MIGUEL TELLADO SALIENTA QUE GALICIA “LEVA 21 MESES CONSECUTIVOS CON SUBIDAS DE AFILIACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL”

 Lembrou que a Xunta de Galicia ten previsto destinar en 2016 cerca de 50 millóns de euros na mellora da empregabilidade dos galegos

Santiago, 20 de xaneiro de 2016.- O portavoz de Emprego do Grupo Popular, Miguel Tellado, salientou hoxe no Parlamento que o número de afiliacións á Seguridade Social “leva 21 meses consecutivos con subidas interanuais, o que permitiu que a Comunidade galega pechara o ano 2015 con maior número de afiliados que en decembro de 2012”.

 

Miguel Tellado concretou que o número de afiliacións á Seguridade Social incrementouse o pasado ano en Galicia un 2,12 por cento, é dicir, 19.641 afiliados máis. “Os datos rexistrados no último mes do pasado ano supoñen o maior incremento interanual rexistrado en decembro desde o ano 2007”, indicou.

 

26 BAIXAS CONSECUTIVAS DO PARO

 

No debate na Comisión 3ª dunha iniciativa de AGE sobre afiliacións á Seguridade Social, o portavoz popular recoñeceu que en materia de emprego “queda moito por facer, pero os datos de peche do ano 2015 confirman unha mellora progresiva do comportamento do mercado laboral, con 26 baixadas consecutivas do paro rexistrado que sitúan a Galicia con niveis de desemprego inferiores a decembro de 2010”.

 

Tellado lembrou que a Xunta de Galicia ten previsto destinar en 2016 cerca de 50 millóns de euros na mellora da empregabilidade dos galegos. En concreto, dixo que destinaranse 33 millóns de euros para a realización de cursos de formación para persoas desempregadas, ao tempo que outros 14 millóns de euros serán para levar adiante obradoiros de emprego nos concellos galegos e asociacións locais.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: