REY VARELA SALIENTA O TRABALLO DA ASOCIACIÓN DE PERSOAS XORDAS DE FERROL E REFORZA O COMPROMISO DA XUNTA CON ESTE COLECTIVO CUN 5% MÁIS NO IMPORTE DO CONVENIO COA FEDERACIÓN

  • 20160122 visita xordos ferrol 3O responsable da carteira autonómica de Política Social enxalzou o traballo desta organización en prol de “avanzar na obtención da integración das persoas con discapacidade auditiva en todos os aspectos da sociedade” a través dos diferentes servizos e a actividades que esta impulsa
  • Así mesmo, reiterou o compromiso do conxunto do Goberno galego en favorecer a accesibilidade universal e traballar na eliminación de barreiras de comunicación en todos os ámbitos nos que participan as persoas xordas
  • Neste sentido, lembrou que o convenio de colaboración coa Federación de Persoas Xordas de Galicia supera este ano os 723.000 euros, o que supón un incremento do 5% en comparación co anterior acordo

 

Ferrol, 22 de xaneiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, desprazouse hoxe ata a sede da Asociación de Persoas Xordas de Ferrol (APXF) para manter unha xuntanza de traballo co equipo directivo desta entidade co obxectivo de coñecer de primeira man as súas propostas e, ao mesmo tempo, explicar as liñas estratéxicas en materia social da Xunta de Galicia para este ano 2016. Deste xeito, Rey Varela continúa coa rolda de encontros coas entidades, organizacións e axentes coa finalidade de intensificar aínda máis as vías de diálogo e de colaboración en políticas sociais.

 

Na visita ao local da Asociación de Persoas Xordas de Ferrol, o responsable da área social enxalzou o traballo desta entidade en prol de “avanzar na obtención da integración das persoas con discapacidade auditiva en todos os aspectos da sociedade” a través dos diferentes servizos e actividades que esta impulsa, como: o servizo de intérprete de Lingua de Signos Española, asesoramento e orientación tanto para persoas xordas como para familiares, cursos de linguaxe de signos ou actividades de carácter lúdico e cultural. Ao respecto, Rey Varela salientou “o esforzo e tesón desta e doutras entidades galegas centradas no ámbito da discapacidade e que contribúen a facer máis visible aos colectivos aos que representan, a sensibilizar e concienciar ao conxunto da poboación e, en consecuencia, a procurar unha sociedade máis igualitaria en dereitos e oportunidades e máis integradora”.

 

Ademais, Rey Varela reiterou o compromiso de todo o Goberno galego de favorecer a accesibilidade universal e traballar na eliminación de barreiras de comunicación en todos os ámbitos nos que participan as persoas xordas para acadar a súa total e normal inclusión na sociedade. Así, e na liña desta vontade, enmárcase a decisión da Consellería de Política Social de aumentar nun 5% o importe do convenio de colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG) –da que forma parte a entidade ferrolá- ata chegar aos 723.644 euros para o presente curso 2016.

 

Máis recursos para apoiar ás persoas con discapacidade

O conselleiro salientou ás persoas xordas de Galicia como un “grupo moi relevante” dentro do colectivo de persoas con discapacidade. Un colectivo que na nova carteira autonómica de Política Social “gaña en presenza e en recursos económicos”. De feito, a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade aumentou o seu peso nos Orzamentos da Xunta para a presente anualidade ata chegar aos 281,3 millóns de euros, cantidade que supón practicamente un terzo do global dos presupostos destinados ás políticas sociais.

 

Esta maior marxe nas contas públicas permite á Consellería traballar xa na preparación de novas iniciativas con financiamento europeo. Estas son: unha liña de axudas para a eliminación de barreiras arquitectónicas, a creación dun banco de produtos de apoio e axudas individuais destinadas á adquisición de servizos da autonomía persoal, a modernización de centros públicos con novos equipamentos tecnolóxicos que sirvan de apoio para a atención dos usuarios e melloren as condicións de traballo dos profesionais (cun investimento de 2,9 millóns de euros); e novos programas de formación e asesoramento para coidadores/as de persoas con discapacidade. Así mesmo este ano a Consellería reforza nun 20% o apoio económico ás federacións integrantes no CERMI acadando esta partida os 3,6 millóns de euros.

 

Asociación de Persoas Xordas de Ferrol

A Asociación de Persoas Xordas de Ferrol é unha entidade sen ánimo de lucro fundada no ano 1972. Obtén o seu recoñecemento de Utilidade Pública en 1974 e está afiliada á Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia dende 1986, ano no que tamén se afiliou á Confederación Nacional de Persoas Sordas (CNSE). A súa finalidade inicial era servir de punto de encontro para as persoas xordas e para expresar as súas inquedanzas. Hoxe ofrece, entre outros, servizos de intérprete de lingua de signos española e guía de intérprete para persoas xordas e cegas; asesoramento para persoas xordas, familiares e entidades; asesoría xurídica gratuíta  e actividades culturais e lúdicas adaptadas.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: