UN TOTAL DE 48 EQUIPOS DE CENTROS EDUCATIVOS DE TODA GALICIA PARTICIPAN NESTA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA DE DEBATE PARLAMENTO XOVE

  • A fase de formación finalizará o vindeiro 5 de febreiro cun total de oito xornadas que reunirán a todos os equipos inscritos na actividade en función da zona xeográfica de procedencia. Estes encontros terán lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en Santiago, no Complexo Residencial Xuvenil LUG en Lugo, na Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña, na Casa do Deporte de Vigo e nos Espazos Xove de Vilagarcía de Arousa, Pontedeume e Chantada
  • A iniciativa está estruturada en dúas categorías: unha para alumnado de 3º e 4º de ESO e outro para o de 1º e 2º de Bacharelato. O tema de debate nesta fase clasificatoria –que terá lugar os días 26 e 27 de febreiro para a categoría de Secundaria e o 4 e 5 de marzo para a de Bacharelato- é “¿Determina o papel do profesor/a o futuro dos mozos e mozas?”
  • Cecilia Vázquez destaca que esta iniciativa, que cumpre este ano a súa sétima edición, “proporciónalle aos mozos e mozas participantes técnicas e recursos de argumentación; aprenderán a debater e a distinguir os puntos débiles dun argumento; a falar e actuar en público; técnicas vogais e ferramentas da linguaxe corporal; así como enfrontárense á necesidade de elaborar argumentos sólidos tanto para debater unha postura como para refutar a postura en contra”.

 

A Coruña, 26 de xaneiro de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou hoxe nas dependencias da Delegación Territorial da Xunta de Galicia na xornada de formación cos equipos da contorna da cidade herculina inscritos na competición de debate Parlamento Xove, que este ano cumpre a súa sétima edición.

 

A fase de formación finalizará o vindeiro 5 de febreiro cun total de oito xornadas que reunirán aos 48 equipos inscritos na actividade en función da zona xeográfica de procedencia, 24 da categoría de Bacharelato e 24 da especialidade de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Así estas xornadas terán lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en Santiago, no Complexo Residencial Xuvenil LUG en Lugo, na Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña, na Casa do Deporte de Vigo e nos Espazos Xove de Vilagarcía de Arousa, Pontedeume e Chantada.

 

Ante o elevado número de centros participantes, esta iniciativa está estruturada en dúas categorías diferenciadas por idades e tramo educativo: unha para alumnado de 3º e 4º de Secundaria e outra para o de 1º e 2º de Bacharelato. A fase clasificatoria terá lugar os días 26 e 27 de febreiro para a categoría de ESO e o 4 e 5 de marzo para a categoría de Bacharelato.  Desta fase clasificatoria sairán os 16 equipos (8 por categoría) que debaterán na fase final que descorrerá no mes de abril.

 

 

Elevada participación

Parlamento Xove é unha competición de debate que ten por obxecto fomentar entre a mocidade o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias. Na mesma están inscritos un total de 48 equipos de centros educativos de toda Galicia que, a través da oratoria, defenden unha determinada posición acerca dun tema proposto pola organización.

 

Estes equipos -formados por catro estudantes e un profesor/a- investigarán e debaterán sobre o tema proposto, que na fase de clasificación será “¿Determina o papel do profesor/a o futuro dos mozos e mozas?”. O tema para a fase final será anunciado no portal web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado tras a finalización da fase clasificatoria. A dificultade da actividade está en que o sorteo da postura a adoptar por cada equipo en relación á cuestión formulada (a favor ou en contra) terá lugar só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico.

 

Cecilia Vázquez sinalou que “Parlamento Xove proporciónalle aos mozos e mozas participantes técnicas e recursos de argumentación; aprenden a debater e a distinguir os puntos débiles dun argumento, tanto para evitalos como para atacalos; a falar e a actuar en público; e técnicas vogais e ferramentas da linguaxe corporal; ademais de enfrontarse á necesidade de elaborar argumentos sólidos tanto para debater unha postura como para refutar a postura en contra”. En definitiva, “a debater se aprende debatendo”, engadiu.

 

Transmisión de valores

Así, estes debates enténdense como espazos de comunicación que permiten a discusión con argumentos sobre o tema proposto; e gañarán non os equipos que necesariamente teñan a razón, senón os que mellor sustenten as súas ideas. Durante o transcurso destes debates dialécticos, os participantes desenvolven valores como a capacidade de respectar a opinión dos demais, a colaboración cos compañeiros e tamén fomentan a toma de conciencia no comportamento democrático.

 

Os obxectivos principais destes debates son: dar a coñecer e defender a postura sobre o tema proposto; ofrecer elementos de xuízo claros na exposición; exercitar a expresión oral, a capacidade de escoitar e a participación activa; e defender as opinións con argumentos.

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: