A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL ESTUDARÁ VÍAS DE COLABORACIÓN CO PROXECTO OCIO PARA TOD@S IMPULSADO POLA REDE DE OCIO INCLUSIVO GALICIA

  • Rey Varela amosou o seu interese no traballo da ROIG, integrada por sete entidades sociais de diferentes localidades galegas
  • O programa busca adaptar de xeito cognitivo os espazos comunitarios de ocio, promovendo así o exercicio dos dereitos individuais das persoas con discapacidade

 

Santiago, 21 de xaneiro de 2016.- O Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro esta tarde con representantes da Rede de Ocio Inclusivo Galicia (ROIG), no que ademais da propia presentación da Rede, lle expuxeron ao titular da carteira autonómica o proxecto Ocio para Tod@s. Rey Varela amosou o seu interese por este tipo de iniciativas, polo que estudará posibles vías de colaboración. Esta xuntanza enmárcase nas entrevistas que o titular autonómico de Política Social está a manter coas entidades galegas de iniciativa social e na mesma tamén participou a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez.

 

A ROIG está integrada por un total de 7 entidades, entre as que se atopan ASPRONAGA (A Coruña), APAMP (Vigo), BATA (Vilagarcía), AMIPA (Comarca do Sar), ASPNAIS (Lugo), PAI MENNI (Betanzos) e CAPACES (Lugo). Todas elas colaboraron no proceso de redacción do programa Ocio para Tod@s, un proxecto que aseguraron que xorde da necesidade de dispor de espazos accesibles que garantan o dereito ao ocio en igualdade de oportunidades ás persoas con discapacidade. Os obxectivos do programa pasan por adaptar de xeito cognitivo os espazos comunitarios de ocio, axudar a conseguir a plena normalización nas contornas comunitarias de ocio, promover a igualdade e a participación na comunidade e informar á sociedade sobre as necesidades das persoas con discapacidade. Para acadar estas metas, a ROIG contará cunha Comisión de Accesibilidade Cognitiva que identificará os lugares a adaptar mediante pictogramas, braille e LSE, atenderá as solicitudes de recursos comunitarios para o ocio interesados no proxecto e implantará as propostas aceptadas. Ademais, levaranse a cabo actividades de sensibilización ao persoal de establecementos públicos e privados para conciencialos no proceso de redución de barreiras.

 

O Conselleiro de Política Social fixo fincapé na importancia da promoción da igualdade de oportunidades e destacou a valiosa tarefa que realizan as entidades que conforman a ROIG, posto que complementan o traballo que se está a realizar desde as administracións públicas en materia de inclusión de persoas con discapacidade.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: