A XUNTA COLABORARÁ CON CÁRITAS NA ADXUDICACIÓN DE VIVENDAS PARA ATENDER NECESIDADES SOCIAIS

  • 12,00 h.-   O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, manterá unha reunión cos representantes das delegacións de Cáritas Diocesana en Galicia. Na sede de Cáritas Santiago de Compostela (rúa Carreira do Conde, 14).  foto xoán crespo 21/01/16

    12,00 h.- O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, manterá unha reunión cos representantes das delegacións de Cáritas Diocesana en Galicia. Na sede de Cáritas Santiago de Compostela (rúa Carreira do Conde, 14).
    foto xoán crespo
    21/01/16

    O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo e representantes das 5 delegacións mantiveron unha reunión en Santiago de Compostela para a posta en común da información e analizar posible canles de colaboración

 

Santiago, 22 de xaneiro de 2016.- A Xunta e Cáritas colaborarán na adxudicación de vivendas para atender a necesidades sociais. O director do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) mantivo hoxe unha xuntanza cos representantes das 5 delegacións de Cáritas Diocesana de Galicia, onde acordaron traballar para identificar posibles adxudicatarios de vivendas cedidas polas entidades financeiras ou Sareb, en concellos nos que non existe demanda contrastada a través dos programas específicos da Xunta de Galicia.

 

Desta maneira, a entidade benéfica podería propoñer candidatos a ditas vivendas. Ademais, Cáritas deberá realizar un seguimento das familias que resulten adxudicatarias para ofrecerlles o apoio necesario e fomentar a integración.

 

Na reunión celebrada hoxe acordouse que o Instituto Galego da Vivenda e Solo establecerá mecanismos de colaboración con Cáritas Diocesana existente en Galicia para facer chegar aos máis necesitados información sobre as axudas da Xunta de Galicia en materia de vivenda.

 

Os representantes do IGVS fixeron chegar aos de Cáritas información detallada sobre as dez medidas contra os desafiuzamentos postas en marcha pola Xunta de Galicia, con especial atención ao Bono de Aluguer Social, programa de Realoxo de Afectados por Execucións Hipotecarias e Censo de Vivendas Baleiras, co obxectivo de que Cáritas informa detalladamente aos usuarios dos seus servizos das axudas existentes en materia de vivenda.

 

O Bono de Aluguer Social é unha axuda dirixida a afectados por desafiuzamentos por impago do alugueiro, vítimas de violencia de xénero e persoas que perden a vivenda por imprevisto como incendios, inundacións, etc., consistente nunha axuda de 150 euros mensuais para o alugueiro durante doce meses prorrogables ata dous anos, máis unha axuda única de 450 euros para gastos de formalización do contrato.

 

Por outra banda, o Programa de Realoxo de Afectados por Execucións Hipotecarias está pensando para as persoas que perden a propiedade da súa vivenda por unha execución hipotecaria. A Xunta mantén o compromiso de ofrecer o realoxo a todos os afectados que o soliciten e cumpran os requisitos.

 

Polo que respecta ao Censo de Vivendas Baleiras, o Decreto polo que se creará está actualmente en tramitación. Servirá para coñecer todas as vivendas baleiras, propiedade de entidades financeiras e de xestión, existentes nos concellos de máis de 10.000 habitantes, caso no que a inscrición será obrigatoria. Para o resto de vivendas, incluídas de propietarios particulares, a inscrición será voluntaria.

 

O Censo servirá para realizar unha mellor planificación da política de vivenda e permitirá ao IGVS buscar a maneira de que ditas vivendas se poñan a disposición dos demandantes nas mellores condicións.

 

O acordo con Cáritas Diocesana é ampliable a outras entidades prestadoras de servizos sociais sen ánimo de lucro

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: