A XUNTA DE GALICIA A SEGUIRÁ REFORZANDO ESTE ANO OS SERVIZOS DE ATENCIÓN E APOIO ÁS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

  • Rey Varela coñeceu de primeira man a actividade da entidade, que presta servizos ao colectivo de persoas con discapacidade intelectual
  • A administración autonómica ten concertadas un total de 54 prazas con esta asociación, nas que inviste máis de 600.000 euros ao ano

 

Santiago, 26 de xaneiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro esta mañá coa Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Intelectual, AMICOS. Na xuntanza, a presidenta da entidade, Esther Vidal, deu a coñecer a Rey Varela os servizos e programas que desenvolve a asociación. A reunión, na que participou tamén a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez, forma parte da rolda de entrevistas que o titular da carteira de Política Social está a manter coas entidades, organizacións e axentes de Galicia que levan a cabo a súa actividade no ámbito dos servizos sociais.

 

O conselleiro manifestou que desde a súa área, estase a traballar no incremento de novos servizos de atención residencial e de atención diúrna para os diferentes colectivos da discapacidade, especialmente a discapacidade intelectual e o autismo, colectivos onde a demanda está a medrar de forma notable. A Xunta de Galicia ten hoxe en día un total de 54 prazas concertadas con AMICOS. O investimento anual da administración autonómica nestes servizos ascende a 600.000 euros.

 

O obxectivo de AMICOS, con sede nos concellos de Ribeira e Boiro, é mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias. Para acadalo, loitan por crear recursos para que as persoas con discapacidade intelectual reciban atención asistencia, formación e asesoramento. A entidade conta cun total de nove centros nos que ofrecen servizos de apoio e asistencia persoal, de apoio e atención psicolóxica e de asesoría xurídica, ademais do servizo de respiro familiar, rehabilitación, asistencia e apoio domiciliar e transporte adaptado.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: