A ALCALDESA DO PORRIÑO INFORMA AOS EMPRESARIOS DA GRANXA DO INICIO INMEDIATO DAS OBRAS DE MELLORA E CONSERVACIÓN NO MESMO

Reunión A GranxaO Porriño, martes 26 de xaneiro.- A alcaldesa do Porriño mantivo este martes unha xuntanza co presidente dos empresarios do polígono da A Granxa para tratar sobre a conservación do mesmo e os proxectos de mellora deste emprazamento industrial.

Eva García de la Torre, Indalecio Cuevas e o xerente da Entidade de Conservación do Polígono de A Granxa, David Sobral, fixeron un percorrido polo mesmo para ver, in situ, os lugares nos que o Concello ten previsto realizar distintas obras e para estudar as necesidades, de conservación e de sinalización, para garantir a seguridade no tránsito e acceso ao mesmo.

A alcaldesa informou polo miúdo aos responsables da Entidade de Conservación do plan para a transformación de catro rotondas interiores e adiantou que o Concello acometerá, “inmediatamente”, a reparación da beirarrúa e o vial danados na Avenida Principal coa rúa I, a colocación de discos azuis e pintado de viais, a reposición da sinalización vertical e horizontal, a colocación de sinalética que informe de que o estacionamento de gabarras está limitado e o regulamento da taxa de vados municipais, de xeito que so teña que pagar a taxa en A Granxa quen queira a placa dos mesmos.

Ademais, o Goberno local acelerará os trámites para a reposición da escultura danada por un accidente en febreiro de 2011 e comprométese á mellora da limpeza no conxunto do polígono, no que traballan máis de 4.000 persoas e transitan, diariamente, preto do dobre.

Eva García de la Torre e Indalecio Cuevas coincidiron no feito de que os a tecido empresarial é un dos símbolos do Porriño, que abrangue a algunhas das firmas punteiras “a nivel mundial” o que se reflicte na súa capacidade innovadora, exportadora, investigadora e creadora de riqueza, que fai que produtos fabricados aquí teñan presenza en todos os lugares do mundo.

Neste senso, a alcaldesa, como xa fixera nas reunións cos responsables do Clúster do Granito e da Automoción e cos directivos de Lonza, expuxo a formulación do goberno local para impulsar un plan de formación para o emprego que, salientou, teña en conta as necesidades das empresas, de xeito que sexan especialistas das mesmas os encargados de impartir o aprendizaxe a desempregados do Porriño para facilitar a súa inserción laboral.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: