A ALCALDESA DO PORRIÑO APOIA ÁS TRABALLADORAS DE LINORSA ÁS QUE A EMPRESA ADEBEDA SALARIOS

.- linorsa2 Eva García de La Torre, alcaldesa do Porriño, recibiu á ducia de empregadas de Linorsa encargadas da limpeza dos colexios públicos e dos servizos xerais do Concello, que dende o 18 de xaneiro están realizando distintas mobilizacións, en toda a provincia, para esixir o pagamento dos salarios que a empresa lles adebeda.

As traballadoras informaron á alcaldesa que Linorsa pagou unicamente a metade do salario do mes de decembro. Ademais, comentaron a Eva García de la Torre que a firma comunicoulles o 29 de decembro que Facenda lle bloqueara as contas.

Este mesmo venres, a plantilla presentou no Rexistro do Concello un escrito no que pide ao goberno local do Porriño que rescinda o contrato con Linorsa xa que, entenden,  o impago das nóminas é motivo para a súa anulación, segundo os termos do mesmo. A vinculación do Concello con Linorsa empezou en 2012 cunha duración de dous anos e a posibilidade de renovación por dous máis, de xeito que o mesmo remataría este 2016.

Eva García de la Torre atendeu as demandas das traballadoras, amosoulles o seu total apoio e engadiu que o goberno local non tolerará que calquera concesionaria de servizos locais incumpra a súas obrigas legais e laborais para cos seus empregados.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: