EVA GARCÍA DE LA TORRE, ALCALDESA DO PORRIÑO, INTEGRANTE DA DIRECCIÓN DA FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEGAMP)

O Porriño, 20 de xaneiro.- A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, ven de integrarse na dirección da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), como vogal da Comisión Executiva e o do Consello Federal da mesma.

Este organismo, fundado en 1988, está constituído polos 314 concellos, as 4 deputacións provinciais e as 9 entidades locais menores que existen en Galicia e ten como principais funcións a defensa dos intereses da Administración Local o fomento da participación cidadá na vida local ou a defensa xudicial dos intereses veciñais, mesmo con capacidade para acudir ao Tribunal Constitucional.

Na actualidade, a FEGAMP traballa, como indica a alcaldesa do Porriño, na demanda dun cambio do modelos de reparto da participación dos Concellos nos ingresos do Estado, o cal permitirá dotar aos mesmos de maior estabilidade financieira. Do mesmo xeito, está en trámite a petición ao Goberno de Galicia que a participación dos concellos nos ingresos da Xunta se regule cunha lei autonómica.

No caso concreto de Galicia, a Federación proporá unha fórmula de reparto, tanto ao Goberno Estatal como Autonómico,  que considere as características singulares de poboación, superficie e envellecemento e que a mesma teña en conta os eidos demográficos e territoriais-como a dispersión ou envellecemento- e o feito de que os concellos asumen competencias  doutras administracións, como as de Benestar, Educación ou empregabilidade.

 

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: