POLÍTICA SOCIAL DESTACA “O VALOR ENGADIDO DA EXPERIENCIA LABORAL NO ESTRANXEIRO” DOS 26 MOZOS E MOZAS QUE REALIZARÁN PRÁCTICAS EN CINCO PAÍSES EUROPEOS NO MARCO DO PROXECTO DIGAL

  • cecilia vazquez participa na sesión informativa cos mozos que forman o segundo grupo de envio do proxecto dinamizando galicia

    cecilia vazquez participa na sesión informativa cos mozos que forman o segundo grupo de envio do proxecto dinamizando galicia

    Os mozos realizarán prácticas laborais durante 60 días nos países da República Checa, Irlanda, Francia, Italia e Portugal no primeiro trimestre do 2016

  • O proxecto DIGAL foi aprobado ao abeiro do programa Erasmus+ e conta para o 2015 e 2016 cun orzamento de 277.135 euros, que inclúe un total de 56 prazas para a realización de prácticas laborais durante 60 días en cinco países europeos

 

Santiago, 21 de xaneiro de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reuniuse hoxe cos 26 mozos e mozas que participarán no segundo grupo de envío do proxecto ‘Dinamizando Galicia’ (DIGAL) e que realizarán prácticas laborais durante 60 días nos países da República Checa, Irlanda, Francia, Italia e Portugal no primeiro trimestre do 2016. O proxecto DIGAL está aprobado aprobado ao abeiro do programa Erasmus +, acción clave 1 (mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe).

 

Na súa intervención, Cecilia Vázquez sinalou que “a mobilidade, tanto nacional como europea, é un elemento fundamental na formación dos mozos e mozas, tanto pola experiencia adquirida como polo apoio que pode supoñer na aprendizaxe dun idioma estranxeiro”. Deste xeito salientou que “a experiencia laboral no estranxeiro aporta un valor engadido á formación dos mozos, a súa traxectoria profesional e pode proporcionarlle máis oportunidades de emprego”.

 

A mocidade participante ten entre 18 e 30 anos, recen titulados en ciclos medios de formación profesional e nos cursos de formación ocupacional. As prácticas deste segundo grupo de envío terán lugar nos sectores agrícola forestal, hoteleiro, turístico, servizos básicos á comunidade (incluída á atención á dependencia e maiores), tecnolóxico e administrativo de base. En particular, os beneficiarios das axudas foron seleccionados entre o alumnado do último curso dos sectores sinalados dos centros que integran o consorcio xurdido deste proxecto.

 

O devandito consorcio, coordinado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, está formado por entidades educativas e por departamentos do goberno autonómico: tres centros educativos – o IES Lamas de Abade de Santiago, o IES A Pinguela de Monforte de Lemos e o IES Monte Castelo de Burela-; o Centro de Estudos Gastronómicos da Coruña; os centros de formación agroforestal dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes (Guísamo, Becerreá, Sergude, Ribadeo , Monforte de Lemos e Lourenzá); e os centros de formación ocupacional e de accións formativas de Bueu, Ferrol, Viveiro, Lugo, Ames, Negreira, Melide e Monforte e o Centro de novas tecnoloxías de Galicia.

 

 

 

 

Proxecto DIGAL

O proxecto DIGAL conta cun orzamento de 277.135 euros para o 2015 e 2016, incluíndo un total de 56 prazas para as dúas anualidades (30 no 2015 e 26 para o 2016) para a realización de prácticas laborais non retribuídas durante 60 días en cinco países europeos: 15 en Portugal, 15 en Italia, 10 en Irlanda, 10 en República Checa e 6 en Francia. En decembro de 2015 finalizaron as súas prácticas ao abeiro desta iniciativa 30 mozos e mozas.

 

A bolsa cubre os gastos de aloxamento, curso de preparación cultural e lingüística, seguro de responsabilidade civil,  unha axuda para os gastos da viaxe e para os gastos de manutención.

 

O proxecto Dinamizando Galicia  ten por finalidade apoiar a formación da mocidade galega mediante a mellora da súa empregabilidade, favorecendo a adquisición de novos coñecementos, habilidades, capacidades e cualificacións para facilitar a súa inclusión no mercado de traballo.

 

Ademais de ampliar o currículo laboral dos participantes, estes programas facilitan mellorar as competencias idiomáticas, que se poida coñecer outra organización do traballo, detectar novos sectores empresariais para implantar en Galicia, así como novas posibilidades de internacionalización para empresas galegas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: