Archive | enero 28, 2016

Concello de Vigo


Concello e Deputación homenaxearán a Neira Vilas cunha escultura de “Balbino”

O alcalde de Vigo e a presidenta da Deputación asinaron este xoves un protocolo de colaboración para a instalación -estimada no mes de marzo- dunha escultura en granito de “Balbino”, personaxe de “Memorias dun Neno Labrego”, como “homenaxe” ao seu autor, o recentemente falecido Xosé Neira Vilas. A obra ubicarase no entorno da biblioteca municipal Neira Vilas, en Martínez Garrido.

 

Xunta de Goberno Local

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

Dada a imposibilidade de realizar a sesión do Consello da Xerencia na data e día indicado na convocatoria, modifícase a data e hora da sesión do Consello da Xerencia de Urbanismo, trasladándose do xoves día 28 de xaneiro de 2016 ao venres 29 de xaneiro de 2016 ás 8.30 horas en primeira convocatoria e unha hora mais tarde en segunda, manténdose a mesma orde do día.

AIMEN E O CONCELLO DO PORRIÑO COLABORARÁN NA MELLORA DO NOVO POLÍGONO DE CATABOI E ESTUDARÁN CANLES DE FORMACIÓN PARA DESEMPREGADOS

EVA AIMEN1O Porriño, xoves 28 de xaneiro.- A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada do concelleiro de Urbanismo e Industria, Marcelino Coto, mantivo unha xuntanza, este xoves, co presidente do Centro Tecnolóxico Aimen, Fernando Vázquez e o director xerente do mesmo, Jesús Lago, nunha primeira toma de contacto para coñecer as necesidades deste centro, punteiro a nivel europeo en Investigación, Desenrolo e Innovación, e prestación servizos de alto valor engadido e mellora tecnolóxica das empresas.

Aimen ten na actualidade dous centros no Porriño, en Torneiros e no novo Polígono de Cataboi que, como salientou o seu presidente, son visitados cada ano por representantes de grandes firmas internacionais de sectores como  aeronáutico, automoción, enerxético, bens de equipo e naval, entre outros.

Eva García de la Torre adiantou que o Concello revisará o estado dos acesos ao novo polígono e o seu estado de conservación e limpeza.

 

Como fixera nas súas xuntanzas cos responsables do Cluster do Granito, da Automoción, cos directivos de Lonza e co presidente dos Empresarios do Polígono Industrial de A Granxa, a alcaldesa expuxo ao presidente de Aimen o cerne do Plan de Formación para o Emprego Municipal, que ten como base a adecuación da formación dos parados do Porriño ás necesidades das empresas radicadas no concello, de xeito que sexan profesionais das mesmas os que, en base ao devandito plan, financiado integramente con cargo aos orzamentos locais, impartan ensinanzas que sexan axeitadas para desenrolar os postos que necesitan cubrir.

Eva García de la Torre subliñou que este plan formativo “estará directamente e completamente orientado” á integración laboral dos desempregados porriñeses aproveitando as sinerxías con firmas de primeira orde en sectores como o da pedra, a automoción, as biotecnoloxías, a distribución, a construción a sostenibilidade ou a innovación que, “ademais son a base da nosa identidade e da forza da ‘marca’ Porriño”

O NOVO PLAN ESTRATÉXICO DEFINE ENTRE AS DEZ PRIORIDADES PARA A GALICIA DE 2020 CREAR 100.000 EMPREGOS, DUPLICAR O GASTO EN I+D E CONVERXER OITO PUNTOS COA UE

12,00 h.-  Alberto Núñez Feijóo comparecerá en rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados na reunión do Consello. Na sala de prensa de Consello. foto xoán crespo 28/01/16

12,00 h.- Alberto Núñez Feijóo comparecerá en rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados na reunión do Consello. Na sala de prensa de Consello.
foto xoán crespo
28/01/16

O Consello da Xunta aprobou un documento froito dun amplo proceso de participación da sociedade civil, e que será remitido á Cámara para o seu debate

  • No decálogo de obxectivos no eido económico figuran un crecemento do PIB anual superior ao 2,5% e reducir a taxa de paro ao 10%
  • Inclúese o reto de mudar a actual tendencia demográfica e que Galicia se achegue á media europea de fillos por muller
  • Tamén se fixa como meta reducir as emisións de efecto invernadoiro, que as enerxías renovables supoñan o 30% do consumo e elevar a eficiencia enerxética
  • No eido social, o Plan Estratéxico prevé reducir a taxa de abandono escolar ao 13,5% e diminuír en 100.000 persoas a poboación en risco de exclusión ou pobreza
  • Para acadar os obxectivos o plan inclúe catro eixes de actuación: empregabilidade, benestar e cohesión social, crecemento sustentable e sociedade da información
  • O escenario financeiro ata 2020 baséase na blindaxe do gasto social, a redución do endebedamento e a solvencia de Galicia sen levar a cabo subas de impostos
  • O desenvolvemento do Plan Estratéxico terá un efecto positivo no PIB de case dous puntos e producirá unha baixada da taxa de paro dun punto
  • No proceso de participación do Plan interviñeron medio millar de entidades e máis de 200 expertos a través de 11 mesas temáticas, e conta co aval do comité asesor.

 

AIMEN presenta las ventajas de la tecnología de inducción electromagnética para la industria naval

  • SONY DSC

    SONY DSC

    El seminario “Tecnología de inducción aplicada al sector de la construcción naval”, se enmarca en el proyecto Shipbuilding 4.0, una iniciativa fruto del convenio firmado entre GAIN, IGAPE y AIMEN y en el que también participan ACLUNAGA y CIS GALICIA, centro integrado de GAIN.

Vigo, 28 de enero de 2016.- Más de una veintena de empresarios y técnicos del sector naval han participado esta mañana en el seminario “Tecnología de inducción aplicada al sector de la construcción naval”, celebrado en el Centro de Aplicaciones Láser de AIMEN. Esta jornada, cuyo objetivo era ofrecer soluciones tecnológicas innovadoras para el rectificado de estructuras navales, se ha enmarcado en el proyecto Shipbuilding 4.0, una iniciativa fruto del convenio firmado entre GAIN, IGAPE y AIMEN y en el que también participan ACLUNAGA y CIS GALICIA, centro integrado de GAIN.

Durante la presentación, Daniel Gesto, coordinador de Shipbuilding 4.0 en AIMEN; José Luis de Nicolás, coordinador de Shipbuilding 4.0 en CIS Galicia (GAIN); y Romina Bastón, representante de ACLUNAGA; destacaron la iniciativa Shipbuilding 4.0, que busca dinamizar la capacidad innovadora de la industria naval gallega, mediante el desarrollo de tecnologías de fabricación avanzada, que faciliten la tecnificación y evolución tecnológica del sector. El programa Shipbuilding 4.0  está financiado con cargo al préstamo que la Administración General del Estado concedió a la Xunta de Galicia a través del Ministerio de Economía y Competitividad para el desarrollo en Galicia de la Estrategia Española de Innovación.

En su intervención, Daniel Gesto incidió en la importancia de la tecnología de inducción electromagnética para mejorar la productividad y la calidad de las estructuras navales. Se trata de una técnica novedosa para la rectificación de las distorsiones de las piezas soldadas, que ya se está empleando en algunos astilleros de la ría de Vigo, y que sustituye al método tradicional por llama. Con esta nueva tecnología, el rendimiento del proceso puede llegar a ser hasta tres veces superior, y las condiciones de los operarios mejoran, al tratarse de un método más limpio, seguro y ergonómico.

Por su parte, María Gil y Fernando López, de la empresa GH Induction Group, dieron a conocer algunas innovaciones en equipos de inducción electromagnética  y sus aplicaciones en construcción naval, destacando algunas de las ventajas que presentan frente a la tecnología tradicional, como son el ahorro energético, la rapidez o el mayor control y precisión de la fuente de calor, entre otras. Finalmente, Pablo Currás, responsable de Servicios Generales de Metalships & Docks, explicó la experiencia del astillero en el empleo de esta tecnología. Entre ellas resaltó que la utilización de esta técnica no interfiere para llevar a cabo otros procesos constructivos en el barco de forma simultánea, ni depende del know how del operario, y supone un ahorro costes y tiempos productivos.

 

Sobre AIMEN

AIMEN Centro Tecnológico, con más de 45 años de experiencia en la I+D+i para la mejora de la competitividad del tejido industrial, es en la actualidad un referente nacional en la investigación y prestación de servicios tecnológicos en el ámbito de los materiales y los procesos de fabricación avanzados, destacando las tecnologías de unión y las tecnologías láser aplicadas al procesado de materiales. Está presente en los principales sectores de la economía española, como automoción, construcción naval, metal mecánico, aeronáutico y energético.

El Centro de Aplicaciones Láser de AIMEN, inaugurado en 2014, trabaja en el procesado de materiales con tecnología láser, realizando proyectos de investigación propia y colaborativa con empresas. Es actualmente el mayor de España en su categoría, tanto por personal investigador como por inversión.

A XUNTA REITERA O COMPROMISO COS MAIORES AUMENTANDO SERVIZOS RESIDENCIAIS E DE ATENCIÓN DIURNA, ASÍ COMO PROGRAMAS DE ENVELLECEMENTO ACTIVO E PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA

  • O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro con responsables da Asociaci—n de Residencias da Terceira Idade (AGARTE).

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro con responsables da Asociaci—n de Residencias da Terceira Idade (AGARTE).

    A reunión serviu para estudar posibles colaboracións entre a administración autonómica e esta entidade, que representa a unha trintena de centros privados

  • Rey Varela manifestou que as persoas maiores e o seu benestar constitúen unha prioridade para o Goberno Autonómico

 

Santiago, 28 de xaneiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continuou hoxe a súa rolda de entrevistas con entidades, organizacións e axentes sociais de Galicia e mantivo no seu despacho de San Caetano unha reunión con representantes da Asociación Galega de Residencias da Terceira Idade (Agarte). A xuntanza serviu para estudar posibles colaboracións entre a administración autonómica e Agarte, así como para coñecer de primeira man os obxectivos que persegue esta organización sen ánimo de lucro e que pasan, entre outros, pola mellora continua da coordinación sociosanitaria como garantía dunha mellor calidade nos coidados das persoas con dependencia que precisen dunha atención residencial.

 

Así as cousas, Rey Varela manifestaba logo da reunión que as persoas maiores son un dos colectivos prioritarios para a Xunta de Galicia e que durante este ano 2016 a Consellería de Política Social seguirá traballando no incremento de novos servizos de atención residencial e de atención diúrna. “Continuaremos reforzando a aposta do Goberno galego polo benestar dos maiores e as súas familias, insistindo en cuestións como o envellecemento activo, o fomento de hábitos de vida saudables, a prevención da dependencia e a promoción da autonomía persoal”, apuntou o conselleiro.

 

Os fins de Agarte, constituída en 1996, son os de representación das residencias privadas, procurar unha adecuada atención e difundir o benestar e calidade de vida das persoas maiores, colaborar cós organismos públicos en todo o referente á terceira idade e velar polo cumprimento da normativa vixente no que atinxe ao funcionamento dos centros de maiores. Esta asociación representa a unha trintena de centros, dá cobertura a máis de 3.600 persoas e 2.300 traballadores; e colabora coa Universidade tanto en prácticas dos seus alumnos/as como en investigación.

 

A XUNTA ABRE O PLAZO PARA SOLICITAR A PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLOS E FILLAS MENORES DE TRES ANOS

  • O orzamento inicial da orde increméntase en máis do 65% neste exercicio, ata os 3 millóns de euros, fronte aos 1,8 millóns consignados en 2015
  • A prestación contempla un pagamento único por cada fillo ou filla menor de tres anos: 360 euros polo primeiro/a; 1.200 polo segundo/a; e 2.400 polo terceiro/a
  • Os destinatarios son aquelas persoas que non estiveran obrigadas a presentar a declaración do IRPF, nin o fixeran voluntariamente
  • O prazo para achegar as solicitudes estará aberto dende hoxe xoves ata o 7 de marzo, ambos incluídos. Isto é, por un período de 40 días naturais dende o día seguinte da publicación da orde no DOG
  • A tramitación da solicitude pódese realizar a través dos e das traballadores/as sociais dos concellos

 

Santiago, 28 de xaneiro de 2016.- A Xunta de Galicia informa de que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a orde que regula a concesión da prestación económica por fillo ou filla a cargo, enmarcada no novo Programa de Axuda á Natalidade (PAN) que está a desenvolver a Consellería de Política Social. A novidade máis destacada desta orde é que para este exercicio de 2016 o seu orzamento global chega ata os 3 millóns de euros fronte aos 1,8 millóns consignados a anualidade anterior –isto supón un incremento do 66,6%-. Ademais, este crédito inicialmente consignado poderá ser obxecto de ampliación no caso de que sexa necesario, co obxectivo de garantir que as axudas sexan recibidas por todas as familias que cumpran os requisitos.

 

O obxectivo desta achega é contribuír a paliar, na medida do posible, os gastos dos primeiros anos de crianza dunha filla ou fillo, e está dirixida a aquelas persoas que non estean obrigadas a presentar a declaración do IRPF correspondente ao ano 2014, nin a teñan presentado de forma voluntaria.

 

A prestación efectúase mediante un pagamento único en conta bancaria que será de 360 euros polo primeiro fillo ou filla do solicitante, de 1.200 euros se é o segundo/a e de 2.400 se é o terceiro/a ou sucesivo. Cómpre destacar que esta prestación por fillo/a a cargo é compatible con outras axudas de apoio á familia e á infancia que tamén forman parte do Programa de Axuda a Natalidade. Estas son: as deducións fiscais nas mesmas contías por nacemento ou adopción para familias que realizan a declaración do IRPF, a exención de pago nas escolas infantís para o segundo fillo/a e aos menores en situación de acollemento familiar, e axuda directa aos pais e nais de 1.200 euros durante o primeiro ano de vida do neno/a a través da Tarxeta Benvida.

 

Poderán optar á prestación por fillo/a cargo aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2016 (nacidos entre o 2 de xaneiro de 2013 e o 1 de xaneiro de 2016, incluídos). Tamén poderán ser beneficiarios desta convocatoria aquelas familias con fillos/as adoptados/as ou acollidos/as entre o 31 de decembro de 2014 e o 31 de decembro de 2015, e neste caso a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

 

Para solicitar a axuda é necesario que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia e que os nenos/as convivan coa persoa solicitante. A petición poderá efectuarse por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na da sede electrónica da Xunta de Galicia –https://sede.xunta.es-, ou ben en soporte papel presentándoa en calquera dos rexistros establecidos. A tramitación da solicitude pódese realizar a través dos e das traballadores/as sociais dos concellos.

 

O prazo de presentación das solicitudes será do 28 de xaneiro ata o 7 de marzo, ambos incluídos. Isto é, por un período de 40 días naturais dende o día seguinte da publicación da orde no DOG. O tempo de resolución destas axudas é de cinco meses contado dende o día seguinte ao da data en que a solicitude teña entrada no rexistro.

 

Programa de Axuda á Natalidade

Esta prestación por fillo/a a cargo forma parte do Programa de Axuda á Natalidade (PAN) co que o Goberno autonómico procura que Galicia sexa un lugar mellor para vivir, formar unha familia e, sobre todo, para ser neno/a. Así, o PAN ten tres eixes fundamentais de actuación: axudas directas, programas de conciliación e servizos; e dentro do PAN – Axudas atopamos, ademais desta medida, as seguintes:

 

  • A Tarxeta Benvida: axuda aos pais e nais de 100 euros ao mes durante o primeiro ano de vida do neno/a para a compra de produtos de alimentación, de hixiene e farmacéuticos. Esta prestación diríxese a rendas familiares que non superen os 45.000 euros ou a rendas per cápita que non estea por riba dos 13.500 euros.

 

  • Deducións fiscais por nacemento ou adopción de fillos/as para contribuíntes cuxas rendas sexan iguais ou inferiores a 22.000 euros. Estas deducións son de 360 euros polo primeiro fillo/a, de 1.200 polo segundo/a e de 2,400 polo terceiro/a e sucesivos).

 

 

  • Exención de pago nas escolas infantís para o segundo fillo/a daquelas familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 7.500 euros anuais e aos menores en situación de acollemento familiar.

 

Os bonos Concilia e Coidado no Rural, así como o incremento de prazas en escolas infantís sustentadas con fondos públicos son outras liñas de actuación en que está a traballar a Consellería de Política Social no ámbito do apoio ás familias galegas e á infancia.

 

 

 

LÓPEZ-CHAVES VISITA AOS 12 ALUMNOS E ALUMNAS DO OOEE DE REDONDELA QUE RECIBEN FORMACIÓN EN ALBANELERÍA-CANTERÍA

  • 28012016_VisitaOOEECedeira2O delegado territorial da Xunta en Vigo salientou a “enorme preocupación” do Goberno galego por xerar emprego
  • Xunto ao alcalde de Redondela, Javier Bas, comprobou o traballo feito na especialidade de Cantería do Obradoiro de Emprego ´Redondela Ecosostible´
  • Xunta e Concello fan posible este programa mixto de formación e emprego cun orzamento de case 230.000 euros sendo a achega autonómica dun 77,3%.

 

Redondela, 28 de xaneiro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao alcalde de Redondela, Javier Bas, visitou esta mañá aos 12 alumnos e alumnas da especialidade de albanelería-cantería que, no marco do Obradoiro de Emprego ´Redondela Ecosostible´, están a beneficiarse deste programa mixto de formación e emprego para persoas desempregadas concedido pola Xunta ao Concello de Redondela.

 

O Obradoiro de Emprego ´Redondela Ecosostible´ comezou no mes de agosto no Pazo Pousadouro e ofrece formación e emprego durante 6 meses a un total de 20 alumnos e alumnas en dúas especialidades: agricultura ecolóxica e albanelería-cantería.

 

Esta mañá, delegado e alcalde comprobaron de primeira man o traballo feito na especialidade de albanelería-cantería na parroquia de Cedeira. O monitor da especialidade, Juan Vázquez, explicoulles o labor que se levou a cabo durante os últimos meses e que a actuación se atopa nestes momentos sobre o 85% da execución. Na visita tamén estivo presente a concelleira de Urbanismo, Benestar Social, Desenvolvemento Local e Servizos Sociais, María del Carmen Amoedo, quen explicou que o obxectivo do proxecto é a restauración da antiga escola de Cedeira, antigamente en ruínas, e que, unha vez recuperada, está previsto que se destine a uso social dos veciños e veciñas da zona.

 

López-Chaves gabou o traballo feito no atrio da igrexa de Cedeira ademais de sinalar a “enorme preocupación” que para a Xunta de Galicia ten a xeración de emprego. “Ver esta formación e o resultado amosa que é un orzamento moi ben investimento”, considerou.

 

Xunta e Concello fan posible este programa mixto cun orzamento total de 230.000 euros sendo a subvención económica da Administración autonómica dun 77,3%, é dicir, máis de 178.000 euros. A achega municipal é así de 51.000 euros. Esta iniciativa abre un importante espazo de colaboración administrativa no marco da aposta da Xunta de Galicia pola eficiencia e optimización dos recursos.

 

Este Obradoiro de Emprego alterna así a formación co traballo ou a práctica profesional en dúas especialidades que redundarán positivamente nos participantes. Deste xeito preténdese unha dobre vertente: que as persoas desempregadas consigan aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional. Ademais, perciben o salario mínimo interprofesional toda vez que reciben formación para que logren una reinserción laboral posterior.

 

A outra especialidade: Agricultura Ecolóxica

No marco do OOEE ´Redondela Sostible´, na outra especialidade de Agricultura Ecolóxica se forman 8 alumnos que, entre outras accións, realizan traballos de explotación agrícola de produtos de horta de base ecolóxica no Pazo Pousadouro. Mentres, noutras fincas (na antiga escola de Saxamonde, na finca Pexegueiro, nos Eidos e na Coutada) realizan labores de froiticultura que consisten na preparación do terreo, plantación de frutais, labores de poda e inxerto.

 

 

A XUNTA AVANZA QUE O PROXECTO SECTORIAL DO POLÍGONO EMPRESARIAL DA PASAXE ESTARÁ APROBADO ESTE VERÁN

  • 160128 Ethel Vigo 1A conselleira de infraestruturas lembra que se dará seguridade xurídica a máis de 3.000 empregos e abrirá a porta a novos proxectos empresariais que, segundo a asociación, crearían 1.000 novos postos de traballo
  • Na primeira fase do proxecto sectorial os empresarios impulsarán a mellora dos servizos, viais e subministros da área na que xa están instalados
  • A segunda fase será desenvolvida por Zona Franca e permitirá abrir a porta a novas empresas e investimentos
  • A Xunta tramitará o proxecto sectorial e redactará o proxecto de urbanización

 

Santiago, 28 de xaneiro de 2016.- A conselleria de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou hoxe que o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do polígono empresarial da Pasaxe, en Gondomar, estará aprobado en verán, tras anunciar hoxe o Diario Oficial de Galicia o inicio da información pública. Así llo trasladou aos representantes da Asociación de Empresarios deste polígono, cos que este mediodía mantivo unha xuntanza en Vigo, acompañada do delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, e o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García.

 

A conselleira de Infraestruturas salientou que fase de información pública do proxecto sectorial forma parte da tramitación administrativa e ten como fin que a iniciativa sexa coñecido polos interesados e se poidan facer achegas.

 

Ethel Vázquez subliñou que deste xeito “se dá un paso máis cara a súa aprobación, que será dentro duns 5 meses, en función do resultado da información pública”. Así mesmo, lembrou que “se trata dunha tramitación complicada, froito do traballo de moita xente e que, o que é máis importante, non só dará seguridade xurídica a máis de 3.000 empregos, senón que abrirá a porta a novos proxectos empresariais que, segundo a asociación, crearían 1.000 novos postos de traballo”.

 

A conselleira indicou que o proxecto sectorial será desenvolvido por fases. A primeira, corresponde á zona na que se atopan as empresas actuais, onde se mellorarán os servizos, os viais e os subministros nunhas obras financiadas polos propios empresarios e, na segunda fase, que será desenvolvida por Zona Franca, se abrirá a porta a novas empresas e investimentos.

 

Pola banda da Xunta de Galicia, “ademais da participación nas reunións, redactaremos o proxecto de urbanización e tramitaremos o Proxecto Sectorial”, explicou.

 

A responsable de Infraestruturas e Vivenda do Goberno galego solicitou un exercicio de responsabilidade por parte de todos -Xunta, Empresarios, Zona Franca e Concello-, posto que se levan “moitos anos traballando para chegar a este punto de acordo que nos permite avanzar”.

 

Importante polo empresarial

O Polígono empresarial da Pasaxe é un importante polo empresarial da área de Vigo que precisaba dunha maior seguridade xurídica para seguir creando emprego e riqueza na zona.

 

Vázquez destacou que “despois dun camiño longo e de diferentes atrancos, por fin temos acadado unha solución de consenso para que a área empresarial teña tódalas garantías a través dun Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal, para conseguir desenvolver e regularizar completamente a súa situación”.

La Cámara de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa presenta su plan de formación enero-junio 2016

 

El nuevo ente ofrecerá un total de 72 cursos y seminarios distribuidos en sus tres sedes para adaptarse a las necesidades de los alumnos.

 

Vigo, 28/01/2016. La recién creada Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa acaba de abrir el plazo de matrícula de su nuevo plan de formación para el primer semestre el año. El ente cameral ofrecerá, de manera inicial, un total de 72 cursos y seminarios distribuidos entre sus tres sedes para adaptarse a las necesidades de los alumnos. La oferta formativa hace especial hincapié en temas directamente relacionados con la empresa, así como las nuevas tecnologías y profesiones.

 

La programación, que se impartirá en las diferentes oficinas de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía, está pensada para que los trabajadores en activo puedan compaginar la asistencia a los cursos con su actividad diaria, por lo que la mayoría comienzan fuera del horario laboral. Además, los cursos más demandados tendrán ediciones en las tres sedes, con el objetivo de que los alumnos puedan elegir opción que más se ajusta a sus necesidades de agenda.

 

La sede de Vilagarcía de Arousa será la encargada de inaugurar este ciclo formativo con una jornada única, el próximo 4 de febrero, dedicada a las Novedades Laborales 2016. La charla, a cargo del Jefe de la Inspección Provincial de Trabajo y Seguridad Social de Pontevedra, José María Casas de Ron,  tratará de dar un repaso actualizado por las principales novedades derivadas de la nueva legislación en materia laboral, empleo, seguridad social, procedimientos administrativos y de la inspección de trabajo y seguridad social.

 

Trabajo de integración

A la espera de la celebración del pleno que dará lugar al nuevo Gobierno corporativo, el equipo técnico del recién creado ente cameral continúa con los trabajos de integración. En estas primeras semanas de enero se ha procedido a unificar la página web (www.camarapvv.com), cuentas de correo electrónico y perfiles en redes sociales (Facebook: camaracomerciopvv- Twitter: @camarapvv). Por todo ello, los interesados en cualquiera de estos cursos pueden inscribirse a través de la nueva web o acudiendo directamente a alguna de las oficinas camerales.

Afundación presenta en Vigo a mostra «Heroes animados», dedicada ao traballo do recoñecido Grangel Studio

DSC_0105A Sala de Exposicións do Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13. Entrada pola rúa Reconquista), acollerá a partir de mañá, 29 de xaneiro, «Heroes animados», unha exposición deseñada en exclusiva para a entidade por ILUX Visual Technologies, na que se mostrará en detalle o proceso de deseño e creación dos personaxes nas producións de animación. A mostra, que anteriormente pasou polas sedes de Afundación nas cidades de A Coruña e Santiago de Compostela, e que presentaron hoxe en rolda de prensa Manuel Meijide, comisario da exposición, e Paloma Vela, coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, recolle todos os detalles do proceso de deseño e creación dos personaxes nas películas de animación, a partir do traballo desenvolvido polo prestixioso Grangel Studio. A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro 16 de abril, en horario de luns a venres de 17.30 a 20.30 h. e sábados de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 h.