A XUNTA CONVOCARÁ HOXE AO CONCELLO DE VIGO A UNHA XUNTANZA SOBRE OS ACCESOS DA QUE SERÁ A PRIMEIRA ESTACIÓN INTERMODAL DE GALICIA

  • EthelVázquezVigo1Vázquez indica que a estación intermodal, na parte de autobuses contará con 21 dársenas susceptibles de ampliación e unha superficie duns 9.000 m2
  • A nova infraestrutura compartirá servizos coa estación de ferrocarril, buscando tanto a optimización de investimentos como a comodidade dos usuarios
  • A conselleira reitera que a execución da intermodal levarase a cabo “contra vento e mareas” e acusa a AGE-Mareas-Podemos de “bloquear o desenvolvemento do transporte público en Vigo e de Vigo co resto de Galicia”

 

Vigo, 20 de xaneiro de 2016.- Ethel Vázquez sinala que a Xunta solicitará hoxe unha nova reunión co Concello de Vigo para consensuar a execución dos accesos da terminal de autobuses e acadar a primeira cidade galega con estación intermodal.

 

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves; a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas; e representantes de ADIF analizaron hoxe in situ os primeiros traballos para a redacción do proxecto básico e de execución da terminal de autobuses da futura intermodal de Vigo.

 

Vázquez explicou que estes traballos comezan polo levantamento topográfico da parcela que acollerá esta terminal. Concretou que só o contrato deste proxecto supón un investimento de 350.000 euros e 9 meses de traballo, polo que se disporá do documento dentro deste mesmo ano.

 

A responsable de Infraestruturas manifestou que a estación intermodal, na parte de autobuses contará con 21 dársenas susceptibles de ampliación e unha superficie duns 9.000 m2. Ademais compartirá servizos coa estación de ferrocarril, buscando tanto a optimización de investimentos como a comodidade dos usuarios.

 

Ethel Vázquez salientou que coa sinatura deste contrato ponse de manifesto a vontande da Xunta para que Vigo sexa a primeira cidade de Galicia que conte cunha estación intermodal. A conselleira reitera que a execución da intermodal levarase a cabo “contra vento e mareas” e acusa a AGE-Mareas-Podemos de “bloquear o desenvolvemento do transporte público en Vigo e de Vigo co resto de Galicia”.

 

Vázquez explicou que o obxectivo do Goberno galego é atopar unha solución urbanística para poder desenvolver este proxecto na súa integridade, unha cuestión en plena sintonía co Concello de Vigo.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: