Unha delegación do sector de Mar da CIG acompañará este domingo aos mariñeiros do cerco no levantamento da acampada
Unha delegación do sector de Mar da FGAMT-CIG, encabezada por Xavier Aboi, acompañará aos mariñeiros do cerco no levantamento da acampada que manteñen desde hai meses en San Caetano, diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza.
Os representantes da central sindical nacionalista estarán no lugar desde as 11:30 horas. Para calquera aclaración poden contactar con Xavier Aboi no 609 266 900.
A XUNTA COLABORARÁ CON CÁRITAS NA ADXUDICACIÓN DE VIVENDAS PARA ATENDER NECESIDADES SOCIAIS
-
12,00 h.- O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, manterá unha reunión cos representantes das delegacións de Cáritas Diocesana en Galicia. Na sede de Cáritas Santiago de Compostela (rúa Carreira do Conde, 14).
foto xoán crespo
21/01/16O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo e representantes das 5 delegacións mantiveron unha reunión en Santiago de Compostela para a posta en común da información e analizar posible canles de colaboración
Santiago, 22 de xaneiro de 2016.- A Xunta e Cáritas colaborarán na adxudicación de vivendas para atender a necesidades sociais. O director do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) mantivo hoxe unha xuntanza cos representantes das 5 delegacións de Cáritas Diocesana de Galicia, onde acordaron traballar para identificar posibles adxudicatarios de vivendas cedidas polas entidades financeiras ou Sareb, en concellos nos que non existe demanda contrastada a través dos programas específicos da Xunta de Galicia.
Desta maneira, a entidade benéfica podería propoñer candidatos a ditas vivendas. Ademais, Cáritas deberá realizar un seguimento das familias que resulten adxudicatarias para ofrecerlles o apoio necesario e fomentar a integración.
Na reunión celebrada hoxe acordouse que o Instituto Galego da Vivenda e Solo establecerá mecanismos de colaboración con Cáritas Diocesana existente en Galicia para facer chegar aos máis necesitados información sobre as axudas da Xunta de Galicia en materia de vivenda.
Os representantes do IGVS fixeron chegar aos de Cáritas información detallada sobre as dez medidas contra os desafiuzamentos postas en marcha pola Xunta de Galicia, con especial atención ao Bono de Aluguer Social, programa de Realoxo de Afectados por Execucións Hipotecarias e Censo de Vivendas Baleiras, co obxectivo de que Cáritas informa detalladamente aos usuarios dos seus servizos das axudas existentes en materia de vivenda.
O Bono de Aluguer Social é unha axuda dirixida a afectados por desafiuzamentos por impago do alugueiro, vítimas de violencia de xénero e persoas que perden a vivenda por imprevisto como incendios, inundacións, etc., consistente nunha axuda de 150 euros mensuais para o alugueiro durante doce meses prorrogables ata dous anos, máis unha axuda única de 450 euros para gastos de formalización do contrato.
Por outra banda, o Programa de Realoxo de Afectados por Execucións Hipotecarias está pensando para as persoas que perden a propiedade da súa vivenda por unha execución hipotecaria. A Xunta mantén o compromiso de ofrecer o realoxo a todos os afectados que o soliciten e cumpran os requisitos.
Polo que respecta ao Censo de Vivendas Baleiras, o Decreto polo que se creará está actualmente en tramitación. Servirá para coñecer todas as vivendas baleiras, propiedade de entidades financeiras e de xestión, existentes nos concellos de máis de 10.000 habitantes, caso no que a inscrición será obrigatoria. Para o resto de vivendas, incluídas de propietarios particulares, a inscrición será voluntaria.
O Censo servirá para realizar unha mellor planificación da política de vivenda e permitirá ao IGVS buscar a maneira de que ditas vivendas se poñan a disposición dos demandantes nas mellores condicións.
O acordo con Cáritas Diocesana é ampliable a outras entidades prestadoras de servizos sociais sen ánimo de lucro
PLAY-DOC REVALIDA A SÚA SECCIÓN DA CRÍTICA / PLAY-DOC REVALIDA SU SECCIÓN DE LA CRÍTICA
Ábrese convocatoria ata o 15 de febreiro para que os críticos poidan enviar propostas de películas a programar
Como novidades, poderán participar profesionais estranxeiros noutros idiomas e a sección será competitiva, con tres títulos que optarán ao premio CAMIRA
O DIARIO OFICIAL DE GALICIA FAI PÚBLICAS AS PORCENTAXES MÍNIMAS DE RESERVA DE SOLO PARA VIVENDA PROTEXIDA VIXENTES ESTE ANO
- Pero a Lei de Vivenda tamén indica que excepcionalmente se poderán fixar reservas inferiores, sempre que se garanta o cumprimento íntegro da reserva e os mínimos fixados en función da demanda real de vivenda protexida e a poboación dos concellos
Santiago, 22 de xaneiro de 2016.- Os concellos de máis de 5.000 habitantes cuxo PXOM teña prevista a reserva de solo para vivenda protexida en base a datos estimados de demanda real, deberán fixar unha reserva mínima do 4,66 por cento no ano 2016, tal como establece a Resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo pola que se fixan as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida aplicables en 2016, que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia.
Con carácter xeral a reserva mínima de solo para vivenda protexida será do “30 por cento da edificabilidade residencial prevista pola ordenación urbanística no solo que vaia ser incluído en actuacións de urbanización”, segundo establece a Lei de Vivenda, que modifica a Lei de Ordenación Urbanística e de Protección do Medio Rural de Galicia.
Pero a Lei de Vivenda tamén indica que excepcionalmente se poderán fixar reservas inferiores sempre que se garanta o cumprimento íntegro da reserva e os mínimos fixados en función da demanda real de vivenda protexida e a poboación dos concellos.
Estas porcentaxes so serán aplicables nos concellos de máis de 5.000 habitantes nos que o PXOM teña prevista a reserva de solo para vivenda protexida en base a datos estimados de demanda real. Para 2016 a porcentaxe mínima de reserva será do 4.66 por cento nestes concellos.
Para o cálculo da porcentaxe de reserva nestes casos excepcionais, a lei prevé unha fórmula na súa disposición adicional novena que indica que a porcentaxe de reserva total do concello sería igual ao produto de multiplicar por dez o número de inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda e o resultado dividido polo número de habitantes inscritos no padrón municipal. O novo resultado multiplicarase por cen e dará como resultado a porcentaxe mínima de reserva.
A porcentaxe resultante non será de aplicación automática, xa que ademais deberá cumprir outras dúas condicións:
1.- A porcentaxe non poderá ser inferior ao resultado de multiplicar por cen o dobre do número de inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda.
2.- A porcentaxe non poderá ser inferior á media autonómica. En caso de selo aplicarase como mínimo a media para a comunidade autónoma.
Segundo a Resolución publicada hoxe no DOG, a media actual de reserva mínima para a comunidade autónoma é do 4,66 por cento, que deberá aplicarse en todos os concellos cuxa porcentaxe calculada en función da demanda sexa inferior a esa cifra.
Os concellos que opten por establecer a reserva de solo segundo os datos estimados de demanda estarán obrigados a revisar a porcentaxe establecida cando as novas porcentaxes fixadas polo IGVS na súa Resolución anual rexistren unha diferenza de máis ou menos dous puntos porcentuais respecto da porcentaxe anterior.
Valença Presente 5 Anos na Feira Líder de Turismo
Pelo quinto ano consecutivo, Valença marcou presença na F.I.T.U.R. – Feira Internacional de Turismo, aberta ao público até domingo, em Madrid, para apresentar as potencialidades turísticas da Eurocidade.
A promoção de 2016 segue o lema “Eurocidade Valença Tui: mil anos de historia”, projetando a Fortaleza de Valença, a Catedral de Tui, os Caminhos de Santiago, as memórias da fronteira, o rio Minho, a Ecopista e o Monte de Aloia, bem como a gastronomia onde reina o bacalhau.
Material promocional sobre a oferta turística da Eurocidade foi distribuido na F.I.T.U.R. junto dos vários operadores turísticos mundiais presentes neste certamel líder no mercado ibero americano de turismo.
No stand da Turgalicia decorreu uma apresentação conjunta de Valença e Tui para as entidades e operadores presentes no certame.
Para Valença esta foi uma grande oportunidade de contactar com os principais agentes turísticos mundiais, alguns já a trabalhar no Noroeste Peninsular e de colocar a oferta da nossa cidade nos pacotes turísticos que se vendem para a região.
A participação de Valença, no âmbito da Eurocidade, na FITUR, associa-se à presença noutros certames, em Portugal e Espanha, promovendo as principais atratividades e potencialidades da cidade. Estão programadas presenças já na Bolsa de Turismo de Lisboa e no Xantar, em Orense, entre outros.
Valença, 22 de janeiro de 2016
O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PUBLICA HOXE A CONVOCATORIA POLA QUE A XUNTA ABOARÁ A MEDIADOS DE FEBREIRO 782.000 EUROS A PROPIETARIOS DE TERREOS AFECTADOS POLA PLISAN
- Actualmente están en execución as obras da primeira fase dos servizos xerais
- Neste ano, licitaranse as obras da EDAR e a ETAP e a urbanización interior da zona loxísitica-empresarial
Santiago, 22 de xaneiro de 2016.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria pola que a Xunta de Galicia aboará a mediados do vindeiro mes de febreiro 782.000 euros aos propietarios de terreos afectados pola Plafaforma Loxística de Salvaterra-As Neves (PLISAN). As datas para o levantamento das actas de pago serán os días 15, 16, 22 e 23 de febreiro.
En total pagaranse 781.964,16 euros aportados polas tres administracións actuantes en función do seu porcentaxe de participación na actuación: Autoridade Portuaria de Vigo (60,580%), Consorcio da Zona Franca de Vigo (21,125%) e Instituto Galego da Vivenda e Solo (18,295%).
Situación da PLISAN
Na actualidade, atópanse en execución os traballos da primeira fase dos servizos xerais, obras que foron iniciadas no pasado mes de outubro de 2015, cun orzamento de 13,5 millóns de euros.
Asemade, estanse a realizar os traballos técnicos previos á licitación das obras de construción das estacións depuradora e potabilizadora de augas (EDAR e ETAP), para garantir estes servizos ás empresas que se establezan. Estas actuacións contarán cunha achega próxima aos 6,4 millóns de euros.
As obras da EDAR e a ETAP, o mesmo que as obras de urbanización interior da zona Loxística-Empresarial, licitaranse en 2016, ano no que tamén se iniciará a comercialización do solo empresarial da PLISAN, nunhas condicións vantaxosas para as primeiras empresas interesadas en asentarse na mesma.
REY VARELA SALIENTA O TRABALLO DA ASOCIACIÓN DE PERSOAS XORDAS DE FERROL E REFORZA O COMPROMISO DA XUNTA CON ESTE COLECTIVO CUN 5% MÁIS NO IMPORTE DO CONVENIO COA FEDERACIÓN
O responsable da carteira autonómica de Política Social enxalzou o traballo desta organización en prol de “avanzar na obtención da integración das persoas con discapacidade auditiva en todos os aspectos da sociedade” a través dos diferentes servizos e a actividades que esta impulsa
- Así mesmo, reiterou o compromiso do conxunto do Goberno galego en favorecer a accesibilidade universal e traballar na eliminación de barreiras de comunicación en todos os ámbitos nos que participan as persoas xordas
- Neste sentido, lembrou que o convenio de colaboración coa Federación de Persoas Xordas de Galicia supera este ano os 723.000 euros, o que supón un incremento do 5% en comparación co anterior acordo
Ferrol, 22 de xaneiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, desprazouse hoxe ata a sede da Asociación de Persoas Xordas de Ferrol (APXF) para manter unha xuntanza de traballo co equipo directivo desta entidade co obxectivo de coñecer de primeira man as súas propostas e, ao mesmo tempo, explicar as liñas estratéxicas en materia social da Xunta de Galicia para este ano 2016. Deste xeito, Rey Varela continúa coa rolda de encontros coas entidades, organizacións e axentes coa finalidade de intensificar aínda máis as vías de diálogo e de colaboración en políticas sociais.
Na visita ao local da Asociación de Persoas Xordas de Ferrol, o responsable da área social enxalzou o traballo desta entidade en prol de “avanzar na obtención da integración das persoas con discapacidade auditiva en todos os aspectos da sociedade” a través dos diferentes servizos e actividades que esta impulsa, como: o servizo de intérprete de Lingua de Signos Española, asesoramento e orientación tanto para persoas xordas como para familiares, cursos de linguaxe de signos ou actividades de carácter lúdico e cultural. Ao respecto, Rey Varela salientou “o esforzo e tesón desta e doutras entidades galegas centradas no ámbito da discapacidade e que contribúen a facer máis visible aos colectivos aos que representan, a sensibilizar e concienciar ao conxunto da poboación e, en consecuencia, a procurar unha sociedade máis igualitaria en dereitos e oportunidades e máis integradora”.
Ademais, Rey Varela reiterou o compromiso de todo o Goberno galego de favorecer a accesibilidade universal e traballar na eliminación de barreiras de comunicación en todos os ámbitos nos que participan as persoas xordas para acadar a súa total e normal inclusión na sociedade. Así, e na liña desta vontade, enmárcase a decisión da Consellería de Política Social de aumentar nun 5% o importe do convenio de colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG) –da que forma parte a entidade ferrolá- ata chegar aos 723.644 euros para o presente curso 2016.
Máis recursos para apoiar ás persoas con discapacidade
O conselleiro salientou ás persoas xordas de Galicia como un “grupo moi relevante” dentro do colectivo de persoas con discapacidade. Un colectivo que na nova carteira autonómica de Política Social “gaña en presenza e en recursos económicos”. De feito, a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade aumentou o seu peso nos Orzamentos da Xunta para a presente anualidade ata chegar aos 281,3 millóns de euros, cantidade que supón practicamente un terzo do global dos presupostos destinados ás políticas sociais.
Esta maior marxe nas contas públicas permite á Consellería traballar xa na preparación de novas iniciativas con financiamento europeo. Estas son: unha liña de axudas para a eliminación de barreiras arquitectónicas, a creación dun banco de produtos de apoio e axudas individuais destinadas á adquisición de servizos da autonomía persoal, a modernización de centros públicos con novos equipamentos tecnolóxicos que sirvan de apoio para a atención dos usuarios e melloren as condicións de traballo dos profesionais (cun investimento de 2,9 millóns de euros); e novos programas de formación e asesoramento para coidadores/as de persoas con discapacidade. Así mesmo este ano a Consellería reforza nun 20% o apoio económico ás federacións integrantes no CERMI acadando esta partida os 3,6 millóns de euros.
Asociación de Persoas Xordas de Ferrol
A Asociación de Persoas Xordas de Ferrol é unha entidade sen ánimo de lucro fundada no ano 1972. Obtén o seu recoñecemento de Utilidade Pública en 1974 e está afiliada á Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia dende 1986, ano no que tamén se afiliou á Confederación Nacional de Persoas Sordas (CNSE). A súa finalidade inicial era servir de punto de encontro para as persoas xordas e para expresar as súas inquedanzas. Hoxe ofrece, entre outros, servizos de intérprete de lingua de signos española e guía de intérprete para persoas xordas e cegas; asesoramento para persoas xordas, familiares e entidades; asesoría xurídica gratuíta e actividades culturais e lúdicas adaptadas.
POLÍTICA SOCIAL INICIA A FASE DE FORMACIÓN DOS EQUIPOS INSCRITOS NA NOVA EDICIÓN DE PARLAMENTO XOVE, A COMPETICIÓN DE DEBATE NA QUE PARTICIPAN OS CENTROS EDUCATIVOS GALEGOS
- Serán oito xornadas de formación que se levarán a cabo nas dependencias da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en Santiago, no Complexo Residencial Xuvenil LUG en Lugo, na Delegación territorial da Xunta de Galicia na Coruña, na Casa do Deporte de Vigo e nos Espazos Xove de Vilagarcía de Arousa, Pontedeume e Chantada
- 48 equipos (24 por categoría) empregarán a oratoria para defender unha determinada posición acerca dun tema proposto pola organización
- Esta iniciativa está estruturada en dúas categorías diferenciadas por idades e tramo educativo: unha para alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e outra para o de 1º e 2º de Bacharelato
Santiago, 22 de xaneiro de 2016.- A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organiza dende hoxe e ata o vindeiro 5 de febreiro a fase de formación para os equipos inscritos na sétima edición de Parlamento Xove. En total, serán oito xornadas de formación que se levarán a cabo nas dependencias da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en Santiago, no Complexo Residencial Xuvenil LUG en Lugo, na Delegación territorial da Xunta de Galicia na Coruña, na Casa do Deporte de Vigo e nos Espazos Xove de Vilagarcía de Arousa, Pontedeume e Chantada.
Parlamento Xove é unha competición de debate na que 48 equipos (24 por categoría) de centros educativos galegos empregan a oratoria para defender unha determinada posición acerca dun tema proposto pola organización. Esta iniciativa está estruturada en dúas categorías diferenciadas por idades e tramo educativo: unha para alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e outra para o de 1º e 2º de Bacharelato.
Os equipos formados por catro alumnos e un profesor investigarán e debaterán sobre o tema proposto, que na fase de clasificación será ‘¿Determina o papel do profesor/a o futuro dos mozos e mozas?’. O tema para a fase final será anunciado no portal web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado tras a finalización da fase clasificatoria. A dificultade da actividade está en que o sorteo da postura a adoptar por cada equipo en relación á cuestión formulada (a favor ou en contra) terá lugar só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico.
A finais do mes de febreiro e principios do mes de marzo terá lugar a fase clasificatoria para coñecer os 16 equipos (8 por categoría) que debaterán na fase final que descorrerá no mes de abril.
Desenvolvemento de todas as competencias básicas
Parlamento Xove, como actividade na que participa alumnado e profesorado de centros educativos, contribúe ao desenvolvemento de practicamente todas as competencias básicas como a competencia lingüística, nos seus catro ámbitos (expresión oral e escrita; e compresión oral e escrita); a competencia matemática, xa que en todos os debates manexan datos e porcentaxes que avalan a súa argumentación; tratamento da información e competencia dixital; a competencia social e cidadá que contribúe á convivencia dado que o traballo realízase en equipo; a competencia cultural e artística dado que nos debates se esixe o emprego de figuras estilísticas e capacidade de retórica; e a competencia para aprender e iniciativa persoal.
Buena gente, con Verónica Forqué e Juan Fernández, inaugura a Tempada de teatro de Afundación
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) inaugura a súa nova Tempada de teatro en Vigo e Pontevedra coa adaptación da obra Buena gente de David Lindsay-Abaire. A representación, dirixida por David Serrano e protagonizada por Verónica Forqué, Juan Fernández, Pilar Castro ou Diego París, entre outros, terá lugar mañá e pasado, 23 e 24 de xaneiro, ás 20.30 h., no Teatro Afundación de Vigo e no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra, respectivamente. Esta obra forma parte da Tempada de abonos de teatro 2015-2016, que ofrece un 20 % de desconto no prezo das entradas e un 10 % para persoas desempregadas, xubiladas e mozas. As entradas están á venda en www.ataquilla.com.