A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL ESCOITA AS PETICIÓNS DO COLECTIVO DE ENFERMOS MENTAIS DA ÁREA DA CORUÑA TRAVÉS DE APEM

  • 17,00 h.-   O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro cos responsables da Asociación pro enfermos mentais (APEM). No despacho do conselleiro.  foto xoán crespo 21/01/16

    17,00 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro cos responsables da Asociación pro enfermos mentais (APEM). No despacho do conselleiro.
    foto xoán crespo
    21/01/16

    Rey Varela salientou a importancia de concienciar á sociedade para acadar a integración deste colectivo

  • O encontro forma parte da rolda de entrevistas que o Conselleiro está a manter con entidades, organizacións e axentes que levan a cabo a súa actividade no ámbito dos servizos sociais

 

Santiago, 21 de xaneiro de 2016.- O Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro esta tarde coa Asociación Pro Enfermos Mentais da área da Coruña (APEM). No encontro, a súa presidenta, Antonia Pérez Amieiro, deu a coñecer a Rey Varela os servizos e programas que desenvolve a entidade, ao tempo que ambas partes tenderon a man á posibilidade de abrir novas liñas de colaboración. A cita, na que participou tamén a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez, forma parte da rolda de entrevistas que o titular da carteira de Política Social está a manter coas entidades, organizacións e axentes de Galicia que levan a cabo a súa actividade no ámbito dos servizos sociais.

 

APEM foi creada no ano 1980 e o seu obxectivo prioritario é acadar e manter as máis altas cotas de calidade na prestación de servizos aos usuarios. O ámbito de actuación de APEM é provincial, abarcando as zonas de A Coruña, As Mariñas, Bergantiños, comarca de Betanzos e Soneira- Fisterra.

 

No ámbito de posibles futuras colaboracións, o titular autonómico salientou que un dos obxectivos fundamentais desde o Goberno galego é sensibilizar, concienciar e informar á cidadanía sobre a importancia de conseguir, entre todos, a integración na sociedade das persoas con enfermidades mentais. Rey Varela valorou moi positivamente a labor da APEM na mellora da calidade de vida deste colectivo. No pasado ano 2015, a Asociación Pro Enfermos Mentais contou con máis de 19.000 euros de axuda procedentes da Dirección Xeral de Inclusión Social e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

 

Carteira específica para enfermidade mental

Por primeira vez en Galicia, estase a abordar a discapacidade e/ou dependencia que xera a enfermidade mental. Este feito reflíctese na inclusión dunha carteira específica para enfermidade mental na carteira de servizos para a atención á dependencia e promoción da autonomía, en vigor dende o ano 2013. Deste xeito, desde a Consellería de Política Social, se ofrecen 33 prazas públicas de atención diúrna ocupacional de media estancia nos concellos de Narón, Noia, Santiago e Redondela.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: