O TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA RATIFICA O PROCEDEMENTO DA XUNTA PARA O PAGO DAS EXPROPIACIÓNS A PROPIETARIOS DE TERREOS AFECTADOS POLA PLISAN

  • A sentenza do TSXG desestima un recurso dunha Asociación de propietarios que solicitaba o cobro dunha indemnización ademais do xustiprezo fixado para as parcelas expropiadas
  • As tres administracións promotoras da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves unicamente deben pagar o xustiprezo establecido nas correspondentes sentenzas xudiciais

Santiago, 26 de xaneiro de 2016.- O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de ratificar o procedemento da Xunta para o pago das expropiacións a propietarios de terreos afectados pola Plataforma Loxistica-Industrial de Salvaterra-As Neves (PLISAN).

 

O TSXG desestimou o recurso contencioso administrativo presentado pola Asociación de  Afectados pola PLISAN en referencia ao pago das expropiacións da zona MI (Multifuncional industrial). A sentenza do TSXG desestima as pretensións da asociación de cobrar unha indemnización a maiores do xustiprezo e establece que as tres administracións promotoras da Plataforma Loxística unicamente deben pagar o xustiprezo establecido nas correspondentes sentenzas xudiciais.

 

Cómpre lembrar que os próximos 15, 16, 22 e 23 de febreiro está previsto proceder ao levantamento de actas de pago de preto de 782.000 euros de expropiacións de solo na PLISAN.

 

Situación da PLISAN

Na actualidade atópanse en execución os traballos de urbanización da primeira fase dos sistemas xerais, obras que foron iniciadas no pasado mes de outubro de 2015, cun orzamento de 13,5 millóns de euros.

 

Tamén se están a realizar os traballos técnicos previos á licitación das obras de construción das estacións depuradora e potabilizadora de augas (EDAR e ETAP), para garantir estes servizos ás empresas que se establezan. Estas actuacións contarán cunha achega próxima aos 6,4 millóns de euros.

 

As obras da EDAR e a ETAP, o mesmo  que as obras de urbanización interior da zona Loxística-Empresarial licitaranse en 2016, ano no que tamén se iniciará a comercialización do solo empresarial da PLISAN, nunhas condicións vantaxosas para as primeiras empresas interesadas en asentarse na mesma.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: