REY VARELA DESTACA A IMPORTANCIA “PRIMORDIAL” DOS MAIORES PARA A XUNTA NA SINATURA DO CONVENIO ENTRE CRUZ VERMELLA E USC QUE POSIBILITARÁ A OPTIMIZACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO DE TELEASISTENCIA

  • O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, asistir‡ ‡ presentaci—n da ÒC‡tedra Cruz Roja Espa–olaÓ para a mellora da calidade de vida das persoas maiores.

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, asistir‡ ‡ presentaci—n da ÒC‡tedra Cruz Roja Espa–olaÓ para a mellora da calidade de vida das persoas maiores.

    No eido da teleasistencia destaca a inversión de 1.280.464 euros para servizos públicos como o botón de alarma para a atención en situacións críticas ou o xeocalizador que impide que as persoas maiores se perdan

  • Salienta que “o movemento humanitario que inspira á Cruz Vermella motiva a nosa colaboración”
  • Anuncia que a Consellería de Política Social aumentará neste ano 2016 a colaboración coa Cruz Vermella en eidos como a inclusión, os menores, os maiores, os dependentes ou a mocidade.

 

Santiago, 27 de xaneiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asistiu hoxe a sinatura do convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e Cruz Vermella Española para a creación da Cátedra ‘Cruz Vermella Española’ para a mellora da calidade de vida das persoas maiores. Na súa intervención, Rey Varela salientou que os maiores  “ocupan un lugar primordial nas políticas da Xunta de Galicia” e asegurou que grazas ao convenio asinado hoxe “poderemos coñecer as características dos usuarios dos servizos da Cruz Vermella”, e deste xeito “optimizar o servizo público de teleasistencia na procura de darlle aos maiores a mellor asistencia posible que estea nas nosas mans”.

 

O acordo asinado entre Cruz Vermella e USC fomenta a docencia, investigación e difusión dos coñecementos no campo do estudio da atención e mellora da calidade de vida das persoas maiores e o envellecemento. Respecto á teleasistencia, o responsable da área social subliñou a importancia de servizos públicos como o botón de alarma para a atención en situacións críticas, ou o xeocalizador que impide que as persoas maiores se perdan. Por iso, dixo, “neste ano 2016 volveremos a investir uns 1.280.464 euros nos servizos de teleasistencia da Cruz Vermella”.

 

No acto que tivo lugar no Salón Reitoral da USC, Rey Varela salientou que “o movemento humanitario que inspira á Cruz Vermella motiva a nosa colaboración”. Deste xeito lembrou a colaboración da Xunta nalgúns dos 88 proxectos que a Cruz Vermella desenvolve en Galicia e que asisten a 165.000 persoas.

 

Nesta liña, subliñou que a Consellería de Política Social aumentará neste ano 2016 a colaboración coa Cruz Vermella en eidos como a inclusión, os menores, os maiores, os dependentes ou a mocidade.

 

O conselleiro de Política Social pechou o seu relatorio agradecendo “en nome de toda a Xunta de Galicia a implicación da Universidade de Santiago neste proxecto” e asegurou que a Consellería contará con “todos os axentes e todas as institucións sociais” nesta nova etapa.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: