PLAY-DOC REVALIDA A SÚA SECCIÓN DA CRÍTICA / PLAY-DOC REVALIDA SU SECCIÓN DE LA CRÍTICA‏

ATT00000 (2)Ábrese convocatoria ata o 15 de febreiro para que os críticos poidan enviar propostas de películas a programar

Como novidades, poderán participar profesionais estranxeiros noutros idiomas e a sección será competitiva, con tres títulos que optarán ao premio CAMIRA

Tui, 21 de xaneiro de 2016. O Festival Internacional de Documentais Play-Doc pon en marcha por segundo ano consecutivo a sección da crítica RESONANCIAS. Organizada en colaboración coa Asociación Convergencias de la Crítica Cinematográfica, que se encarga da selección dos títulos, este programa intenta funcionar como punto de unión para a crítica cinematográfica, en especial aquela máis puxante e nova, nada no seo de internet.
Outra das ideas fundamentais desta iniciativa é achegar o diálogo da crítica ao público, polo que todas as sesións son presentadas polos profesionais que elixiron as películas, para promover a conversa en torno a elas. Neste mesmo espírito de crear comunidade no certame, este ano a convocatoria ábrese a críticos estranxeiros ata en catro idiomas: español, inglés, francés e portugués.
A diferencia das máis habituais seccións da crítica, que propoñen unha selección pechada dende a equipa de programación do festival en colaboración con críticos; neste caso ábrese unha convocatoria para que todo crítico que así o desexe, poida enviar as súas propostas. A equipa de RESONANCIAS elexirá tres delas, tendo en conta a relevancia dos títulos enviados como renovadores da linguaxe cinematográfica, e a calidade dos argumentos expostos. Os críticos poden enviar os seus textos ata o 15 de febreiro. As bases poden consultarse xa na web.
Como novidade, as películas seleccionadas optarán amais ao premio CAMIRA da crítica, outorgado pola asociación internacional de críticos do mesmo nome, competindo en igualdade de condicións cos títulos da sección oficial. En breve, daremos a coñecer a composición dos xurados e das películas seleccionadas en cada unha das seccións do festival.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: