Programa de Primavera 2016 – Concerto inaugural

shapeimage_4Na Vigo 430 gústanos o inverno pero… estamos desexando que chegue a Primavera! E para nós dará comezo o vindeiro domingo 31 de xaneiro ás 12 do mediodía co Concerto Inaugural do noso Programa de Primavera 2016. Para este Programa a Orquestra Vigo 430 preparou un ciclo de 8 concertos que inclúen 4 concertos da Orquestra Sinfónica Vigo 430, 1 concerto da Orquestra Barroca Vigo 430, 1 concerto da Orquestra Xove Vigo 430 e 2 concertos dos Ensembles Vigo 430. Os que asistan aos concertos, ben sexa mediante a adquisición de entradas individuais, ben sexa a través do vantaxoso programa de abonos, poderán gozar co violín de Rusanda Panfili que actuará en España por vez primeira no concerto inaugural do Programa de Primavera 2016, co fagot da lalinense María José Rielo, coa soprano Raquel Andueza, unha das principais voces especialistas en música antiga, co son que Severino Ortiz saca ao piano, e co virtuosismo de Dana Zemtsov á viola que xa deixou en pe ao público da sala na súa última actuación en Vigo tras ofrecer varios bises. A Orquestra Sinfónica presenta desta volta ao seu novo director titular, Vicent Alberola. A Orquestra Barroca estará como sempre baixo a batuta de Alfonso Sebastián. Para a Orquestra Xove será a nova promesa Irene Gómez-Calado a que codirixirá o concerto xunto con Julio Domínguez. E como colofón final o aclamado Darrell Ang será o encargado de dirixir o concerto de clausura que será gravado para o prestixioso selo discográfico Channel Classics.
A primeira cita terá lugar o vindeiro domingo 31, nun concerto espectacular no que a Vigo 430 tocará coa maior plantilla da súa historia para presentar a Vicent Alberola pero tamén para dar a benvida á violinista Rusanda Panfili que estamos seguros fará as delicias do público vigués. A cita será ás 12 da mañá, retomando a idea xa comezada no Programa do 2015 de realizar concertos matinais para que toda a familia poida asistir, sen problemas de horarios. As entradas e abonos xa están á venda a través da web Ticketea e da Central de Espectáculosda rúa Velázquez Moreno.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: