A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL CONTINÚA RECIBINDO AOS ALCALDES GALEGOS PARA PLANIFICAR A ESTRATEXIA SOCIAL DOS PRÓXIMOS ANOS

  • Ambos mandatarios lembraron a importancia da escola infantil que conta con 82 prazas, e que permite que a ratio de prazas públicas nas escolas infantís de Silleda sexa do 48,24%

    O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Silleda, Manuel Cuíña Fernández.

    O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Silleda, Manuel Cuíña Fernández.

 

Santiago, 26 de xaneiro de 2015.- A Consellería de Política Social afonda na liña de reunións cos alcaldes galegos que iniciou desde a súa constitución co obxectivo de mellorar a atención social e de servizos que reciben os cidadáns nos seus respectivos concellos a través da optimización dos recursos locais e autonómicos de ambas institucións.

 

Deste xeito, o Goberno galego e as entidades locais adquiren o compromiso de buscar conxuntamente unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do municipio dezao de Silleda, Manuel Cuíña Fernández.

 

Na xuntanza, que tivo lugar nas dependencias de San Caetano, conselleiro e alcalde acordaron continuar coa colaboración emprendida entre as dúas institucións que beneficia a todos os colectivos da sociedade. Deste xeito, ambos mandatarios lembraron a importancia da escola infantil posta en marcha en 2010 que conta con 6 unidades e 82 prazas, e que contou cun investimento de 776.000 euros. Esta infraestrutura permite que a ratio de prazas públicas nas escolas infantís de Silleda sexa do 48,24%, moi por riba da recomendada pola Unión Europea.

 

Nesta liña, os dous líderes coincidiron na relevancia doutras infraestruturas locais como o centro ocupacional e de día de Medelo e apuntaron cara novas vías de colaboración nos eidos dos maiores, xuventude, familia ou infancia.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: