A XUNTA AVANZA QUE O PROXECTO SECTORIAL DO POLÍGONO EMPRESARIAL DA PASAXE ESTARÁ APROBADO ESTE VERÁN

  • 160128 Ethel Vigo 1A conselleira de infraestruturas lembra que se dará seguridade xurídica a máis de 3.000 empregos e abrirá a porta a novos proxectos empresariais que, segundo a asociación, crearían 1.000 novos postos de traballo
  • Na primeira fase do proxecto sectorial os empresarios impulsarán a mellora dos servizos, viais e subministros da área na que xa están instalados
  • A segunda fase será desenvolvida por Zona Franca e permitirá abrir a porta a novas empresas e investimentos
  • A Xunta tramitará o proxecto sectorial e redactará o proxecto de urbanización

 

Santiago, 28 de xaneiro de 2016.- A conselleria de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou hoxe que o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do polígono empresarial da Pasaxe, en Gondomar, estará aprobado en verán, tras anunciar hoxe o Diario Oficial de Galicia o inicio da información pública. Así llo trasladou aos representantes da Asociación de Empresarios deste polígono, cos que este mediodía mantivo unha xuntanza en Vigo, acompañada do delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, e o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García.

 

A conselleira de Infraestruturas salientou que fase de información pública do proxecto sectorial forma parte da tramitación administrativa e ten como fin que a iniciativa sexa coñecido polos interesados e se poidan facer achegas.

 

Ethel Vázquez subliñou que deste xeito “se dá un paso máis cara a súa aprobación, que será dentro duns 5 meses, en función do resultado da información pública”. Así mesmo, lembrou que “se trata dunha tramitación complicada, froito do traballo de moita xente e que, o que é máis importante, non só dará seguridade xurídica a máis de 3.000 empregos, senón que abrirá a porta a novos proxectos empresariais que, segundo a asociación, crearían 1.000 novos postos de traballo”.

 

A conselleira indicou que o proxecto sectorial será desenvolvido por fases. A primeira, corresponde á zona na que se atopan as empresas actuais, onde se mellorarán os servizos, os viais e os subministros nunhas obras financiadas polos propios empresarios e, na segunda fase, que será desenvolvida por Zona Franca, se abrirá a porta a novas empresas e investimentos.

 

Pola banda da Xunta de Galicia, “ademais da participación nas reunións, redactaremos o proxecto de urbanización e tramitaremos o Proxecto Sectorial”, explicou.

 

A responsable de Infraestruturas e Vivenda do Goberno galego solicitou un exercicio de responsabilidade por parte de todos -Xunta, Empresarios, Zona Franca e Concello-, posto que se levan “moitos anos traballando para chegar a este punto de acordo que nos permite avanzar”.

 

Importante polo empresarial

O Polígono empresarial da Pasaxe é un importante polo empresarial da área de Vigo que precisaba dunha maior seguridade xurídica para seguir creando emprego e riqueza na zona.

 

Vázquez destacou que “despois dun camiño longo e de diferentes atrancos, por fin temos acadado unha solución de consenso para que a área empresarial teña tódalas garantías a través dun Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal, para conseguir desenvolver e regularizar completamente a súa situación”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: