O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PUBLICA HOXE A CONVOCATORIA POLA QUE A XUNTA ABOARÁ A MEDIADOS DE FEBREIRO 782.000 EUROS A PROPIETARIOS DE TERREOS AFECTADOS POLA PLISAN

 

  • Actualmente están en execución as obras da primeira fase dos servizos xerais
  • Neste ano, licitaranse as obras da EDAR e a ETAP e a urbanización interior da zona loxísitica-empresarial

 

Santiago, 22 de xaneiro de 2016.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria pola que a Xunta de Galicia aboará a mediados do vindeiro mes de febreiro 782.000 euros aos propietarios de terreos afectados pola Plafaforma Loxística de Salvaterra-As Neves (PLISAN). As datas para o levantamento das actas de pago serán os días 15, 16, 22 e 23 de febreiro.

 

En total pagaranse 781.964,16 euros aportados polas tres administracións actuantes en función do seu porcentaxe de participación na actuación: Autoridade Portuaria de Vigo (60,580%), Consorcio da Zona Franca de Vigo (21,125%) e Instituto Galego da Vivenda e Solo (18,295%).

 

Situación da PLISAN

Na actualidade, atópanse en execución os traballos da primeira fase dos servizos xerais, obras que foron iniciadas no pasado mes de outubro de 2015, cun orzamento de 13,5 millóns de euros.

 

Asemade, estanse a realizar os traballos técnicos previos á licitación das obras de construción das estacións depuradora e potabilizadora de augas (EDAR e ETAP), para garantir estes servizos ás empresas que se establezan. Estas actuacións contarán cunha achega próxima aos 6,4 millóns de euros.

 

As obras da EDAR e a ETAP, o mesmo  que as obras de urbanización interior da zona Loxística-Empresarial, licitaranse en 2016, ano no que tamén se iniciará a comercialización do solo empresarial da PLISAN, nunhas condicións vantaxosas para as primeiras empresas interesadas en asentarse na mesma.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: