A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL TENDE A MAN A NOVAS COLABORACIÓNS COA ASOCIACIÓN GALEGA DE TERAPEUTAS OCUPACIONAIS
-
O conselleiro de Poltica Social, Jos Manuel Rey Varela, manter un encontro cos responsables da Asociacin de Terapeutas Ocupacionais.
Rey Varela destacou a labor da Asociación en prol da promoción da Terapia Ocupacional como disciplina socio sanitaria
Santiago, 20 de xaneiro de 2016.- O Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro esta mañá coa Asociación Galega de Terapeutas Ocupacionais (APGTO), co obxectivo de coñecer de primeira man os programas que desenvolven así como abarcar novas liñas de colaboración. O encontro, no que participou tamén a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez, forma parte da rolda de entrevistas que o titular da carteira de Política Social está a manter coas entidades, organizacións e axentes de Galicia que levan a cabo a súa actividade no ámbito dos servizos sociais. APGTO estivo representada pola súa presidenta, Andrea Alonso, a vicepresidenta, Sabela Gómez e a vocal de lexislación e relacións institucionais, Bibiana Ramón.
Rey Varela destacou a labor que realiza APGTO desde a súa creación, no ano 1983, en prol da promoción da Terapia Ocupacional en Galicia como disciplina sociosanitaria, ao tempo que defenden os intereses dos seus asociados. Así mesmo, o Conselleiro tendeu a man á Asociación de cara a posibles futuras colaboracións.
Os eixos da actividade da Asociación de Terapeutas Ocupacionais xiran entorno á formación e información para socios e terapeutas ocupacionais, a defensa da profesión e o mantemento das relacións con institucións e organizacións do seu ámbito. Para elo, desenvolven diferentes proxectos como a elaboración da revista TOG, o Blog XunTOs ou a xestión de redes sociais da Asociación coma o Facebook APGTO.