Asociaci—n Dios y Pan.

    O responsable do departamento autonómico de Política Social lembrou o incremento en máis dun 24% do orzamento en inclusión social, ata chegar aos 86,5 millóns de euros, así como o carácter transversal coa participación de varias Consellerías no Plan Social contra a Desigualade Económica

  • Rey Varela sinalou que “o obxectivo de non deixar a ningunha persoa nin familia desprotexida é unha meta que debemos afrontar entre todos e na que todos temos que sumar: Xunta, deputacións, concellos e entidades sociais”

 

Santiago, 18 de xaneiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse esta mañá no seu despacho de San Caetano con membros da xunta directiva da Asociación Dios y Pan, organización humanitaria que dende a súa fundación en 1997 dedícase a prestar apoio ás persoas con menos recursos económicos e que centra o seu ámbito de actuación no municipio de Ferrol. Este encontro enmárcase na rolda de entrevistas que Rey Varela está a manter con diferentes entidades de Galicia co obxectivo de coñecer en primeira persoa as actividades que levan a cabo e, ao mesmo tempo, abordar os eixes de actuación prioritarios para a Xunta en materia social.

 

O titular da carteira autonómica de Política Social salientou a solidariedade dos membros de Dios y Pan coas persoas e familias que máis precisan de axuda. Así, esta ONG dedícase á entrega de víveres e produtos de primeira necesidade, como roupa ou calzado. “A loita contra a exclusión social  e a erradicación da pobreza é un dos obxectivos fundamentais do Goberno galego”, apuntou. De feito, a nova Consellería de Política Social aumentou en máis dun 24% as partidas orzamentarias destinadas á inclusión, ata chegar aos 86,5 millóns de euros. Ademais, a Xunta está a traballar no desenvolvemento do Plan Social contra a Desigualdade Económica, que para este ano 2016 ten unha consignación orzamentaria que supera os 20 millóns de euros achegados por varios departamentos autonómicos.

 

Por último, Rey Varela insistiu en que “o obxectivo de non deixar a ningunha persoa nin familia desprotexida é unha meta que debemos afrontar entre todos e na que todos temos que sumar: Xunta, deputacións, concellos e entidades sociais”. Neste sentido, o conselleiro avogou por seguir intensificando o diálogo e as vías de colaboración con outras administracións e organizacións do ámbito social coa finalidade de que Galicia dispoña dunha rede de servizos sociais aínda máis ampla e eficaz.