A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL PROPORÁ AO CONSELLO DA XUNTA A ARTURO PARRADO PUENTE, RESPONSABLE DA ONCE EN SANTIAGO, COMO NOVO DIRECTOR XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL

  • Parrado Puente ten 53 anos de idade e é natural do municipio coruñés de Teo
  • Na ONCE desenvolveu unha traxectoria profesional de éxito, sendo xefe do departamento de Servizos Sociais para Afiliados da Delegación Territorial en Galicia e, máis recentemente, como director, primeiro en Vigo e na actualidade en Santiago

 

Santiago, 27 de xaneiro de 2016.- A Consellería de Política Social proporá a Arturo Parrado Puente, actual director da Axencia Administrativa da ONCE na capital de Galicia, para asumir a Dirección Xeral de Inclusión Social. Este novo nomeamento abordarase no Consello da Xunta que terá lugar mañá xoves.

 

Parrado Puente, ten 53 anos de idade e naceu en Teo (A Coruña). En maio de 2011 asumiu a dirección da ONCE en Santiago, sendo as súas principais funcións a xestión das áreas de xogo, servizos sociais e recursos xerais da entidade. A este posto chegou despois dunha ampla traxectoria profesional nesta organización, na que tamén foi director en Vigo durante catro anos –entre 2007 e 2011-; xefe do departamento de Servizos Sociais para Afiliados da DXelegación Territorial da ONCE en Galicia –dende febreiro de 1998 a maio de 2007- e asesor técnico da empresa da Fundación ONCE “Sistemas Integrais Sanitarios” –entre outubro de 1996 a febreiro de 1998-.

 

Antonio Parrado Puente substituirá ao fronte da Dirección Xeral de Inclusión a María de los Ángeles Teijeiro González, cuxo nomeamento tivo lugar o pasado 5 de novembro de 2015 pero que non chegou a tomar posesión do seu cargo por motivos persoais e para seguir atendendo as súas responsabilidades en Lugo.

 

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: