POLÍTICA SOCIAL INICIA A FASE DE FORMACIÓN DOS EQUIPOS INSCRITOS NA NOVA EDICIÓN DE PARLAMENTO XOVE, A COMPETICIÓN DE DEBATE NA QUE PARTICIPAN OS CENTROS EDUCATIVOS GALEGOS

  • Serán oito xornadas de formación que se levarán a cabo nas dependencias da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en Santiago, no Complexo Residencial Xuvenil LUG en Lugo, na Delegación territorial da Xunta de Galicia na Coruña, na Casa do Deporte de Vigo e nos Espazos Xove de Vilagarcía de Arousa, Pontedeume e Chantada
  • 48 equipos (24 por categoría) empregarán a oratoria para defender unha determinada posición acerca dun tema proposto pola organización
  • Esta iniciativa está estruturada en dúas categorías diferenciadas por idades e tramo educativo: unha para alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e outra para o de 1º e 2º de Bacharelato

 

Santiago, 22 de xaneiro de 2016.- A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organiza dende hoxe e ata o vindeiro 5 de febreiro a fase de formación para os equipos inscritos na sétima edición de Parlamento Xove. En total, serán oito xornadas de formación que se levarán a cabo nas dependencias da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en Santiago, no Complexo Residencial Xuvenil LUG en Lugo, na Delegación territorial da Xunta de Galicia na Coruña, na Casa do Deporte de Vigo e nos Espazos Xove de Vilagarcía de Arousa, Pontedeume e Chantada.

 

Parlamento Xove é unha competición de debate na que 48 equipos (24 por categoría)  de centros educativos galegos empregan a oratoria para defender unha determinada posición  acerca dun tema proposto pola organización. Esta iniciativa está estruturada en dúas categorías diferenciadas por idades e tramo educativo: unha para alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e outra para o de 1º e 2º de Bacharelato.

 

Os equipos formados por catro alumnos e un profesor investigarán e debaterán sobre o tema proposto, que na fase de clasificación será ‘¿Determina o papel do profesor/a o futuro dos mozos e mozas?’. O tema para a fase final será anunciado no portal web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado tras a finalización da fase clasificatoria. A dificultade da actividade está en que o sorteo da postura a adoptar por cada equipo en relación á cuestión formulada (a favor ou en contra) terá lugar só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico.

 

A finais do mes de febreiro e principios do mes de marzo terá lugar a fase clasificatoria para coñecer os 16 equipos (8 por categoría) que debaterán na fase final que descorrerá no mes de abril.

 

Desenvolvemento de todas as competencias básicas

Parlamento Xove, como actividade na que participa alumnado e profesorado de centros educativos, contribúe ao desenvolvemento de practicamente todas as competencias básicas como a competencia lingüística, nos seus catro ámbitos (expresión oral e escrita; e compresión oral e escrita); a competencia matemática, xa que en todos os debates manexan datos e porcentaxes que avalan a súa argumentación; tratamento da información e competencia dixital; a competencia social e cidadá que contribúe á convivencia dado que o traballo realízase en equipo; a competencia cultural e artística dado que nos debates se esixe o emprego de figuras estilísticas e capacidade de retórica; e a competencia para aprender e iniciativa persoal.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: