O CONCELLO DO PORRIÑO ACOMETERÁ OBRAS DE URXENCIA NO EXTERIOR DE VARIAS VIVENDAS DE TORNEIROS

Eva Torneiros1O Porriño, xoves 21 de xaneiro.-  A alcaldesa do Porriño, acompañada polo tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, e a concelleira Lourdes Moure, visitou este xoves un dos inmobles da III Fase de Torneiros, o do número 23-2, que ten problemas de repisamento e humidades, como comprometérase cos inquilinos do mesmo.

Eva García de la Torre percorreu con varios veciños as zonas común do edificio, o soto e as parte exterior, comprobando o deterioro. Ante esta situación, e dacordo coa opinión dos técnicos municipais, inmediatamente procederase á reforma completa das escaleiras de entrada ao devandito número, á revisión das canalizacións de auga e ao cambio das beirarrúas de todo o perímetro para evitar os asolagamentos dos sotos que, como comprobou a alcaldesa,
acadaron, nalgunha ocasión, máis dun metro de altura, achegándose aos contadores de luz.

Nos vindeiros días, empezarán os primeiros traballos empezando pola substitución completa dos chanzos exteriores do portal-que deixarán, ademais, espazo a unha rampla para o uso de persoas con mobilidade limitada-; a subida das beirarrúas, coa finalidade de acabar coas filtracións producidas pola choiva, e a reposición das tubaxes actuais da fachada, a meirande parte delas de ‘fibrocemento’.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: