Archive | enero 25, 2016

Concello de Vigo

O Pleno solicita ao Sergas habilitar dúas parcelas para aparcamentos gratuítos no Álvaro Cunqueiro


A Corporación acordou esta mañá instar á Xunta a poñer á disposición dos cidadáns dúas parcelas próximas ao hospital para destinalas a zona de aparcamento gratuíto. A proposta socialista saíu adiante co apoio da Marea e a abstención do Partido Popular.

 

A Corporación insta á cesión dos terreos á Xunta de Galicia para construír a Cidade da Xustiza

A moción, presentada polo grupo municipal do Partido Popular e apoiada por todos os concelleiros e concelleiras no Pleno celebrado este luns, reclama do Concello que poña a disposición do goberno autonómico o solo necesario para o novo edificio xudicial vigués. O goberno de Vigo explicou que avanza na tramitación e que nada impide á Xunta de Galicia iniciar o proxecto de construción.

 

Todos os grupos instan a Linorsa a que cumpra o contrato e pague ao seu persoal

O Pleno municipal acordou este luns, por unanimidade, esixirlle a Limpiezas del Noroeste que cumpra co prego de condicións e a normativa laboral e fiscal aboando os salarios que lle debe aos seus empregados. David Regades, responsable de Limpeza, explicou que o Concello abrirá expediente sancionador á empresa adxudicataria retirándolle a concesión se non cumpre coas súas obrigas en 15 días.

Protesta Linorsa pleno Concello Vigo

SONY DSC

SONY DSC

o persoal de Linorsa interrompeu hoxe o pleno municipal de Vigo en varias ocasións para reclamarlle ao Goberno local que lle rescinda o contrato á empresa de limpeza no caso de que non satisfaga as débedas salariais que mantén cos traballadores/as. Durante a sesión, na que se aprobou por unanimidade unha moción instando a compañía a certificar que cumpre os pregos de condicións do servizo, berraron consignas como “Queremos cobrar” ou “Linorsa culpable, Concello responsable”. Este martes día 26 levarán as súas reivindicacións ás portas dos Xulgados da cidade a partir das 11.00 horas.

ABANCA devólvelle ás familias ata o 7% dos seus seguros por agrupalos nun único recibo mensual

  • A entidade lanza unha tarifa plana que permite unha xestión integral de todas as pólizas da unidade familiar e o fraccionamento gratuíto das primas en 12 cotas
  • O cliente poderá aprazar sen custo o pago de ata dúas cotas mensuais ao ano
20160125-abanca-tarifa-plana-seguros
A entidade lanzou unha campaña de marketing para apoiar a comercialización do produto.

25-01-2016

ABANCA acaba de lanzar unha innovadora tarifa plana de seguros que lle permite ao cliente agrupar gratuitamente todas as pólizas da súa familia nun único produto, e repartir o custo anual das primas en cotas mensuais idénticas.

O cliente poderá fraccionar en 12 meses, sen xuros nin comisións, o custo dos seguros da súa unidade familiar –saúde, auto, vida, fogar e decesos- que teña contratados con ABANCA. Deste xeito, aboará un único recibo mensual con idéntico importe en lugar de ter que facer fronte a pagamentos de cantidades elevadas de primas anuais no momento en que venza cada seguro.

O programa ofrece tamén a posibilidade de aforrar ata un 7% do importe do recibo mensual, en función dos seguros incluídos. Se o cliente agrupa os cinco ramos de seguros adheribles á Tarifa Plana, ABANCA devolveralle o 7% da súa cota mensual. A porcentaxe mínima de bonificación, con tres ramos de seguros agrupados, é do 3%.

Produto sinxelo e innovador

A Tarifa Plana de ABANCA Seguros é un produto sinxelo e moi diferenciador respecto á oferta actual existente no mercado. O seu funcionamiento é semellante ao dunha tarxeta que permite o aprazamento de compras sen custo para o cliente. ABANCA financia de xeito gratuíto en 12 meses o importe total que debe aboar o cliente por todos os seus seguros e os da súa familia (non é necesario que haxa un único tomador). O pagamento ás aseguradoras é anual, polo que o cliente se beneficia do mellor prezo polo xeito de pagamento. Ademais, as condicións poden modularse ano a ano, non se esixen primas mínimas nin se establecen prazos determinados.

Outra das vantaxes do novo produto de seguros de ABANCA é que permite o aprazamento gratuíto de ata dúas mensualidades ao ano no caso de que o necesite o cliente.

Ademais, o cliente recibirá un solo extracto periódico con toda a información dos seus seguros e detalle das coberturas, e terá á súa disposición un teléfono único gratuíto para consultas.

Con esta nova solución financeira pensada para as familias, que posibilita unha xestión integral de todos os seguros dos clientes particulares, ABANCA avanza na súa estratexia de mellorar a calidade de servizo a través dunha oferta de valor diferencial e dunha atención e asesoramento personalizados.

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL SUMA UN NOVO ENCONTRO A SÚA ROLDA COS REXEDORES PARA ACADAR MELLORAS NA ATENCIÓN SOCIAL AOS GALEGOS

  • EL CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL, REY VARELA, SE REUNE CON EL ALCALDE DE VILALBA EN LA XUNTA

    EL CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL, REY VARELA, SE REUNE CON EL ALCALDE DE VILALBA EN LA XUNTA

    Ambos mandatarios lembraron a apertura en decembro de 2012 da escola infantil de Vilalba que conta con 5 unidades e 74 prazas ofertadas, e valoraron o incremento de 1.500 horas no Servizo de Axuda no Fogar ata acadar as 7.620 horas actuais

 

Lugo, 25 de xaneiro de 2015.- A Consellería de Política Social sumou no día de hoxe un novo encontro a rolda de xuntanzas que leva mantendo cos rexedores galegos desde a súa creación. O obxectivo destas reunións de traballo é optimizar os recursos locais e autonómicos de ambas institucións de cara a acadar melloras na atención e nos servizos sociais destinados aos galegos.

 

Deste xeito, o Goberno galego e as entidades locais adquiren o compromiso de buscar conxuntamente unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada concello. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do municipio chairego de Vilalaba, Gerardo Criado Guizán.

 

Na xuntanza, que tivo lugar nas dependencias da na Delegación Territorial da Xunta en Lugo, conselleiro e alcalde acordaron continuar coa colaboración emprendida entre as dúas institucións que beneficia a todos os colectivos da sociedade. Deste xeito, ambos mandatarios lembraron a apertura en decembro de 2012 da escola infantil de Vilalba que conta con 5 unidades e 74 prazas ofertadas e na que se investiron preto de 850.000 euros; e valoraron positivamente o incremento de 1.500 horas no Servizo de Axuda no Fogar ata acadar as 7.620 horas actuais que benefician a 142 usuarios.

 

 

AL ALCALDESA DO PORRIÑO CUALIFICA COMO “UN DOS NOSOS SIGNOS DE IDENTIDADE” O PAN DO PORRIÑO QUE SOLICITARÁ A DECLARACIÓN DE DENOMINACIÓN DE ORIXE XEOGRÁFICA

aQ55A5855O Porriño, luns 25 xaneiro.- O Goberno do Porriño “apoia totalmente” o proxecto da Asociación de Comerciantes (ACIPOR) e de Panadeiros de pedir ao Goberno de Galicia a declaración xeográfica Pan do Porriño, ao coñecido produto que se elabora na vila e que, como dixo a alcaldesa, “é un dos elementos que nos identifica”.

Eva García de la Torre, quen asistiu á presentación desta iniciativa este luns no Concello, acompañada polo concelleiro de Comercio, Marcelino Coto, reivindicou a declaración como parte do proxecto do goberno local de potenciar a “marca Porriño” que, salientou, “abrangue todo o que temos  todo o que somos, polo cal Porriño é coñecido dentro e fora de Galicia e, sen dúbida ningunha, unha deses sinais propios é o noso pan, un dos mellores do mundo”.

Pola súa banda o concelleiro de Comercio, logo de gabar o traballo dos comerciantes e panadeiros porriñeses, puxo ao seu dispor toda colaboración do Goberno local para sacar adiante esta proposta. Marcelino Coto adiantou que o plan de orzamentos para este ano recolle unha partido concreta para ista finalidade, e comentou que o Concello está a estudar que “o pan do Porriño teña un día de seu ou unha feira que permita poñelo en valor”.

A presidenta da ACIPOR, Noelia Conde, e os representantes dos panadeiros, “moitos dos cales descenden dos primeiros que empezaron a facer, na época napoleónica o primeiro pan que fixo famoso a Porriño, o “pan de munición”, agradeceron a implicación da alcaldesa e do Concello e afirmaron que a declaración do ‘Pan do Porriño’ como Denominación Xeográfica será o “recoñecemento á longa tradición, á calidade, e ao bo facer dos panadeiros locais durante case tres séculos, un traballo que ten a consideración na sona do noso pan dentro e fora de Galicia”.

A actriz Areta Bolado, a imaxe, “e hoxe a voz” deste proxecto, neta e bisneta de panadeiros, “de feito a miña compañía chámase A Panadaría”, resumiu nunha frase a forza desta proposta, “como dixo Federico García Lorca cando inaugurou a biblioteca do seu pobo, Fuente Vaqueros: só precisamos medio pan e un libro…o pan e cultura e a cultura é alimento”.

 

 

 

 

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL AMOSA O SEU COMPROMISO COS ENFERMOS DE ALZHEIMER NA VISITA REALIZADA AO CENTRO DE DÍA XESTIONADO POR AFALU

  • O Goberno galego achegará á entidade máis de 225.000 euros no ano 2016 para a xestión do establecemento
  • Rey Varela lembrou que a súa carteira destinará neste exercicio máis de 324 millóns de euros para a atención de persoas dependentes
  • Entre o ano 2009 e 2015 as prazas en centros de día aumentaron nun 77%

Lugo, 25 de xaneiro de 2016.- O Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta mañá as instalacións do Centro de día de Alzheimer de Lugo, xestionado pola Asociación de Enfermos de Alzheimer de Lugo (AFALU), acompañado pola directora Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez, e da delegada territorial da Xunta de Galicia na provincia lucense, Raquel Arias Rodríguez. Rey Varela aproveitou a visita a este centro para manter un encontro de traballo  co equipo directivo de AFALU e, deste xeito, coñeceron en primeira persoa a labor que realizan no ámbito de atención aos enfermos de Alzheimer e outras demencias.

 

Trala visita ao centro, o titular da carteira de Política Social reiterou o firme compromiso da súa área e do Goberno galego para garantir os dereitos e a atención das persoas en situación de dependencia. Deste xeito este ano destinaranse máis de 324 millóns de euros a esta fin. Rey Varela lembrou que entre o ano 2009 e o 2015, as prazas en centros de día para persoas con Alzheimer e outras demencias se incrementaron nun 77%, ao tempo que declarou que Galicia conta cunha estratexia para a prevención e detección precoz da dependencia. A concienciación social en relación coa adopción de hábitos de vida saudables, o aumento da esperanza de vida libre de dependencia e a mellora da calidade de vida das persoas que se atopan xa nunha situación de dependencia son os obxectivos da estratexia, e o que marca a folla de ruta das políticas de prevención e promoción da autonomía persoal nos próximos anos.

 

Tanto a creación de novos recursos para o colectivo de alzheimer polo goberno galego, como a aposta pola creación dunha carteira de servizos específica, ao abeiro da cal, en 2016 se porán en marcha en Galicia 5 novos servizos de atención diúrna terapéutica de media estancia, un deles na provincia de Lugo, con 12 prazas cada unha, reafirman e afianzan o compromiso deste Goberno coas persoas diagnosticadas desta enfermidade, destacou esta mañá José Manuel Rey Varela. Nesta liña, o conselleiro de Política Social lembrou que o 2016 será o ano no que se incorporen 10.000 novos dependentes ao sistema galego. E, ao fío, insistiu en que a aposta do Executivo autonómico con estas doenzas traducirase tamén mediante a sinatura dun convenio coa Federación de asociacións galegas de familiares de enfermos de alzheimer e outras demencias (FAGAL) que triplicará os fondos reservados no anterior exercicio e que permitirá dar un mellor servizo centralizado para todas aquelas persoas que padecen alzheimer na Comunidade galega.

 

Asociación de Enfermos de Alzheimer de Lugo

 

AFALU creouse no ano 2002 e xestiona o Centro de día desde marzo do ano 2010. Os obxetivos das Asociacións de familiares de Alzhéimer son informar, formar e axudar aos afectados e afectadas polo Alzheimer a través da promoción de actuacións e programas destinados a mellorar a situación das familias e ofrecer atención aos enfermos.Tamén se levan a cabo actividades de sensibilización social e exercen a función de voceiros do conxunto de familiares na defensa dos seus dereitos.

Cabe destacar a xestión que están a realizar estas asociacións nos centros públicos nos que resultan adxudicatarias.

 

A Consellería de Política Social ten asinado un contrato de xestión do servizo público con AFALU, que supera os 225.000 euros no ano 2016. A Xunta de Galicia vén colaborando con esta entidade dende 2009, contribuíndo así ao financiamento dos servizos e iniciativas que se levan a cabo no centro.

 

Programa de Primavera 2016 – Concerto inaugural

shapeimage_4Na Vigo 430 gústanos o inverno pero… estamos desexando que chegue a Primavera! E para nós dará comezo o vindeiro domingo 31 de xaneiro ás 12 do mediodía co Concerto Inaugural do noso Programa de Primavera 2016. Para este Programa a Orquestra Vigo 430 preparou un ciclo de 8 concertos que inclúen 4 concertos da Orquestra Sinfónica Vigo 430, 1 concerto da Orquestra Barroca Vigo 430, 1 concerto da Orquestra Xove Vigo 430 e 2 concertos dos Ensembles Vigo 430. Os que asistan aos concertos, ben sexa mediante a adquisición de entradas individuais, ben sexa a través do vantaxoso programa de abonos, poderán gozar co violín de Rusanda Panfili que actuará en España por vez primeira no concerto inaugural do Programa de Primavera 2016, co fagot da lalinense María José Rielo, coa soprano Raquel Andueza, unha das principais voces especialistas en música antiga, co son que Severino Ortiz saca ao piano, e co virtuosismo de Dana Zemtsov á viola que xa deixou en pe ao público da sala na súa última actuación en Vigo tras ofrecer varios bises. A Orquestra Sinfónica presenta desta volta ao seu novo director titular, Vicent Alberola. A Orquestra Barroca estará como sempre baixo a batuta de Alfonso Sebastián. Para a Orquestra Xove será a nova promesa Irene Gómez-Calado a que codirixirá o concerto xunto con Julio Domínguez. E como colofón final o aclamado Darrell Ang será o encargado de dirixir o concerto de clausura que será gravado para o prestixioso selo discográfico Channel Classics.
A primeira cita terá lugar o vindeiro domingo 31, nun concerto espectacular no que a Vigo 430 tocará coa maior plantilla da súa historia para presentar a Vicent Alberola pero tamén para dar a benvida á violinista Rusanda Panfili que estamos seguros fará as delicias do público vigués. A cita será ás 12 da mañá, retomando a idea xa comezada no Programa do 2015 de realizar concertos matinais para que toda a familia poida asistir, sen problemas de horarios. As entradas e abonos xa están á venda a través da web Ticketea e da Central de Espectáculosda rúa Velázquez Moreno.

REBELIOM DO INFRAMUNDO “LUME” (VIDEOCLIP)

unnamedO passado dia 19 de janeiro, a discográfica Língua Nativa estreava o último trabalho do grupo galego de Hip Hop Rebeliom do Inframundo “Lume”, um videoclip interventivo de caráter social, letras combatentes e voz inconformista.
 
Com mais de 1000 visitas em Youtube e quase um centenar de partilhas em Facebook em menos de 24 horas, podemos afirmar que o novo lançamento da banda foi tudo um acontecimento.
 
Rebeliom do Inframundo conta com mais de cen concertos às suas costas e tem partilhado palco com artistas internacionais como Edo. G e estatais como Soziedad Alkoholika, Boikot, Berri Txarrak, R de Rumba (Violadores del Verso), Acción Sanchez (SDFK), Los Chikos del Maíz ou Zoo entre outros.